• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

O cancro combátese ao lombo dun dragón

A través do deporte, un grupo de mulleres que está a superar o cancro de mama únese nas Bolboretas Rosas

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
22/08/2021
en Máis disciplinas deportivas, Máis Deporte
Bolboretas Rosas / CARMEN G. MARIÑAS

Bolboretas Rosas / CARMEN G. MARIÑAS

565
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

Entre as ondas da coruñesa praia de Oza avístase un dragón. A embarcación, tradicional chinesa, é un Dragon Boat, e sobre ela unha vintena de mulleres reman varias veces á semana.

Son as Bolboretas Rosas, un grupo de mulleres que está a superar o cancro de mama, e tras os procedementos médicos utilizan o deporte como a mellor medicina.

Bolboretas Rosas / CARMEN G. MARIÑAS
Bolboretas Rosas / CARMEN G. MARIÑAS

Algunhas xa tiñan experiencia nos deportes acuáticos, pero para outras, como Marisé Castro, de 72 anos, esta é unha nova aventura. “Facía ioga, pero a auga nena, xa che digo que eu nada”, confesa divertida. Cando se enterou desta iniciativa pola prensa, ao igual que moitas das presentes, animouse a formar parte do proxecto das Bolboretas Rosas.

Todas coinciden en que os beneficios van máis aló do físico e repercute tamén a nivel mental. “Ti sabes o que é facer aos 72 algo que non fixeras nunca? Non o podes imaxinar”, recalca Marisé.

Carmela Aramburu coincide con ela e asegura que as sesións no Dragon Boat “dante unha vida, unha alegría, séntate de marabilla e ves a unión da xente. Somos moitas”. Ela trouxo a unha amiga e afirma que “saes nova. Sínteste ben, sobre todo mentalmente, o mar, a tranquilidade, o estar en equipo, que é complicado”.

Bolboretas Rosas / CARMEN G. MARIÑAS
Bolboretas Rosas / CARMEN G. MARIÑAS

En xeral, entre as Bolboretas Rosas respírase un ambiente de superación e compañeirismo dentro e fóra do dragón. Dous aspectos clave, xa que sen a cooperación a embarcación non podería surcar as augas coruñesas.

As orixes canadienses do proxecto e as raíces chinesas do dragón

Aínda que desde xuño deste 2021 xa é habitual ver o Dragon Boat na herculina praia de Oza, as orixes deste proxecto remóntanse ao 1995 en Canadá. Rafael Arriaza, do Instituto Médico Arriaza, explica que a idea foi dun médico canadiense, chamado Don McKenzie.

A lenda urbana dicía que existía un risco de linferema entre mulleres operadas por un cancro de mama, pero McKenzie nunca tal oira, así que decidiu comezar un experimento. O canadiense deseñou un programa baseado no piragüismo. Ademais de médico, era remeiro da Federación, polo que buscou un bote estable no que puideran remar persoas inexpertas e deu co Dragon Boat.

“Un dos botes máis estables que hai é o dragón, unha especie de traineira de orixe chinesa, que se manexa con remo a modo canoa, pero con vinte padexeiras. É unha embarcación moi doada de mover, navega moi ben”, explica Arriaza.

Bolboretas Rosas / CARMEN G. MARIÑAS
Bolboretas Rosas / CARMEN G. MARIÑAS

McKenzie fixo un programa con 24 mulleres remando durante tres meses e todos os días medíanse o brazo. “Ao cabo de tres meses ningunha desenrolara o linfedema e todas eran moito máis felices e as que tiñan algún problema melloraron”, apunta Arriaza.

Grazas á motivación destas mulleres, esta modalidade estendeuse ata contar cunha categoría de competición exclusiva na Federación Internacional de Piragüismo.

O Dragon Boat chega a Galicia

Anos despois, nunha reunión da comisión médica do Comité Olímpico Internacional, Rafael Arriaza estaba representando á Federación de karate durante a presentación de proxectos. Ao seu carón sentouse Don McKenzie.

Cando o galego escoitou o proxecto do canadiense, que xa levaba algúns anos desenvolvéndose en España, “dixen isto teño que montalo como sexa”. Pero a idea chegou nun mal momento, o 7 de marzo do 2020.

“Quedeime coa copla pero non puiden empezar a cantala ata agora. Teño na UDC unha cátedra patrocinada por HM, os hospitais de Madrid, e conteilles a idea: Xa temos proxecto para o ano que vén”, díxolles.

Bolboretas Rosas / CARMEN G. MARIÑAS
Bolboretas Rosas / CARMEN G. MARIÑAS

Coa luz verde, Arriaza contactou con Julia Rodríguez, “unha cirurxiá de mama espléndida”, e con Carol Strate, “unha xinecóloga cunha vagaxe deportiva importante”. Tamén falou con Charly Suárez, actual director técnico da Federación Galega de Voleibol e adestrador da Selección Española sub16, pero “que fora alumno meu e é remeiro”, e tamén con Pedro Nimo del Oro, “maratoniano, pero que tiña remado”.

