• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Atletismo

Belen Toimil repite como campioa en lanzamento de peso no Campionato de España

Antía Chamosa bate o récord galego nos 10.000m marcha rematando a proba en cuarto lugar | Adi Iglesias tumba o récord galego nos 200m e queda segunda na súa quenda eliminatoria, mañá corre a final

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
25/06/2022
en Máis Deporte, Atletismo
Belén Toimil preparando o seu lanzamento de 17.80 que lle concedeu o título de campioa de España de peso / RFEA YOUTUBE

Belén Toimil preparando o seu lanzamento de 17.80 que lle concedeu o título de campioa de España de peso / RFEA YOUTUBE

49
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Belén Toimil, plusmarquista nacional olímpica, proclamouse campioa de España na modalidade de lanzamento de peso. A galega defendía un título que non deixou escapar pero quedou lonxe das súas aspiracións ao non acadar a mínima para acudir ao Europeo. Sabor agridoce polo tanto o que agocha este novo ouro da atleta mugardesa.

Dos seis lanzamentos que realizou no concurso de peso Belén Toimil asinaba unha tarxeta cun primeiro lanzamento con 16.98, segundo nulo, terceiro de 17.80m (marca que lle deu o título), cuarto intento de 17.42m, quinto de 17.43m e sexto nulo. A deportista de Mugardos lamentaba non ter chegado á mínima para acudir ao Europeo “sei que podo facelo” declaraba Belén Toimil ao tempo que manifestaba a súa fachendo por obter o título novamente repetindo así no máis alto do podio estatal.

En definitiva, Belén Toimil cumplía prognósticos e asinaba o seu terceiro título como campioa de España de lanzamento de peso.

🥇🥇BELÉN TOIMIL CAMPIOA DE ESPAÑA ABSOLUTA🥇🥇
A plusmarquista nacional olímpica, proclámase novamente Campioa de España no concurso de peso cun mellor lanzamento no seu terceiro tiro de 17.80 m.
PARABÉNShttps://t.co/MGz5w1QylV pic.twitter.com/F0fnQXTdZw

— Atletismo Galego (@atletismogalego) June 24, 2022

No lanzamento de disco, Belén Toimil, atleta galega do Playas de Castellón, finalizou o concurso en sexto lugar. Nulo no primeiro intento, asinou 38.96 no segundo, e 46.56 no terceiro. O mellor lanzamento de Belén Toimil foi o cuarto no que chegou aos 48.66, lonxe dos 54.98m de June Kintana, do Grupoempleo Pamplona At, campioa de España nesta modalidade atlética.

Entre as atletas galegas  que xa competiron cabe salientar o concurso da marchadora da Sociedad Gimnástica de Pontevedra Antía Chamosa que conseguiu bater o récord galego na distancia de 10.000m marcha cunha marca de 45:14.10 rematando a proba en cuarto lugar neste Campionato de España absoluto ao aire libre que se está a celebrar na localidade malagueña de Nerja. Con este tempo, Antía Chamosa rebaixaba a marca de Lorena Luaces que situaba o récord galego nesta distancia, antes desta competición en 45:49.43. A marca de Luaces estaba vixente desde 2013.

Nesta mesma distancia competía a tamén galega Carmen Escariz, do Club Ourense Atletismo, que finalizou a proba en sexto lugar cun tempo de 46:36.47. Venceu esta competición Laura García-Caro cun crono de 43:19:76.

💥 #recordgalegoatletismo Absoluto Aire Libre💥
👉 Antía Chamosa Dacasa (Sociedad Gimnástica)
⏱ 10.000 marcha con 45:14.10
📍 Nerja, 24 de xuño 2022
🏁Adestradora: Monserrat Pastor
⌛️ Anterior RG: Lorena Luaces con 45:49.43 (2013)
🎉PARABÉNS!!https://t.co/hqIWamrfn9 pic.twitter.com/lYi4jl4DDK

— Atletismo Galego (@atletismogalego) June 24, 2022

Outra galega que batiu récord en Nerja foi Adi Iglesias. A atleta do Lucus Caixa Rural Galega baixou o crono dos 200m na súa quenda eliminatoria na que finalizou en segundo lugar con 24.10, por detrás de Aitana Rodrigo que cruzou a meta parando o crono en 23.82.

