Esta mañá era presentado no salón azul do edificio Liceo de Betanzos o Campionato Galego de fondo na estrada para as categorías cadete, junior e mulleres.
O acto contou coa presenza da alcaldesa de Betanzos, María Barral, o concelleiro de deportes, Andrés Hermida, o presidente da Federación Galega de ciclismo, membros da directiva e algunhas das corredoras do Club Ciclista Betanzos que mañá disputasen a proba, dábase conta dun campionato que congregará en Betanzos mañá sábado, desde as 12 da mañá, ao futuro do ciclismo galego.
Tres carreiras para cada unha das categorías sobre o famoso percorrido da volta á ria cunha volta final ao Galivier. Os cadetes 2 voltas curtas e unha longa, mulleres 2 voltas curtas e unha longa, nesta categoria as cadetes se incoporan na segunda volta e hara unha curta e unha longa, e os juniors 4 voltas curtas e unha longa. A praza García Irmáns de Betanzos albergará todo a infraestrutura de equipos e sera tambien onde se dean as saídas e chegadas de cada unha das probas.
Empezasen ás 12:00 da mañá os cadetes, seguiran ás 14:00 da tarde as mulleres para terminar os juniors ás 16:30, segundo os horarios que se manexan sobre as 19:30 finalizará todo e se hara a entrega de premios.
Ao peche das inscricións 152 corredores habian formalizado o seu inscripcion con 64 cadetes, 38 mulleres e 45 juniors e participacion da práctica totalidade de escolas e clubs de ciclismo galegos e un Asturiano.
Por parte do Club Ciclista Betanzos, coa baixa de ultima hora de Antón Pérez por lesión en categoría cadete, será a categoria de mulleres onde a camisola negra e vermello do CCB lucirá e moito con 7 mozas na saída, 4 cadetes, 1 junior e 2 elites. Un dato que reforza a idea que desde o club estamos a traballar de cimentar un proxecto de ciclismo fémenino de fronte ao futuro.