A Copa Gallaecia 2022 rematou cunha valoración moi alta en tódolos sentidos para a expedición de Galicia. A Selección AF Porto foi a gañadora do torneo nesta edición.
No aspecto deportivo cabe salientar o feito de que dúas seleccións galegas quedaron ás portas da final, a cal non puideron disputar pola diferencia de goles. Ningunha das dúas perdeu nos catro partidos disputados, gañando tres e empatando un. Galicia Sur rematou no terceiro posto, Galicia Centro no cuarto, mentres que o combinado de Galicia Norte finalizou a Copa Gallecia no posto quinto.
CLASIFICACIÓN DA COPA GALLAECIA 2022:
- Porto
- Braga
- Galicia Sur
- Galicia Centro
- Galicia Norte
- Viana
- Vila Real
- Bragança
Pero ademais da boa valoración deportiva, sen dúbida é a experiencia vivida polas xogadoras o máis destacado desta fin de semana en Braga. Unha experiencia que seguro lles vai a servir de cara a un futuro no que elas serán as que defendan as cores das seleccións galegas nos distintos campionatos de España.
Tal e como apuntan desde a Federación Galega de Fútbol, trátase dunha “experiencia moi enriquecedora en tódolos sentidos que lles serve de gran aprendizaxe”. Desde a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) agradeceron “a excelente predisposición e o compromiso de todas as xogadoras e dos adestradores e adestradores que formaron o corpo técnico das tres seleccións galegas. Orgullosos de como representaron ó fútbol galego no país veciño”.
O presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), Rafael Louzán, tamén estivo presente en Braga, donde aproveitou para darlle as grazas á Associaçao de Futebol de Braga, en especial ao seu presidente Manuel Machado, por ter recuperado a Copa Gallaecia e, sobre todo, por ter recuperado a colaboración entre a nosa federación e as cinco asociacións de fútbol do norte de Portugal (Braga, Porto, Viana do Castelo, Vila Real e Bragança). A todas elas mostrouse agradecido Rafael Louzán, confiando que esta colaboración teña continuidade al longo dos anos e tamén con outro tipo de iniciativas.