A súa marca, ademais de récord galego absoluto de atletismo ao aire libre, segundo informa a RFEA sería “récord mundial paralímpico na súa categoría”. Con este tempo Adiaratou Iglesias accede á final da proba que terá lugar mañá domingo 26 de xuño.

💥 #recordgalegoatletismo Absoluto Aire Libre💥
👉 Adi Iglesias Forneiro (Lucus Caixa Rural Galega)
⏱ 200 m. con 24.10
📍 Nerja, 25 de xuño 2022
🏁Adestradora: Jose Luis Calvo
🎉PARABÉNS!!https://t.co/msFf99NzJ3 pic.twitter.com/FEqVvBhqjm

— Atletismo Galego (@atletismogalego) June 25, 2022

Accede á final dos 100 m valados a galega Paula González, do Ría de Ferrol Concepción Arenal que foi terceira na segunda eliminatoria cun tempo de 13.88, a súa mellor  marca persoal. Ás portas quedou a tamén galega Teresa Rodríguez, do Riazor Coruña, que competiu na mesma quenda pero foi quinta con 14.39 facendo tamén a súa mellor marca persoal. Na primeira eliminatoria corría Lucía Ferrer, atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, que foi quinta na súa quenda e que, pese a asinar tamén a súa mellor marca persoal, tamén queda fóra da final cun tempo de 14.29.

Na competición de lanzamento de martelo a actuación das atletas galegas colocou a Irene Gómez, do Valencia Atletismo, no oitavo lugar cun mellor lanzamento de 56.02 m. e a Blanca Pereira, do Club Ourense Atletismo no décimo lugar con 52.57 metros.

Así foi o concurso de Eva Queimaño, 8ª no heptatlón combinadas

Na proba dos 100 mv de heptatlón combinadas, Eva Queimaño, do Super Amara BAT, finalizou en terceiro lugar cun tempo de 15.05. No salto de altura, foi sétima cun mellor intento de 1.65. Na proba de lanzamento de peso, a galega Eva Queimaño foi quinta cun mellor intento de 10.76 m. Nos dous previos fixo 9.77 e 9.97m. Na proba de lonxitude Eva Queimaño foi novena con 5.44.

No concurso de lanzamento de xavelina, Queimaño asinaba un mellor lanzamento de 31.34 que a colocou 8ª. Nos 200m nestas probas de heptatlón combinadas, a atleta galega foi 4ª na súa quenda cun tempo de 26.42 (MMP). Finalmente nos 800m asinaba un tempo de 2:24.16 co que quedaba en sexto lugar nesa disciplina. No global do heptatlón a galega foi 8ª.

Na loita por entrar na final dos 400m valados quedou ás portas Claudia Rojo. A galega, que milita no Valencia Club Atletismo, foi cuarta na súa quenda (a semifinal 3) cun tempo de 1:00.69. A primeira na súa quenda foi Carla García cun crono que melloraba o tempo de Claudia Rojo en 0.241.

María Carballido, do Atletismo Friol, correu a primeira semifinal dos 800m cruzando a meta en cuarta posición cun tempo de 2:10.33. A marca no permitiu á galega clasificarse para final desta proba.

Na distancia de 1.500m non haberá galegas na final. Competiron Antía Castro, do Club Ourense Atletismo, que foi sétima na súa quenda (2/3) cun tempo de 4:28:32 (MMP), Marina Bagur, do Ría de Ferrol Concepción Arenal, foi 8ª na súa quenda (1/3) con 4:32:40 (MMP). Laura Santos, do Lucus Caixa Rural Galega, non chegou a tomar a saída.