Con este grupo formado, abriron a convocatoria ás mulleres. Nun principio apuntáronse 23 “e agora mesmo temos un banco de datos de 60 mulleres”.

O deporte é a mellor medicina

Remar resulta un exercicio “moi completo para o tren superior”, expón Julia Rodríguez. Antes das sesións no Dragon Boat, a cirurxiá dirixe un breve quencemento para que as padexeiras estean preparadas para exercitarse na auga.

Bolboretas Rosas / CARMEN G. MARIÑAS
Bolboretas Rosas / CARMEN G. MARIÑAS

Tal e como explica, “recoméndase que o brazo do lado onde se fixo a cirurxía estea tonificado regularmente. Canto máis tonificado estea o brazo, mellor circulación venosa e linfática vai ter”, desta forma, pódese previr o linfedema.

Pero Rodríguez vai máis aló. “A nivel social é importante o contacto. O deporte é fundamental a nivel físico e a nivel mental, para elas e para todos”, asegura.

Bolboretas Rosas / CARMEN G. MARIÑAS
Bolboretas Rosas / CARMEN G. MARIÑAS

Unha vez as Bolboretas Rosas están na auga de Oza, Julia Rodríguez ponse ás mans do tambor do Dragon Boat para marcar o ritmo de cada padexo. “O deporte É o medicamento”, afirma con contundencia a doutora.

Quero subirme ao bote das Bolboretas Rosas, que teño que facer?

Para ser parte das Bolboretas Rosas non fai falta ningún requisito, simplemente motivación e compromiso. Pódese contactar con elas no mail bolboretasrosas@gmail.com.

Polo de agora, están a aproveitar o verán para facer unha avaliación física das mulleres e máis adiante implementar exercicios tamén en seco, para que practiquen deporte de maneira regular.

“Probablemente acabaremos tendo dentro do grupo dúas liñas, liña máis lúdica e outra competitiva, porque hai xente moi marchosa”, sinala Arriaza. 

Bolboretas Rosas / CARMEN G. MARIÑAS
Bolboretas Rosas / CARMEN G. MARIÑAS
Etiquetas A CoruñaBolboretas RosasCarmela AramburuDragon BoatJulia RodríguezMarisé CastroRafael Arriaza
Comparte2Chía2
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Carlota Suárez ficha polo Dépor ABANCA / RCD

A galega Carlota Suárez, nova xogadora do Dépor ABANCA para a tempada 2022-23

por Redacción As Nosas
05/07/2022
0

  Irene Ferreras xa ten un nome máis que sumar a súa lista de de posibles convocadas para os partidos...

Patri López, Dépor ABANCA / RCD

Patri López continúa no Dépor ABANCA no curso 2022-23

por Redacción As Nosas
05/07/2022
0

  Irene Ferreras xa ten outro nome que sumar ao vestiario que adestrará na tempada 2022-23: o de Patri López....

Eduarda Morais levantando 87kg no Trofeo Cidade da Coruña de Halterofilia / FEDERACIÓN GALEGA DE HALTEROFILIA YOU TUBE

España en equipos e Eduarda Morais en individual feminino levan o XXV Trofeo Internacional de Halterofilia Cidade da Coruña

por Redacción As Nosas
03/07/2022
0

  España en categoría de equipos e Eduarda Morais do CH Coruña, en categoría individual feminina, resultaron gañadoras do XXV...

Haltera CH Coruña - Paula Canedo / CH CORUÑA

Paula Canedo alcanza a mínima para ir ao Europeo Sub-17 na Copa de España de Promesas de Halterofilia

por Redacción As Nosas
03/07/2022
0

O polideportivo dos Rosales na Coruña acollía onte, sábado 2 de xullo a Copa de España Promesas de Halterofilia na...

Irene Ferreras adestrará ao Dépor ABANCA / RCD

Irene Ferreras confírmase como nova adestradora do Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
02/07/2022
0

  Irene Ferreras López de Lamela (Fuenlabrada, Madrid, 4 de marzo de 1989) será a adestradora do Dépor ABANCA nesta...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Carlota Suárez ficha polo Dépor ABANCA / RCD

A galega Carlota Suárez, nova xogadora do Dépor ABANCA para a tempada 2022-23

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Carlota Suárez ficha polo Dépor ABANCA / RCD

A galega Carlota Suárez, nova xogadora do Dépor ABANCA para a tempada 2022-23

05/07/2022
Patri López, Dépor ABANCA / RCD

Patri López continúa no Dépor ABANCA no curso 2022-23

05/07/2022
Ourense Envialia vs Pescados Rubén Burela na Copa da Raíña FSF 2022 / RFEF

Sete futbolistas que non seguirán no Pescados Rubén Burela

04/07/2022
Selección Galega Atletismo na que está Belén Toimil / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Belén Toimil e Yulenmis Aguilar vencen nas súas modalidades no Campionato de España de Seleccións

04/07/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.