O equipo Xuvenil Feminino A do Balonman Porriño acadou a medalla de bronce no Campionato de España de balonmán disputado en Torrevieja.
As galegas da Calfirma AD Carballal quedaron eliminadas na fase de grupo logo de empatar coas campioaos, Torrevieja (19-19), e caer por marcadores moi axustados contra o Avannubo La Roca (24-22) e o Soliss Pozuelo de Calatrava, subcampioas (25-27).
Así celebraron o bronce as rapazas do @BmPorrino no Campionato de España Xuvenil!!!#SomosGalicia #SomosBalonmán #Orgullosasdasnosas pic.twitter.com/eN6Jh0Kjyr
— Federación Galega Balonmán (@fgabalonman) May 30, 2021
Un bronce decido desde os sete metros
O BM Porriño caeu en semifinais diante do Soliss Pozuelo de Calatrava (22-31), que rematou subcampión ao caer na final co Torrevieja Salud (22-14). Na loita polo bronce, o Balonmano Porriño medíase á Fundació Handbol Sant Vicenç rematando o tempo cun empate (33-33).
Así que o partido, tan igualado como di o marcador final, tivo que se decidir desde os 7 metros. A lotaría dos penalties favoreceu ás galegas que adestra Ana Alonso que non erraron nin un só dos seus lanzamentos e levaron a medalla para terras pontevedresas.
♂️ ¡ 7 @TorreviejaAyto!
¡¡GRACIAS por regalarnos este PAR TI DA ZO!! @BmPorrino @HandbolStVicenc
#️⃣ #CDEJuvenilBM #Balonmano pic.twitter.com/3gbwGlowg3
— RFEBalonmano (@RFEBalonmano) May 30, 2021
Nesta competición estatal de balonmán feminino participaban o Torrevieja Salud Mare Nostrum, Avannube BM La Roca, Soliss BM Pozuelo de CVA, CBM Elche Tufarmaciaelche.es, Fundació Handbol Sant Vicenç, Balonmano Gijón, e os conxuntos galegos do Balonmano Porriño e AD Carballán Balonmano. As xogadoras da AD Carballal estaban no Grupo 1 e as do Porriño no Gurpo 2.
Podes seguir aquí toda a lista de reprodución da canle da RFEBM deste Campionato de España





















