O programa La Sexta Columna, da cadea estatal de televisión La Sexta, analizou o machismo que se vive no fútbol. O programa titúlase: “Caso Rubiales: machismo fóra de xogo”. Nel, a futbolista galega Vero Boquete foi unha das persoas que falaron ante as cámaras sobre a situación do futfem estatal e foi clara, unha vez máis: “Somos moi conscientes de que podería ter sido calquera outra, que fose Jenni Hermoso é unha anécdota”, asegura futbolista galega nunha conversa na que se debulla o machismo que se vive no mundo do fútbol.
O programa de televisión pode seguirse en redes co cancelo #L6CSeAcabó e está xerando conversa en X ao respecto das declaracións das persoas que aparecen na peza emitida por La Sexta.
Na súa intervención no programa Boquete explica que cando viu a rolda de prensa do ex presidente da RFEF (suspendido neste momento pola FIFA) Luis Rubiales pensou que era froito dunha montaxe a través dunha intelixencia artificial. “Crín que era un vídeo de intelixencia artificial. Quedei en shock. Foi surrelista e vergoñento”, asegurou a La Sexta Columna a futbolista galega que xoga na liga italiana.
. @VeroBoquete flipó con el discurso de Rubiales: “Creía que era un vídeo de inteligencia artificial, me quedé en shock. Fue surrealista y vergonzoso”
Y se activó la unidad, lo colectivo #L6CSeAcabó
➡ Lo puedes ver en @lasextatv y en @atresplayer https://t.co/O3MrMfky4O pic.twitter.com/JMViUGt5v1— laSexta columna (@laSextaColumna) September 8, 2023
Aló polo ano 2015 Vero Boquete foi a cara visible dunha queixa en firme das integrantes da Selección Española que esixían unhas condicións de traballo coa Vermella moi diferentes das que tiñan.
Sobre aquel episodio, histórico logo do cal a deportista non volveu ser convocada, a galega dicía no programa La Sexta Columna: “Nese Mundial de Canadá, a nivel persoal xa non tiven medo a máis consecuencias. Cría que era o momento de conseguir un cambio. Nunca se me dixo. Nunca se explicou, pero evidentemente pasei dun día a outro de ser capitá e unha das mellores futbolistas o país a non estar entre as mellores e non ser seleccionable”.
Esta noche hablamos con @VeroBoquete, una de las mejores jugadoras de la historia del fútbol español y su primera gran estrella.
Ella y sus compañeras se plantaron en 2015 y eso le costó ir a la selección.
Aún así, no se arrepiente. #L6CSeAcabó pic.twitter.com/b0GdsgDjlO— laSexta columna (@laSextaColumna) September 8, 2023
Vero Boquete sostén que o que vivimos neste momento “non é un problema concreto dunha persona, é todo. Isto que ten sucedido a nivel mediático ten que darnos un empurrón para provocar un cambio”, sostivo ante as cámaras a deportista compostelá.
“Non é un problema concreto dunha persona, é todo. Isto que ten sucedido a nivel mediático ten que darnos un empurrón para provocar un cambio”, sostén Vero Boquete
Boquete: “Imos falar cando e onde nos dea a gana”
Engadía Boquete na súa reflexión final: “Calamos xa moito. Tivemos que escoitar moito e aguantar moito e agora imos falar. Quen non quera escoitar que non escoite. Nós imos falar cando nos dé a gana e onde nos dea a gana”.
Nos vamos con esta reflexión final de @VeroBoquete:
“Hemos callado ya mucho, hemos tenido que escuchar mucho y aguantar mucho y ahora vamos a hablar, cuando nos dé la gana y donde nos dé la gana”#L6CSeAcabó
➡ Lo puedes ver en @lasextatv y @atresplayer https://t.co/O3MrMfk0fg pic.twitter.com/iWyFXA1rxj— laSexta columna (@laSextaColumna) September 8, 2023
No programa se analiza o pasado e o presente do futfem estatal con respecto ao trato que as mulleres tiveron e teñen no mundo do fútbol. Desde pioneiras como Kubalita, a como hai uns anos, grazas a unha folga, as fútbolistas españolas acadaron un convenio colectivo anos atrás. Xustamente neste arranque de Liga no curso 2023-24, está anunciada outra folga das futbolistas para solicitar unha mellora nas súas condicións laborais.
🚨 COMUNICADO OFICIAL 🚨
Los 5 sindicatos del banco social de la negociación del Convenio Colectivo de las futbolistas de Primera División han decidido que es necesario mantener la huelga durante las dos primeras jornadas de la ligahttps://t.co/wKUQMnO5IX#salariodigno pic.twitter.com/KdYVLxD6Qv
— FUTPRO (@futpro_es) September 7, 2023