• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

O novo BiciCoruña bate o récord de usos diarios desde a posta en marcha do servizo

Está a mudar a mobilidade nas nosas cidades e vilas? Utilizas bici, patinete ou patíns para moverte?

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
30/07/2022
en Sobre rodas, Máis Deporte
Bicicletas eléctricas nunha estación de BiciCoruña / CONCELLO DA CORUÑA

Bicicletas eléctricas nunha estación de BiciCoruña / CONCELLO DA CORUÑA

28
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade
  • A incorporación das bicicletas eléctricas segue a atraer numerosas altas no servizo de BiciCoruña. 
  • Na actualidade conta con 2.673 usuarios activos, dos que case un milleiro son novos usuarios.
  • Está a mudar a mobilidade nas nosas cidades e vilas? Usas bici, patinete ou patíns para moverte?

O servizo municipal de bicicletas BiciCoruña, renovado e que volveu a estar operativo o pasado día 12 de xullo, bateu esta semana o seu récord de usos na mesma xornada, segundo informa o Concello da Coruña. Algo está mudar nos nosos comportamentos dentro da mobilidade urbá. Aumentan as persoas que utilizan os chamados MVP (véhículos de mobilidade persoal) para desprazarse.

Es ti unha desas persoas que empregan, por exemplo, a bicicleta, o patinete ou os patíns para moverte pola túa cidade ou vila? O fas como unha medida de respecto ao medio ambiente, para facer deporte mentres te desprazas? Contanos en nas nosas redes sociais a túa motivación para mudar hábitos en materia de mobilidade.

Explican desde o Concello da Coruña que foi este mércores, día 27, con 1.253 usos durante o horario de dispoñibilidade, superando a cifra que marcaba anteriormente a marca máis alta de usos diarios, 1.135, con data do 26 de setembro do 2018. Por outra banda, e desde a reapertura do servizo de BiciCoruña, o sistema de seguimento contabilizou un total de 14.578 usos.

Unha persoa usuaria do carribici na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA
Unha persoa usuaria do carribici na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O novo servizo de BiciCoruña recibiu, nos últimos días, numerosas altas, atraídas pola incorporación das bicicletas eléctricas ao cómputo total de vehículos. Neste sentido, e desde a renovación do servizo impulsada polo Goberno de Inés Rey, BiciCoruña conta con 2.673 usuarios activos, dos que 1.676 se corresponden a usuarios migrados desde o antigo servizo, 729 novos usuarios que se subscribiron ao bono anual e, por outra banda, 268 novos usuarios que optaron por subscribirse a un bono ocasional.

A este respecto, Mobilidade recalcou que continuan traballando para resolver posibles incidencias co novo sistema e tamén no referente á migración de datos de persoas xa anteriormente usuarias. Ademais, desde o servizo lembraron que as persoas con tarxeta Millenium e xa dadas de alta en BiciCoruña teñen que rexistrarse en bicicoruna.gal para migrar os seus datos e poder retirar as bicicletas das estacións coa propia tarxeta.

Os novos usuarios tamén terán que acceder primeiro a ese enderezo web para rexistrarse e escoller unha das súas tarifas.

Así é BiciCoruña

A renovación do sistema de BiciCoruña supón a incorporación de 514 bicicletas novas, das que 172 son eléctricas e 342, mecánicas. As novas bicicletas eléctricas superan en cifras o total que había en circulación ata o de agora. Ademais, haberá un total de 990 puntos de estacionamento, con base de carga, repartidos en 55 estacións cunha capacidade mínima de 15 postos. Trátase de estacións modulares robustas e cun sistema antivandalismo. A estrutura non require obra civil, polo que son moi versátiles e permiten unha rápida instalación ou traslado.

Hai dúas modalidades de pago: unha anual e outra ocasional. A anual ten un custo de 40 euros (3,33 euros ao mes). Non hai pago por minuto nas bicicletas mecánicas, mentres que nas eléctricas o seu uso é gratuíto ata os 20 minutos, sempre e cando se teña posesión do abono anual, mais este cargo non se fará efectivo ata 2024. A partir desa franxa, o seu custo será dun céntimo por minuto (desde o ano 2024), en tramos de dez minutos, ata chegar aos sesenta, tempo límite de uso continuado do servizo.

Unha muller empregando a bicicleta como método de transporte nunha cidade que é o que propón a iniciativa #30DíasEnBici
Unha muller empregando a bicicleta como método de transporte nunha cidade

A partir dese momento, cobrarase unha recarga de 5 euros por hora para evitar un uso indebido de BiciCoruña. Cabe destacar que con este plan as persoas usuarias poderán volver retirar unha bicicleta dez minutos despois de usala, sen recargas adicionais.

Creouse unha modalidade ocasional ou turística, que serve para dar resposta á demanda das persoas que están de paso na cidade. O seu prezo é de 10 euros e permite usar a bicicleta durante un mes. Nesta modalidade, as bicicletas mecánicas teñen un custo por minuto de 0,015 euros, mentres que o das eléctricas é de 0,03 euros por minuto. O uso máximo nesta modalidade é de dúas horas, pero non permite volver retirar a bicicleta da estación unha vez depositada.

Etiquetas A Coruñabicicletabicicoruñamobilidade
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

por Redacción As Nosas
10/08/2022
0

As instalacións da pista do barrio da Sagrada Familia na Coruña melloráronse recentemente co puído da superficie para acondicionar a...

Dépor ABANCA / RCD

O Dépor ABANCA lévase o Torneo Cidade de Gaia ao vencer 2-4 ao Valladares Gaia FC

por Redacción As Nosas
09/08/2022
0

  O Dépor ABANCA proclamouse campión do Trofeo Cidade de Gaia ao imporse (2-4) ao Valadares Gaia FC, da Primeira...

O corpo técnico do CRAT 22-23 estará conformado por, de esquerda a dereita: Juan Carlos Fernández, Jos Portos e Francisco Usero / CRAT

Francisco Usero súmase ao corpo técnico do CRAT

por Redacción As Nosas
08/08/2022
0

  Francisco Usero súmase ao equipo técnico do CRAT que lidera Jos Porto e no que tamén está Juan Carlos...

Inés Rey, alcaldesa da Coruña, e Antonio Couceiro, presidente do RC Deportivo, na presentación do Trofeo Teresa Herrera 2022 no que o Dépor ABANCA terá como rival ao FC Famalicão / CONCELLO DA CORUÑA

O FC Famalicão, rival do Dépor ABANCA no Teresa Herrera

por Redacción As Nosas
06/08/2022
0

  O Dépor ABANCA xa coñece ao equipo que será o seu rival no décimo Trofeo Teresa Herrera feminino, o...

Coruña42 volve e faino cun novo circuíto e un atractivo final

Coruña42 volve e faino cun novo circuíto e un atractivo final

por Redacción As Nosas
29/07/2022
0

  O 2 de outubro regresa a maratón atlántica Coruña42 coa súa novena edición, un circuíto novo e un atractivo...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto / CN ARTEIXO

Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto / CN ARTEIXO

Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto

12/08/2022
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

10/08/2022
Quen Makkinga, Kyra Elzinga e Nicky Dix, tres fichaxes holandesas do CRAT para este curso 2022-23 / CRAT RESIDENCIA RIALTA

Tres xogadoras internacionais holandesas reforzan ao CRAT esta tempada 2022-23

10/08/2022
Beach Rugby Vila das Pontes 2022 / SANDI LÓPEZ

As Pingüinas de Burgos levan a vitoria no II Beach Rugby Vila das Pontes

10/08/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.