• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Máis Basket

Blanca Millán: “Crecín como xogadora e madurei como persoa”

A amiense despídese das Black Bears de Maine, equipo que foi a súa casa durante os últimos cinco anos, e opta a entrar no 'draft' da WNBA

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
14/04/2021
en Baloncesto, Máis Basket
Blanca Millán di adeus aos Black Bear de Maine / BLACK BEAR TW

Blanca Millán di adeus aos Black Bear de Maine / BLACK BEAR TW

300
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Dicir adeus nunca é doado, pero cun futuro prometedor por diante, como lle sucede á baloncestista Blanca Millán, vése doutro modo. Con só 18 anos, a amiense colleu as maletas e marchou aos EUA en busca de labrarse un nome no mundo do baloncesto. Cinco anos despois, é unha das xogadoras máis recoñecidas da NCAA. Tras despedirse do club de Maine, no que viviu os seus primeiros éxitos deportivos de gran nivel, opta a formar parte da WNBA se é unha das elixidas no draft. O próximo día 15 de abril (desde a 1 da madrugada, hora española) coñecerase a lista de xogadoras escollidas.

Nesta etapa universitaria, na que a galega militou nos Black Bears e estudou na University of Maine, os premios individuais e colectivos alternáronse cun crecemento persoal. “Os meus cinco anos en Maine os valoro moi positivamente. Cheguei con 18 anos e marcho con 22, crecín como xogadora e madurei como persoa e en gran parte débollo ás miñas compañeiras, ás miñas adestradoras, os meus físios e ás miñas amigas e amigos de aquí”, recoñece. Millán atopou unha segunda familia nos Estados Unidos, á que sempre estará agradecida: “Non teño palabras suficientes para agradecerlles a oportunidade, o cariño e o apoio”.

Blanca Millán: “Non teño palabras suficientes para agradecerlles a oportunidade, o cariño e o apoio”

Unha tempada para recordar

Este apoio foi fundamental, non só nos bos momentos plagados de éxitos e vitorias, senón tamén nos máis difíciles. Estando no seu mellor momento, unha lesión por rotura do ligamento cruzado no 2019 obrigouna a alonxarse das pistas durante un ano, pero Millán volveu máis forte.

Blanca Millán é candidata ao Senior Class Awards / BLANCA MILLÁN TW
Blanca Millán  / BLANCA MILLÁN TW

“As lesións nunca son positivas, apártante da túa vida ordinaria, do que máis te gusta facer e xeran moita incertidume, porque sabemos de moitos deportisas que non se recuperaron completamente. Eu, afortunadamente si o fixen. O meu físio e as miñas adestradoras coidáronme moito, traballei sen descanso e renunciei a volver a casa en verano, pero mereceu a pena”, declara.

Blanca Millán: “Traballei sen descanso e renunciei a volver a casa en verano, pero mereceu a pena”

Cun permiso para retomar na presente tempada o seu senior year, a 22 das Black Bears reencontrouse coa cancha en decembro do 2020, e desde entón asinou unha tempada ilusionante. Millán foi recoñecida como a mellor xogadora e mellor defensa do ano na America East, converténdose na primeira xogadora en obter ambos premios no mesmo curso.

Ademais, tamén foi candidata aos Senior CLASS Awards, quedando finalmente dentro do First Team All-American da tempada, o quinteto ideal. Semanas despois, a galega entrou na lista das 10 mellores xogadoras internacionais e, antes de ser proclamada gañadora declaraba que “xa me vexo máis que premiada por estar entre as finalistas”. O premio, recibido este luns 12, engádese ao seu xa extenso palmarés.

🌏 She’s a worldwide sensation! 🌏@Bmillan11 named 2021 World Exposure Report International Player of the Year!!

Details: https://t.co/MjuCdDly4m#BlackBearNation | #AEHoops pic.twitter.com/v2prF543Ea

— Maine Women’s Basketball (@BlackBearsWBB) April 12, 2021

Porén, o primeiro para Millán é o equipo, polo que “como sempre digo, son recoñecementos persoais aos que me leva o meu equipo. Sen elas non tería sido posible”.

Blanca Millán: “Son recoñecementos persoais aos que me leva o meu equipo. Sen elas non tería sido posible”

Dentro do seu club, a galega deixa as súas filas polo máis alto, estando entre as cinco mellores baloncestistas en vestir a camiseta do equipo universitario de Maine.

Blanca Millán entra no First Team All-American

O futuro de Blanca Millán podería estar na WNBA

Despois destes recoñecementos e lograr coas Black Bears tres títulos da regular season, dous de conference e dúas participacións no torneo final de marzo, coñecido como March Madness, Blanca Millán apunta alto. O seguinte paso na súa prometedora carreira pode seguir nos Estados Unidos, formando parte da liga máis prestixiosa do mundo, a WNBA.

Con todo, a amiense é consciente da dificultade de obter un posto na competición. “Son só 36 as xogadoras elixidas das máis de 60 que nos presentamos desde as universidades americanas, pero tamén desde outros moitos países”, explica.

O draft farase público este 15 de abril, e para poder ver á xove xogadora de Ames entre as mellores de norteamerica, un dos adestradores da liga debe escollela a ela. Neste sentido, Millán non ten un club predilecto, “e calquera equipo estaría ben porque seguro que en todos podería aprender moitísimo”, asegura.

Blanca Millán, galega en USA | BM
Blanca Millán, galega en USA | BM

No caso de que o seu próximo destino non estea dentro dos EUA, a galega ten un plan B, aínda que prefire centrarse no presente. “Vou paso a paso, agora agardarei a ver que pasa no draft e, se non entro, que é o máis probable, tomareime un descanso e empezaremos a pensar no futuro sen pensar nun equipo concreto”, indica. A posibilidade de volver a España está ahí, pero o primordial para Millán é “chegar a un proxecto no que conten conmigo, que me permita seguir crecendo na pista e aportar ao equipo e no que me sinta cómoda”.

Sen dúbida, será complicado igualar a experiencia vivida en Maine. Para dicir adeus ao seu club, compañeiras e afección, a xogadora publicou un emotivo vídeo nas súas redes sociais recordando o seu paso polas Black Bears e agradecendo o apoio recibido. 22 out.

pic.twitter.com/P0Xc3fP1gq

— BLANCA MILLÁN MODIA (@Bmillan11) April 3, 2021

Etiquetas baloncestobasketBlanca MillánE.UEE.UUEstados UnidosNCAASantiago de Compostela
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.