Belén Toimil e Saleta Fernández foron as galegas que obtiveron mellores resultados no transcurso da Copa Iberdrola de atletismo en pista cuberta que esta fin de semana acollía Expourense. Na competición participou a Sociedad Gimnástica de Pontevedra que pechou a clasificación deportiva con 22 puntos, e foi a entidade organizadora da competición.
A atleta de Mugardos foi a mellor no peso. Belén Toimil fixo o seu mellor lanzamento alcanzando os 17.85 m. Pola súa parte, Saleta Fernández foi segunda no salto de altura cun chimpo de 1.80 m.
La atleta del @atletismoplayas 8⃣ no falla en casa
Peso
Belén Toimil 17.85 m7⃣ @BarcaAmateurs
6⃣ @Atletiko_SS_atlCatalanas y valencianas, igualdad en la lucha por la 🏆
📺 https://t.co/k6WecfBXwc
📊 https://t.co/ee4gdCrCil pic.twitter.com/OWXnEQnB63— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) February 11, 2023
E no capítulo organizativo hai que parabenizar á Sociedad Gimnástica de Pontevedra, que foi a entidade organizadora da cita deportiva. Galicia volvía a amosar o seu músculo planificador ao acoller un novo campionato de rango estatal.
Expourense volveu confirmarse como un recinto idóneo para acoller este tipo de competicións deportivas de atletismo en pista cuberta. E a entidade pontevedresa da Gimnástica amosou a súa solvencia organizativa.
Vitoria do Valencia At. de Saleta Fernández na Copa Iberdrola
O triunfo deportivo foi na Copa Iberdrola para o Valencia Atletismo (club co que compite a galega Saleta Fernández). A entidade valenciana suma xa 27 títulos. O club subcampión foi o CA Playas de Castellón, club no que milita a galega Belén Toimil.
🏆 ¡La 27ª! 🏆
👏🏼 Enhorabuena, @ValenciaCAes 👏🏼
Así ha sido la #CopaIberdrola #CEclubesPC en Ourense
📝 https://t.co/FrxBLNwrRa pic.twitter.com/pnB2e1Oq3q
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) February 11, 2023
Na competición masculina, a Copa Joma, o gañador foi o FC Barcelona que revalidaba o campionato de España logrado o ano pasado, amosando nestes intres a súa hexemonía no panorama nacional.
Organizaba as citas deportivas feminina e masculina a Sociedad Gimnástica de Pontevedra. No deportivo, o club galego completaba un moi digno encontro pelexando en cada unha das probas e concursos con atletas de nivel internacional.
O máis salientable do equipo pontevedrés foron os cuartos postos logrados tanto por Pablo Bocelo sobre os 1.500 m. con 3:55.44 como de Carlos Porto nos 3.000 con 8:11.25. Na categoría femenina, outra das xoias da nosa canteira, Sabela Castelo de categoría Sub-16, lograba un crono nos 3.000 m. de 9:48.59 e un excepcional quinto posto.
Belén Toimil vence pero quere lanzar máis lonxe
Unha vez máis a plusmarquista estatal e atleta olímpica Belén Toimil, demostraba que é a mellor española no lanzamento de peso. A atleta galega defende as cores do Playas de Castellón, co que foi subcampioa nesta Copa Iberdrola.
Con respecto ao seu concurso individual a lanzadora de Mugardos vencía no lanzamento de peso asinando un cartón cos seguintes intentos: 17.24, 17.67, X, 17.67, 17.85 e X. Así o triunfo deullo o quinto intento con 17.85m.
Con este resultado, a galega continúa a estar lonxe da súa mellor marca persoal que está en 18.64m (récord de España), pero Belén Toimil vaise atopando cada vez mellor na súa preparación neste ciclo olímpico. A de Mugardos sábese capaz de máis. Traballo e esforzo non han faltar por parte da lanzadora olímpica galega que aspira a estar en París 2024.
Ver esta publicación en Instagram
A tamén internacional e vixente campioa de España Saleta Fernández, competía co Valencia Atletismo, co que se proclamou campioa por equipos.
No seu concurso individual, a galega completaba un moi bo concurso de altura logrando a segunda posición con 1.80 m. Saleta Fernández quedou por detrás de Jennifer Laritza Rodríguez Carvajal, do CA Playas de Castellón, que saltou so un chisco máis ca ela: 1.83m.
Ver esta publicación en Instagram
No CA Playas de Castellón milita tamén Solange Pereira que competiu nos 1.500m. impoñéndose cun tempo de 4:34.47 no transcurso desta Copa Iberdrola.
Por parte da Sociedad Gimnástica Pontevedra competiron as seguintes atletas:
- Cristina Garrido – 60 m
- Eugenia Gil Soriano – 200m
- Carmen Victoria González Fernández – 400m
- Ainara Rodríguez Ares – 800m
- Isabel Caeiro Mariño – 1.500m
- Sabela Castelo López – 3.000m
- Lucía Ferrer – 60m valados
- Aloia Vilas Docampo – salto de altura
- Lucía Ferreiro Liñares – salto con pértega
- Andrea Villaverde Puente – salto de lonxitude
- Marina Artemia Pérez López – tripo salto
- María Ezquerro Fernández – lanzamento de peso
- Eva Salvado – Lia Caride – Carmen González e Eugenia Gil – 4x400m