Na proba de triplo salto, marcada pola ausencia da galega Ana Peleteiro debido ao seu embarazo, a representación galega foron Uxía Paz, do Atletismo Feminino Celta, que saltou 12.02, 12.13 e 11.90 quedandon en noveno lugar. E tamén Alba Cuns, do Playas de Castellón que figura sen marca.

Queres ver o concurso de Belén Toimil no lanzamento de peso? Deixámoste aquí o vídeo da RFEA.

Resultados das probas femininas con atletas galegas participantes dentro do Campionato de España de atletismo ao aire libre:

  • Lanzamento de peso
  • 10.000 Marcha
  • 100 MV heptatlón combinadas
  • 200m heptatlón combinadas
  • Altura heptatlón combinadas
  • Peso heptatlón combinadas
  • Lonxitude heptatlón combinadas
  • Xavelina heptatlón combinadas
  • 800m heptatlón combinadas
  • Clasificación final do heptatlón combinadas
  • Lanzamento de martelo 
  • Semifinal 3ª 400m valados
  • Eliminatoria 3/4 dos 200m
  • Semifinal 1/3 800m 
  • Eliminatoria 1/4 100 mv
  • Eliminatoria 2/4 100 mv
  • Lanzamento de disco
  • 1.500m semifinal 2/3
  • 1.500m semifinal 1/3
  • Triplo salto
Etiquetas Adi IglesiasAdiaratou Iglesiasaire libreatletismoBelén ToimilCampionato de España
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Coruña42 volve e faino cun novo circuíto e un atractivo final

Coruña42 volve e faino cun novo circuíto e un atractivo final

por Redacción As Nosas
29/07/2022
0

  O 2 de outubro regresa a maratón atlántica Coruña42 coa súa novena edición, un circuíto novo e un atractivo...

Celia Catro da A.A. Mazí / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Éxito da canteira do atletismo galego no Campionato de España Sub-16

por Redacción As Nosas
26/07/2022
0

  Cando ainda perdura a resaca dos trece metais galegos colleitados no pasado Campionato de España Sub20, novamente a canteira...

Corredoras participantes na proba de 200m do Campionato Xunta de Galicia de atletismo, entre delas, están Ainhoa Repáraz e Adi Iglesias / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Elviña acolleu o Campionato Xunta de Galicia absoluto de atletismo

por Redacción As Nosas
24/07/2022
0

  As pistas universitarias de Elviña pechaban no día de onte a gran cita do atletismo galego cunha nova edición...

Presentación do Campionato Galego de Atletismo que acollerán las pistas de Elviña / CONCELLO DA CORUÑA

Deportistas e clubs de toda Galicia daranse cita no Campionato Galego de Atletismo

por Redacción As Nosas
20/07/2022
0

  A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, participou na presentación do Campionato Galego de Atletismo, que celebrará este sábado nas...

Belén Toimil lanzando no Mundial de Oregón 2022 / MIGUÉLEZ TEAM RFEA

Belén Toimil, 21ª do Mundo en lanzamento de peso

por Redacción As Nosas
17/07/2022
0

  A plusmarquista estatal de lanzamento de peso, Belén Toimil, rematou a súa participación no Mundial de atletismo coa RFEA...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto / CN ARTEIXO

Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto / CN ARTEIXO

Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto

12/08/2022
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

10/08/2022
Quen Makkinga, Kyra Elzinga e Nicky Dix, tres fichaxes holandesas do CRAT para este curso 2022-23 / CRAT RESIDENCIA RIALTA

Tres xogadoras internacionais holandesas reforzan ao CRAT esta tempada 2022-23

10/08/2022
Beach Rugby Vila das Pontes 2022 / SANDI LÓPEZ

As Pingüinas de Burgos levan a vitoria no II Beach Rugby Vila das Pontes

10/08/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.