A deportista galega Belén Toimil vén de asinar no meeting que se está a celebrar na cidade de Hvezdy, na República Checa, un lanzamento de 18,38 metros que fai que a de Mugardos acade a marca mínima para estar nos Xogos Olímpicos de París 2024.
A lanzadora de peso viña de proclamarse esta fin de semana en Expourense campioa de España por cuarta vez consecutiva cun lanzamento de 18,23 mts. Ela mesma falaba da importancia de volver lanzar por encima dos 18 metros e das boas sensacións que tivera. Só uns días despois, na República Checa, en concreto na localidade de Hvezdy, a deportista olímpica galega cada a mínima para estar nos Xogos Olímpicos de París 2024 con esa marca de 18,38 metros.
Ver esta publicación en Instagram
O triunfo na proba de lanzamento de peso neste meeting foi para a canadiana Sarah Mitton cun mellor lanzamento de 20,08. A preta foi para Jessica Schilder (Netherlands) cun mellor lanzamento de 19.50. E o terceiro lugar foi para Belén Toimil.
A deportista galega lanzaba no seu primeiro intento 18 mts xustos, no segundo 17,51, no terceiro 17,60, facía 17,96 no cuarto, 18,23 m no quinto e no seu sexto e último intento foi cando escachou a bóla ata os 18,38 metros.
Belén Toimil finalizaba en terceiro lugar ao lanzar un centímetro máis lonxe que a súa rival Fanny Roos (Sweden) que chegou aos 18,37 metros.





















