O Pavillón de Monte Alto na Coruña acollerá na mañá do domingo o cruce entre o HC Borbolla e Club Compañía de María. Será as 12:30 horas. O mesmo día ás 11:00 horas, a poucos quilómetros, na vila de Cambre, as xogadoras do HC Cambre recibirán as compostelás do CH Raxoi, será o debut para as de Santiago nesta competición, na que teñen disputado un partido menos. O partido entre APG Bierzo e HC Deportivo Liceo, correspondente a esta segunda xornada, vaise disputar na vindeira fin de semana, en principio o 22 de febreiro.
Franqueira e Martínez vense entre si como rivais complicados
Tanto HC Borbolla como Club Compañía de María de Hóquei respétanse entre si como rivais “complicados” en palabras Franqueira e Martínez, os seus adestradores.
Os dous equipos presentan baixas para este enfrontamento. No caso das locais non serán da partida Elena Pérez e Helena Barreiro por motivos laborais. Como contrapartida, o técnico Santiago Martínez Cancelo recuperaba esta semana a Julia unha xogadora que el mesmo cualifica como “moi importante para o grupo” e que regresa aos adestramentos logo dunha “longa inactividade. Aínda non entra na convocatoria. Irao facendo pouco a pouco nos vindeiros partidos”, explica o técnico.
Nas filas do Compañía de María, Álvaro Franqueira non poderá contar con Meritxell Aradas que é baixa por sanción.
Consumida unicamente unha xornada da competición, Franqueira considera a clasificación da Liga Autómica Galega Sénior de Hóquei a Patíns, como algo “puramente anecdótico”. Amósase “seguro de que vai ser un partido complicado para nós, contra un dos equipos favoritos e na súa casa”.
Do outro lado, Santiago Martínez, fala en termos similares: “Compañía é sempre un partido complicado. Ten unha gran porteira e iso en hóquei é fundamental. É un equipo que en calquera momento pode dar ese paso que lle falta para loitar abertamente polo título. Así que agardamos un partido disputado e complicado como case sempre”, vaticina o adestrador do HC Borbolla, actual líder da táboa.
Santiago Martínez, adestrador do HC Borbolla: “Compañía é sempre un partido complicado. Ten unha gran porteira e iso en hóquei é fundamental. É un equipo que en calquera momento pode dar ese paso que lle falta para loitar abertamente polo título. Así que agardamos un partido disputado e complicado como case sempre”, vaticina o adestrador do HC Borbolla, actual líder da táboa”
Desde o punto de vista de Álvaro Franqueira, preparador do Club Compañía de María, o bloque de coruñesas que adestra é un “equipo ao que normalmente, lle custa facer goles. Así que a clave vai estar na defensa. Se encaixamos poucos goles, teremos as nosas oportunidades, seguro”.
Santiago Martínez, adestrador do Cía de María: “Temos que saír mentalizadas desde o primeiro momento do complicado que ha ser o partido, intentar marcar o ritmo do encontro e, por último, evitar as contras do Compañía”.
Para Martínez Cancelo, o quid do encontro xirará, pola parte do HC Borbolla, darredor de tres claves: “saír mentalizadas desde o primeiro momento do complicado que ha ser o partido, intentar marcar o ritmo do encontro e, por último, evitar as contras do Compañía”.
O HC Raxoi debuta na competición aspirando a “facelo o mellor posible”
Pedro Siaba adestra ao Hockey Club Raxoi. As compostelás inician a súa andaina na competición ligueira logo de posporse o partido marcado para a primeira xornada no que tiñan que recibir ao APG Bierzo. Neste caso exercerán de visitantes do HC Cambre.
Nas súas aspiracións para nesta competición que da comezo para elas, o técnico das santiaguesas apunta que “sempre son as de facelo o mellor posible e acadar o mellor resultado na competición. Considerando que dous equipos da liga veñen de reforzarse con xogadoras de fora de Galicia e España coa finalidade de facer reais as aspiracións para ascenso a OK Liga, consideramos que será complicado quedar por riba delas na táboa cun equipo coma o noso formado con xogadoras que se criaron e formaron no noso club e moi novas aínda (de 17 ou menos anos de idade)”.
Con todo, as da capital galega amósanse dispostas a loitar cada partido. “Ata que se xoga un partido, non se da por perdido”, di o seu adestrador. “Iremos vendo o que son capaces de dar de si as nosas guerreiras”, comenta Siaba.
Pedro Siaba, adestrador HC Raxoi: “Ata que se xoga un partido, non se da por perdido”, di o seu adestrador. “Iremos vendo o que son capaces de dar de si as nosas guerreiras”, comenta Siaba”
Consultado sobre como definiría a súa plantilla, Pedro Siaba apunta que se trata de xogadoras que aínda “son moi novas. Case todas elas levan canda menos dez anos no noso club e sentímonos moi orgullosos de que sigan pelexando na pista por defender as cores do club. Desde o directiva, a nosa política sempre foi a de traballar coa base e falicitarlles que poidan aspirar a calquera competición, sempre e cando a promoción sexa coas nosas propias xogadoras”, explican desde o HC Raxoi.
“A sección feminina do noso club é tradicionalmente foi forte. Representantes do HC Raxoi teñen disputado varias veces a Copa da Raíña e levamos tres anos consecutivos disputando o Campionato de España de clubs. O habitual é que todo os anos teñamos un equipo competindo na Liga Senior e outro na categoría Sub-17”, destacan desde o club.