Brooke Salas deixa o BAXI Ferrol. Media tempada despois da súa estrea co club galego a xogadora norteamericana deixa as terras ferrolás e non disputará a LF Endesa co conxunto universitario.
O club do BAXI despediuse dela en redes sociais, agradecendo a súa aportación nos pasados meses. “Queremos dar o noso agradecemento a Brooke quen, coa súa calidade e implicación total nun tempo tan breve como intenso, ganouse o cariño e admiración do equipo, club e afección”, declaraba a entidade.
A xogadora estadounidense chegou procedente do Quesos El Pastor Zamora, e nos 12 partidos que disputou coa camiseta galega competiu en case 300 minutos, e obtivo unha valoración total de 201 puntos. Brooke Salas destacou no tiro libre, cunha media de acerto do 58,3% e realizou un total de 21 asistencias entre liga regular e a fase final.