A atleta galega María Belén Toimil, que milita no Playas de Castellón, vén de conseguir un lanzamento na Reunión FAM pista cuberta en Gallur de 17.21. Deste xeito, tal e como informa a Real Federación Española de Atletismo (RFEA), a deportista “iguala a súa plusmarca persoal baixo teito, e mellora a mellor marca española, que xa era súa, por un centímetro”.
Nesta proba disputada na Comunidade de Madrid, Belén Toimil fixo un primeiro lanzamento de 16.85, o segundo foi nulo, o terceiro quedouse nos 16.82, o cuarto subiu ate os 16.91 e no quinto foi cando acadou a mellorar a súa mellor marca española nun centímetro ao alcanzar os 17.21. O seu sexto e último intento foi nulo.
Hai unha semana, Belén Toimil xa conseguira un lanzamento moi bo no mesmo escenario.
¡¡ RECTIFICAMOS !!
Otra mejor marca 🇪🇸del año24.1 MADRID (Gallur) Reunión FAM
Debut de @belentoimil en peso esta temporada (17.20) pic.twitter.com/IZU6ikn88q
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) January 24, 2021