• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Belén Toimil segue facendo historia

A lanzadora galega do Playas de Castellón vence na Copa Iberdroa e acada a segunda mellor marca española da historia 17.86 m e oitava europea do ano neste momento | Toimil: "Os 18 están aí e quero tentalo" | Soli Pereira foi 3ª na remuda 4x400 co Valencia Club de Atletismo e 4ª nos 800 m

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
06/02/2021
en Atletismo, Máis Deporte
Belen Toimil, vence no Campionato de España de Clubs Copa Iberdrola 2021 MIGUELEZ TEAM RFEA

Belen Toimil, vence no Campionato de España de Clubs Copa Iberdrola 2021 MIGUELEZ TEAM RFEA

275
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O estado de forma de Belén Toimil fai que a galega mellore marca semana case tras semana. Nesta ocasión venceu co Playas de Castellón na súa disciplina, lanzamento de peso, e tamén por equipos dentro do concurso do Campionato de España de Clubs Feminino “Copa Iberdrola” en Pista Cuberta. Os 17,86m que acadou deixáronna a so 8 centímetros do récord de España que aínda ostenta Martina de La Puente Piñera (17.94 en 1996). Soli Pereira foi terceira na remuda 4×400 e cuarta en solitario nos 800 m. defendendo as cores do Valencia Club de Atletismo

Belen Toimil, vence no Campionato de España de Clubs Copa Iberdrola 2021 RFEA
Belen Toimil, vence no Campionato de España de Clubs Copa Iberdrola 2021 RFEA

A galega Belén Toimil está nun estado de forma espectacular. Este sábado o Palau Sant Jordi de Barcelona, que acollía o Campionato España Clubs Feminino “Copa Iberdrola” Pista Cuberta, foi o escenario para a súa nova proeza. So oito centímetros a separaron do récord de España na súa disciplina. Houbo que agardar á súa quinta tentativa pero nela Belén soltou o brazo de tal xeito que lanzou até os 17,86 m. Iso colocaa como posuidora da oitava europea do ano neste momento.

A ledicia da atleta galega non se podía agachar ao final da competición. Belén Toimil declaraba ante os micrófonos da RFEA que estaba “moi contenta por ver que xa van saíndo as cousas do traballo. Dame moita motivación para seguir tentando rascar centímetros. Os 18 están aí e quero tentalo”.

A galega Belén Toimil, gañadora no lanzamento de peso: “Dame moita motivación para seguir tentando rascar centímetros. Os 18 están aí e quero tentalo”.

“A nivel persoal moi contenta, empecei a competición un pouco ao tran-tran, pero logo remontei. Iso é o bo, que tes varios intentos. En comparación coas outras competicións anteriores pegueille aí unha dentadiña, pero e que eu teño en mente agora mesmo moito máis e, a verdade, ogallá saia”, apuntaba a galega que deixaba ver que ten as súas miras postas en ser quen de lanzar os 18 m.

Actualmente a mínima europea está en 18.20, algo que co nivel de forma que está a amosar Toimil podería estar ao seu alcance nesta tempada.

Alguien está feliss, feliss, feliss 😁@belentoimil tras lograr la SEGUNDA MEJOR MARCA 🇪🇸 de la historia (17.86) 💥 #CopaIberdrola #CEclubesPC pic.twitter.com/fxZ4O4QWYn

— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) February 6, 2021

Con ledicia Belén Toimil admitía que non sabía que fixera unha  marca de récord no campionato. “O  récord de campionato, nin o sabía. Todo faime moita ilusión. Puiden darlle os puntos ao club. Moi contenta de poder aportar. Moi contenta en xeral”, dicía entre risas a atleta do Playas de Castellón.

Soli Pereira, terceira nos 4×400 e cuarta nos 800m

A representación galega neste Campionato de España feminino de clubs contaba tamén coa corredora Solange Soli Pereira. Coas súas compañeras do do Valencia Club Atletismo conseguíu finalizar en terceira posición na remuda 4×400 cun tempo de 3:43.78.

A galega correu en terceira posición nas postas. O equipo do Valencia Club Atletismo estaba conformado por: Carmen Sanchez Silva, Elena Moreno Huerta, Solange Andreia Pereira Da Ponte e Laura Bueno Fernández que pechaba a remuda dos 4×400 do equipo valenciá.

O triunfo foi para o FC Barcelona, seguido do Playas de Castellón.  O récord do campionato está nos 2:04.08 Esther Desviat Ponce, mentres que o récord de España o ostenta María Teresa Martínez Jiménez cunha marca de 1:59.52.

Resultados 4x400, Copa Iberdrola 2021, Solange Pereira / RFEA
Resultados 4×400, Copa Iberdrola 2021, Solange Pereira / RFEA

De maneira individual, Solange Pereira remataba en cuarta praza a carreira de 800 metros asinando un tempo de 2:14.23. O triunfo foi para Agueda Muñoz Marques, do F.C. Barcelona que cubría a distancia en 2:13.37, segunda foi Daniela García do Playas de Castellón e terceira Lorena Ibarzabal do At. San Sebastián.

