• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte

O HC Borbolla, primeiro líder da Liga Senior Feminina de Hoquei a Patíns

As de Monte Alto venceron ao HC Deportivo Liceo por 3-1 | Compañía de María e Cambre empataron 2-2  |Aprazouse o cruce entre CH Raxoi e APG Bierzo.

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
05/02/2020
en Máis Deporte, Sobre rodas
HC Borbolla vs HC Deportivo Liceo / YOU TUBE A. CASTRO

HC Borbolla vs HC Deportivo Liceo / YOU TUBE A. CASTRO

58
COMPARTIDOS
217
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Dos tres partidos previstos na primeira xornada da Liga Senior Feminina de Hoquei a Patíns, so se puideron disputar dous. O cruce entre as compostelás do CH Raxoi e as leonesas do APG Bierzo tivo que ser aprazado. O primeiro líder da clasificación é o HC Borbolla que se impuxo ao HC Deportivo Liceo por 3-1. Compañía de María e HC Cambre síguenlle na táboa logo de empatar a dous goles.

A próxima xornada nesta competición non se disputará ata a fin de semana do 15 de febreiro. Os enfrotamentos serán os seguintes:

  • HC Cambre – CH Raxoi
  • HC Borbolla – Club Cía de María
  • APG Bierzo – HC Deportivo Liceo

O Borbolla golpea primeiro que o Liceo de cara á meta de ir á fase de ascenso

Neste primeiro lance da competición regular o encontro entre HC Borbolla e HC Deportivo Liceo era un claro punto de interese dado que medían forzas os dous mellores clubs da competición de Copa. Non defraudaron e ofreceron bo xogo sobre a pista.

O triunfo caeu do lado das locais. As de Monte Alto alzábanse coa victoria con dous goles anotados por Jimena Soledad Ortiz Sese e un de Lucía Yáñez Vázquez. A goleadora pola parte verdibranca, neste partido de branquiazul, foi a capitá, Lucía Paz Aldrey.

As locais optaron por un hoquei dinámico. Usaron toda a amplitude da cancha posiblemente buscando que as liceístas, con menos xogadoras no banco para coller alento, rematasen por cansar e acusasen o esforzo non chegando a cubrir os empurróns das de Monte Alto. Con moito máis terreo de xogo para tapar, os ocos aparecían para as xogadoras do HC Borbolla e as liceístas queimaban folgos tentando abarcar terreo.

Contragolpes liceístas

As branquiazuis, que adestra José Ares, buscaron chegadas o contragolpe, pero as negras e vermellas que prepara Santiago Martínez facían ben o repliegue, polo que o HC Deportivo Liceo non atopaba á cancerbeira local Edén Avecilla desprotexida.

Se na primeira parte as locais chegaba ao descanso cunha vantaxe curta de 1-0, despois do paso por vestiarios ampliarían a súa renda a 2-0. Coa segunda parte xa avanzada, chegaría o 3-0 froito dun contragolpe aproveitado polas das locais que collían o rechace e poñía rumbo directo cara a meta rival. En tres pases as xogadoras do Borbolla plantábanse diante da porteira liceísta á que batían.

Sen tempo para festexar, o HC Liceo anotaba o seu tanto. Foi logo de sacar de centro que Naiara Vaamonde tentaba sorte cun tiro lonxano. O seu disparo non tivo éxito pero atenta ao despexe estaba a súa compañeira Lucía Paz que anotaba o tanto da honra para as visitantes.

Deste xeito, as xogadoras adestradas por José Ares, perderon contra un probable rival directo de cara a definir quen xogará a fase de ascenso estatal que da acceso á OK Liga.  Probablemente dispoñer dunha plantilla curta foi un hándicap para as liceístas.

Santiago Martínez: “Collemos pronto o control do partido e marcamos o ritmo”

O técnico do HC Borbolla, Santiago Martínez, apuntaba que neste primeiro encontro de Liga, as xogadoras do equipo que adestra saíu “moi metidas no partido desde o principio”. Admitía que, como era de esperar, “os primeiros minutos do choque entre coruñesas foron de tanteo, pero sentímonos moi cómodas e collemos moi pronto o control do partido, marcando o ritmo de xogo”.

Santiago Martínez, adestrador HC Borbolla: “Tivemos ocasións, pero so acadamos un gol antes do descanso”.

Aínda que as de Monte Alto tiveron chance de marcar na primeira parte non conseguiron irse no marcador máis que un gol arriba. “Tivemos ocasións, pero so acadamos un gol antes do descanso”, narraba Santiago Martínez.

Xa na segunda metade, o HC Borbolla foise sentindo máis cómodo sobre o parqué e con iso foi tomando vantaxe no marcador. Explicaba Santiago Martínez, adestrador do HC Borbolla que logo do descanso “seguimos co control case todo el tempo ata poñernos 3-0”.

Non foi ata os cinco últimos minutos cando o HC Deportivo Liceo foi quen de recurtar distancias no electrónico do pavillón de Monte Alto. “Foi nunha xogada illada cun gol froito dun mal despexe e posterior choque dunha das nosas xogadoras coa nosa porteira”, explicaba o técnico do Borbolla.

Santiago Martínez, adestrador HC Borbolla: “O Liceo xogou con maior intensidade logo do gol, pero nós conseguimos volvernos facer co control do xogo”

Nesa recta final do encontro o equipo liceísta deu o do de peito e “xogou con maior intensidade á procura dun segundo gol, pero nós conseguimos volvernos facer co control do xogo”, explicaba Santiago Martínez.

