“Se non estou na Selección por consecuencias do que fixen, asúmoo sen ningún problema, o único que me gustaría é que se falasen as cousas e ter rematado doutra maneira”. Así de contundente se mostrou a futbolista galega Vero Boquete nas súas declaracións ante as denuncias dos abusos psicolóxicos do exseleccionador Nacho Quereda.
Boquete e as súas excompañeiras da Selección Española de fútbol volven facer públicos os comentarios denigrantes, trato misóxeno e homofobia que aseguran quen sufrían no día a día co seleccionador.
Este xoves Informe+ de Movistar emitía ‘Romper el silencio’, un documental recollendo as declaracións das xogadoras e a súa experiencia no combinado nacional baixo as ordes de Quereda. “Intentábamos palialo coas bromas e apoiarnos entre nós porque facer algo era difícil. Cando xa cumpres anos e tes outras experiencias de vida, no meu caso cando vives noutros países, noutras sociedades, o volver a España e á Selección e ter ese trato era duro”, recorda Boquete.
Vero Boquete: “Volver a España e á Selección e ter ese trato era duro”
Dobre cara
Segundo explican as futbolistas, Quereda adoitaba a comportarse dunha maneira coas xogadoras e doutra ante o resto de persoas, facendo unha distinción no trato ante as futbolistas e mostrando outra cara.
“Nacho era unha persoa moi fría, moi arisca. Ir no mesmo ascensor que el e que non dera nin os bos días”, recorda a futbolista. Pola contra, “moitas veces vías outra parte del que non era así, con outra xente, xente respectada, xente de poder, directivos, con este tipo de xente si que era totalmente distinto”, engade.
Un relato conjunto marcado por la rabia y frustración. Dos generaciones de futbolistas que lucharon por cambiar al entrenador que había dirigido a la selección durante 28 años.#InformeRomperElSilencio, el jueves 28 a las 22:00h en @vamos. pic.twitter.com/4Z8PAxcE1I
— Informe+ en Movistar+ (@InformePlus) October 22, 2021
‘Las chavalitas’
Explícase no documental que para Quereda as xogadoras do plantel de internacionais eran as “chavalitas” ou “pitufinas”, e adoitaba referirse a elas nestes termos misóxinos, Outras futbolistas como Mar Prieto ou Vicky Losada rememoran o trato vexatorio que sufrían, asícomo un control obsesivo.
Outra das cuestións que denuncian as xogadoras é que tiñan que manter abertas as portas das súas habitacións, controlándoas cada noita, e non tiñan liberdade á hora de falar coa prensa.
Comentarios homófobos
Segundo as declaracións das deportistas nas concentracións e nas competicións internacionais, as futbolistas da Selección tiñan que soportar ademais comentarios sobre o seu aspecto físico, ou mesmo sobre a súa sexualidade, con comentarios homófobos habituais.
Vero Boquete: “Co tema da homosexualidade diríanlle que había que relacionalo co malo e que é unha enfermidade que non pode ser e el sempre o criu asi e o facía saber”
“Co tema da homosexualidade diríanlle que había que relacionalo co malo e que é unha enfermidade que non pode ser e el sempre o criu asi e o facía saber”, apunta Boquete. A súa compañeira Losada tamén recorda recibir este tipo de comentarios, deixando moi claro que “a homosexualidade a quería erradicar”.
Sen preparación
A todo isto sumábase, segundo denuncian as deportistas, unha nula preparación para os partidos e un baixo rendemento deportivo, impedindo éxitos na Selección feminina. As internacionais da Vermella non xogaban amigables, non variaban os plans de adestramentos, e non coñecían aos seus rivais antes de enfrontarse a eles.
“O análise de vídeo nesa época na Selección practicamente non existía. Imaxínate unha Selección asiática da que hai menos información que do resto”, recorda Boquete.
El Mundial de Canadá 2015: una preparación dudosa y el principio del fin. #InformeRomperElSilencio pic.twitter.com/rIypipwDnW
— Informe+ en Movistar+ (@InformePlus) October 28, 2021
Con todo, este grupo de xogadoras logrou o impensable: a clasificación para o Mundial de Canadá de 2015. Un feito histórico, como ben sabían as futbolistas: “Sabiamos que estabamos facendo historia. Vou representar ao meu país nun Mundial, que é o máximo, era moi moi especial formar parte da primeira Selección, do primeiro Mundial da historia para España, iso ningúen cho quita. Queda a espiña de non telo desfrutado tanto polo resto de condicións e cousas que pasaron despois”.
Boquete: “Era moi moi especial formar parte da primeira Selección, do primeiro Mundial da historia para España, iso ningúen cho quita. Queda a espiña de non telo desfrutado tanto polo resto de condicións e cousas que pasaron despois”
Cando as xogadoras foron eliminadas do Mundial, o que sentiu Boquete era “rabia e frustración”, por iso tivo claro que “será a última vez que realmente sinta isto. Non nos imos por nós, ímonos por outra xente e hai que facer algo para cambialo”.
“Esto será la última vez que sienta esto. Y hay que hacer algo para cambiarlo”.
‘Romper el silencio. La historia de las futbolistas de la selección’, mañana a las 22:00h en @vamos. #InformeRomperElSilencio pic.twitter.com/6dyouYPYfu
— Informe+ en Movistar+ (@InformePlus) October 27, 2021
A vitoria de Boquete coa Selección
Boquete non volveu a outras convocatorias da Selección. Tal e como recorda, as súas accións tiveron consecuencias: “No meu caso chegou antes da Eurocopa. Viña de xogar a final da Champions, estaba xogando no PSG, pero o vía vir. Sei que son unha persoa incómoda, porque sempre quero o 100%, busco sempre a mellora a nivel grupal e individual, e creo que iso é difícil de levar por moita xente que está dentro do fútbol feminino”.
Boquete: “Son unha persoa incómoda, porque sempre quero o 100%, busco sempre a mellora a nivel grupal e individual, e creo que iso é difícil de levar por moita xente que está dentro do fútbol feminino”
Convocatoria tras convocatoria, e reclamación tras reclamación, as internacionais venceron: “Pequenas batallas que se foran falando e loitando durante moito tempo fóronse conseguindo. Simplemente ter camisetas da túa talla, co teu nome, a mellora das dietas, das primas, da preparación en xeral. Formar parte dese grupo de 23 xogadoras qeu deron ese paso ao fronte e conseguiron poñer un punto de inflexión no fútbol feminino, si o conto como unha vitoria”.
Boquete: “Formar parte dese grupo de 23 xogadoras qeu deron ese paso ao fronte e conseguiron poñer un punto de inflexión no fútbol feminino, si o conto como unha vitoria”
Despois de 27 anos á fronte da Selección, Quereda dimitiu como adestrador, dando paso a Jorge Vilda, actual adestrador do combinado nacional.
A de Boquete non foi a única xeración que denunciou ter sufrido abusos psicolóxicos por parte do preparador, pero si a que logrou o cambio no banco. “O que forzamos é que a Federación non tivera outra opción, porque a presión mediática e social era moi forte”, concluiu.