Copa Iberdrola 2021, resultados dos 800m con Solange Pereira / RFEA
Copa Iberdrola 2021, resultados dos 800m con Solange Pereira / RFEA

O Playas de Castellón, campión da “Copa Iberdrola” de Clubs

Toimil milita no C.A. Playas de Castellón que revalidou o título no Campionato España Clubs Feminino “Copa Iberdrola” Pista Cuberta nesta edición no Palau Sant Jordi de Barcelona. Segundo explica a RFEA “o equipo castellonenco retivo o título que logrou o pasado ano sumando un total de 67 puntos, cinco por diante do F.C.Barcelona, segundo con 62 puntos e completando podio a Valencia Club Atletismo, terceiro con 55 puntos”.

A vitoria das levantinas foi posible principalmente grazas “ás vitorias de Patricia Sarrapio en triplo, a ecuatoriana Yuliana Elizabeth Angulo en lonxitude, a ugandesa Winnie Nanyondo en 1.500m e María Belén Toimil en peso ademais da regularidade do resto de compoñentes”, explica a Real Federación Española de Atletismo.

Belen Toimil, vence no Campionato de España de Clubs Copa Iberdrola 2021 / RFEA
Belen Toimil, vence no Campionato de España de Clubs Copa Iberdrola 2021 / RFEA

A mañá na instalación barcelonesa, que veintiseis anos despois abriu as súas portas ao atletismo, deixou dúas marcas moi destacadas que ademais significan nova marca do campionato: primeiramente a pertiguista madrileña Andrea San Jose (Grupompleo Pamplona At.), actual campioa de España ao aire libre, elevouse por encima de 4.42 que a coloca líder española do ano e cuarta mellor marca española de sempre e que valente ela tentou en balde superar o 4.51. A outra gran marca veu da man da galega Belén Toimil co fabuloso lanzamento de 17.86m do que falamos previamente.

O resto de gañadoras da competición foron: María Isabel Pérez en 60m (7.40), a chipirota Olivia Fotopoulou en 200m (23.81), a lituana Modesta Juste Morauskaite en 400m (53.49), Águeda Muñoz en 800m (2:13.37), a ugandesa Winiie Nanyondo en 800m (4:17.36), Carolina Carballos en 3.000m (9:09.32), Caridad Jerez en 60m valos (8.36), Izaskun Turrillas en altura (1.80), a ecuatoriana Yuliana Elizabeth Angulo en lonxitude e MVA da competición (6.46), Patricia Sarrapio en triplo (13.50) (16 anos consecutivos superando esta barreira en pista cuberta) e finalmente o F.C. Barcelona na substitución 4x400m.

Equipo de prevención contra a COVID-19

Test COVID-19 previos á competición / RFEA
Test COVID-19 previos á competición / RFEA

Tal e como informa a RFEA neste evento, como aconteceu xa nas competicións previas de atletismo do calendario da federación “no que o primordial é a protección da saúde de todas as persoas presentes na instalación, contou con estritas medidas sanitarias e de prevención contra o COVID-19.

A competición desenvolveuse sen asistencia de público e só accederon as persoas previamente acreditadas, que deberon pasar un test de detección de antígenos do COVID-19″.

Explica tameán a RFEA  que os seus Servizos Médicos “encargáronse da realización das probas. Os resultados se comunicaronde maneira individualizada na propia instalación nun prazo aproximado de 15 minutos tras a toma de mostra e o resultado negativo permitó a recollida da acreditación”.

“O uso de máscaras, obrigatorias en toda a instalación, os protocolos de limpeza, desinfección e hixiene en espazos e material de competición, a toma de temperatura nos accesos e a distancia de seguridade mínima de 1,5 m en todo o centro foron algunhas das medidas que levaron a cabo. Así mesmo, houbo un “Equipo protección COVID-19”, cuxa misión será velar polo cumprimento do protocolo AntiCOVID.

Dúas persoas do equipo protección COVID-19 na competición / RFEA
Dúas persoas do equipo protección COVID-19 na competición / RFEA

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS – COPA IBERDROLA 2021 EN PISTA CUBERTA

  • TODOS OS RESULTADOS DA COMPETICIÓN 
  • MELLORES MARCAS ACADADAS

 

Medición de temperatura dentro do protocolo de prevención da COVID-19 en competición / RFEA
Medición de temperatura dentro do protocolo de prevención da COVID-19 en competición / RFEA
Etiquetas atletismoBelén ToimilCampionato de EspañaCopa Iberdrolalanzamento de pesopista cubertaPlayas de CastellónRFEASolange PereiraValencia Club Atletismo
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación do II Meeting Internacional de Ourense en Pista Curta / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Conta atrás para o II Meeting Internacional de Ourense

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

A cidade de Ourense volverá situarse no centro do atletismo internacional coa celebración do II Meeting Internacional de Ourense en...

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

Aldara Meilán batía o récord de España de marcha en Sub20 10km no Campionato de España celebrado no Barco / RFEA

O Barco vibra co Campionato de España de marcha atlética

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

Desde a Federación Galega de Atletismo cualifican como extraordinario o balance para o atletismo galego logrado no campionato de España...

Competición de marcha atlética nas rúas da Coruña / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Moitas opcións para a marcha galega no Campionato de España 2025

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Un total de 21 atletas galegos e galegas tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de Marcha...

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.