• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Máis Basket

Blanca Millán, candidata ao Senior Class Award: “Xa é un premio estar entre as dez finalistas”

Falamos coa baloncestista galega que compite nos Estados Unidos, onde recoñecen o seu talento deportista e académico | Millán: "Xa é un premio estar entre as finalistas"

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
04/03/2021
en Baloncesto, Máis Basket
Blanca Millán é candidata ao Senior Class Awards / BLANCA MILLÁN TW

Blanca Millán é candidata ao Senior Class Awards / BLANCA MILLÁN TW

148
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Unha galega trunfa na NCAA, a liga universitaria norteamericana. Trátase de Blanca Millán, ex xogadora do ADM Peleteiro, e que milita actualmente no Black Bears. A baloncestista é finalista nos premios Senior Class Awards.

De Compostela aos EUA, a xogadora é xa unha das mellores e máis destacadas da súa competición. Dando os seus primeiros pasos na liga universitaria estadounidense na tempada 2015/2016, Blanca Millán sempre tivo en mente a posibilidade de compaxinar os seus estudos coa súa paixón: o baloncesto. As primeiras ofertas de universidades dos E.U. chegáronlle tras o europeo U15, no que había olleadores que quedaron encantados con ela.

Destino Maine

“Un deles púxose en contacto conmigo para ver se me interesaba vir. Como era unha idea que me rondaba na cabeza pareceume ben e comezaron a chegarme ofertas de universidades”, recorda.

A súa elección foi a universidade de Maine, xa que “había equilibrio entre o nivel académico e o deportivo, era un lugar pequeno onde podía concentrarme e podía encaixar na súa maneira de xogar e ter minutos”, explica.

Desde entón, Blanca Millán compite na liga NCAA, a seguinte detrás da profesional, a WNBA. Nela participan 32 conferencias de todo o país.

Blanca Millán: “O seu sistema universitario permite compatibilizar estudos e deporte”

Marchar aos Estados Unidos desde España para xogar non é algo fóra do común. A galega, estudante de Kinesioloxía e Educación Física, sinala que hai ao redor de 50 xogadoras nesta situación e considera que o principal motivo, ademais de progresar deportivamente, está en que “o seu sistema universitario permite compatibilizar estudos e deporte. Todo está organizado para que poidas adestrar, asistir a clase, viaxar e estudar, con esforzo pero con facilidades”.

Os premios Senior Class Awards

Cada tempada, os premios Senior Class Awards recoñecen o traballo dentro e fóra da pista das deportistas. O obxectivo deste galardón é premiar ás atletas – estudiantes que representan ás súas universidades

Os votos deste premios divídense en tres tipos: de xornalistas especializados, adestradores e afección. A última delas está aberta na súa páxina web, onde o público pode elixir á súa xogadora favorita. O periodo de votación pecharase o día 22 de marzo.

Vota por Blanca nesta ligazón!

Blanca Millán está entre as dez finalistas, converténdose así na primeira galega en optar a este premio. “É moi especial, porque ademais do aspecto deportivo, tamén ten en conta o académico e a nosa relación coa comunidade na que vivimos, con accións sociais que poden axudar ás persoas”, declara.

Blanca Millán: “Xa é un premio estar entre as dez finalistas”

A baloncestista recoñece que é complicado que sexa declarada gañadora (polo de agora Millán marcha segunda, cun 31,4% dos votos), pero afirma que para ela “xa é un premio estar entre as dez finalistas. Pero de recibilo, sería a primeira galega, incluso española creo, e iso sería todo un honor”.

O premio entregarase en San Antonio, na final da competición da NCAA, onde Blanca Millán compite cun equipo que estará na semifinal dos play offs desta fin de semana, 6 e 7 de marzo.

A competición estadounidense non escapa da COVID-19

De igual forma que está a suceder en España nas LF2 e Liga Endesa, as competicións estadounidenses tamén están a verse afectadas pola COVID-19.

Desde Maine, Millán explica que a tempada se está a desenvolver con moitas dificultades. “Os partidos xogáronse ida e volta na mesma fin de semana en días consecutivos, evitando avións e viaxando en dous autobuses para manter as distancias, con PCR diarias e sen público”, explica a xogadora.

Blanca Millán: “Foi unha tempada dura”

Desde os primeiros partidos atopáronse con hándicaps: “No estado onde vivo, Maine, non puidemos xogar os primeiros encontros porque xa equipos, cadro arbitral, etc sobrepasaban o límite de aforo e tivemos que xogar en casa do rival. Así que dura, foi unha tempada dura”, recalca.

Blanca Millán, a mellor xogadora e defensa do ano

A galega, capitá do Black Bears, xa acumula galardóns no seu palmarés. Por segunda vez, Millán foi premiada como a mellor xogadora e defensa do ano na America East, sendo a primeira en conseguir ambos premios no mesmo ano.

Blanca Millán, segundo informa a web foxbangor.com, foi convocada co All-Conference First Team. Con seu bo momento deportivo, a galega está a realizar unha tempada histórica co club universitario.

Congratulations to @Bmillan11 who becomes the ONLY woman in #AEHoops history to earn Player of the Year and Defensive Player of the Year twice in a career!#BlackBearNation pic.twitter.com/oNNRC5VOIW

— Maine Women’s Basketball (@BlackBearsWBB) February 26, 2021

Etiquetas baloncestobasketBlanca MillánCB PeleteiroE.UEE.UUEstados UnidosNCAAPeleteiro
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.