O Campionato de España Sénior de Karate e Para-Karate deixou unha medalla galega. Ruth Lorenzo subiu ao podio na terceira posición, colgándose o bronce -55kg.
A karateka do Club San Francisco Teo brillou na competición celebrada en Villamediana de Iregua. Xunto a Lorenzo, tamén competiu outra galega, Lucía Guerrero, do Rebunkan, quen acadou a quinta praza na proba de -68kg.
Tamén acudiron á cita como parte do equipo galego Iván Pazos, Xavier Santos e Antonio Cartolano, todos quintos nas súas categorías.