FICHA TÉCNICA

HC BORBOLLA: Edén Avecilla (P), Jimena Ortiz, Valentina de Girolamo, Alba Díaz, Ainhoa García, Lucía Yáñez, Lucía Castro, Lara Yáñez e Beatriz Pereira.

HC DEPORTIVO LICEO: Laia Navarrete (P), Lucía Paz, Naiara Vaamonde, Paula Mª Jiménez, Isabel Barros e Inés Temprano.

RESULTADO: 3-1

GOLES:

Polo HC Borbolla anotou Jimena Ortiz (2).

Polo HC Deportivo Liceo marcou Lucía Paz (1).

COLEXIADOS: Árbitro: Francisco Javier López Quintero. Cronometradora: María Teresa Martínez Cancelo. Amonestaron con cartulina azul a Isabel Barros polo HC Deportivo Liceo.

INCIDENCIAS: Pavillón Monte Alto (A Coruña). Partido correspondente á primeira xornada da Liga Senior Feminina Autonómica da Federación Galega de Patinaxe.

 

MIRA EN YOUTUBE O HC BORBOLLA – HC DEPORTIVO LICEO

 

 

Empate a dous entre Cía de María e Cambre

O Club Compañía de María e o HC Cambre disputaron un partido que tivo un tempo para cada un dos equipos. Se ven na primeira parte o domino, canda menos no marcador, foi para as cambresas, na segunda viraron as tornas e as herculinas igualaron o encontro e dispuxeron de máis oportunidades. O resultado final foi un 2-2 que fala dun reparto de puntos e de goles no pavillón colexial.

O técnico do Club Compañía de María, Álvaro Franqueira, explicaba que na súa opinión este primeiro encontro de Liga: “Foi un partido bastante igualado. Na primeira metade puxéronse 0-2 arriba e custounos bastante chegar á portería. Na segunda xogamos mellor. Intentamos patinar máis e ir máis a portería e conseguimos empatar. Incluso puidemos gañar”. Segundo comentaba Franqueira na súa análise do encontro contra o HC Cambre: “Tal e como foi o partido, o empate foi xusto”.

Álvaro Franqueira, adestrador Club Cía de María: “Tal e como foi o partido, o empate foi xusto”

De cara ao futuro, o adestrador do Compañía de María, Álvaro Franqueira, aposta por: “Seguir traballando e intentar mellorar de cara ao seguinte” partido.

FICHA TÉCNICA

CLUB CÍA MARÍA: María Hernández (P), Sofía Martínez, Claudia San Miguel, Nuria Ares, Mabel Garea, Marta Vilas, María Sáenz, e Estela Aradas.

HC CAMBRE: Evelyn Montes de Oca (P), Celia Pinacho, Lucía Parga, Ana López, Alba Rey, Raquel Parga, Cristina Diz.

RESULTADO: 2-2

GOLES:

Polo Club Compañía de María anotou: Marta Vilas (2)

Polo HC Cambre anotaron: Lucía Parga (1) e Raque Parga (1)

COLEXIADOS: Árbitro: Lorenzo Bosch Sande. Cronometrador: José Luis Otero Souto. Sen amonestacións.

INCIDENCIAS: Pavillón Compañía de María (A Coruña). Partido correspondente á primeira xornada da Liga Senior Feminina Autonómica da Federación Galega de Patinaxe.

 

Etiquetas hoqueihoquei a patíns
Comparte57Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

por Redacción As Nosas
13/05/2026
0

  A xogadora coruñesa María Sanjurjo vén de proclamarase campioa de Europa defendendo a elástica doCP Esneca Fraga. É a...

Recepción en María Pita ao Marineda Hockey logo de acadar ao ascenso á Ok Liga / CONCELLO DA CORUÑA

O Marineda Hockey asina unha tempada histórica que culmina con ascenso á OK Liga

por Redacción As Nosas
12/05/2026
0

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, felicitaron ao club coruñés Marineda Hockey nun...

HC Coruña vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O CP Vila-Sana imponse ao HC Coruña 1-4 deixando claro por que son as millores do mundo

por Redacción As Nosas
06/12/2025
0

Non tuvo moito chance o HC Coruña diante dun imparable CP Vila-Sana Coop D’Ivars que se impuxo ás galegas por...

Partido do HC Coruña disputado en Riazor contra o CP Las Rozas / MANU BOUTUREIRA

O ‘Tourmalet’ comeza en Riazor para o HC Coruña que se mide ao CP Vila-Sana Coop D’Ivars

por Redacción As Nosas
06/12/2025
0

O HC Coruña volve ao Palacio dos Deportes de Riazor para enfrontarse esta fin de semana ao CP Vila-Sana Coop...

RESA Hockey Cambre vs Hockey Club Raxoi / HOCKEY CAMBRE IG

Emoción e contrastes para os clubs galegos da OK Liga prata feminina na xornada 9.ª

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

A novena xornada deixou resultados moi dispares na OK Liga Prata Femenina. O Berenguela non puido pasar do empate ante...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

12/06/2026
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

11/06/2026
Rocío González Valcarce xoga no C.D. Calasanz en F11, no Viaxes Amarelle FSF e ten sido convocada coa Selección Galega e Selección Española de fútbol sala

Rocío González Valcarcel, derrubando barreiras no camiño cara ao seu soño

11/06/2026
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

11/06/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.