A pasada semana rematou con dúas grandes citas do volei praia español. Na celebrada no Vall d’Hebrón, a galega Nuria Bouza competiu con Kadri Puri, sumando outro éxito para o Volei Praia Milenio.
O sábado 6 de marzo a localidade catalá acollía unha nova proba da Liga de Inverno. Nela, Nuria Bouza con Kadri Puri como parella conseguían proclamarse campioas vencendo na final por un 2-1 a Carla Martínez e Rebeca Fernández.
Tamén houbo competición en Madrid
Nesta mesma fin de semana, as pistas de Puerta de Hierro de Madrid foron o escenario de máis probas da Liga de Inverno.
Por parte do Volei Praia Milenio, na xornada do domingo 7, competiu Tea Ándric, formando parella con Eymi Plaza e Miriam Arina con Patri Calvo. En categoría masculina, celebrada o sábado, David Guiñazú conseguiu un quinto posto.