O atletismo feminino galego sumou hoxe dúas medallas máis no Campionato de España absoluto de aire libre que se celebrou en Torrent. Belén Toimil, en lanzamento de peso, e Ana Peleteiro, en triplo salto, cumpliron prognósticos e colgaron o ouro do pescozo.
Con todo, son dous ouros que dan unha de cal e outra de area. Ningunha das dúas atletas galegas acadou no seu concurso neste estatal de atletismo a marca mínima que lles permitiría estar no Mundial de Budapest que era un dos obxectivos que se marcaban.
Ana Peleteiro, que gañou por 1 centímetro o triplo salto, quedou a 4 centímetros da marca mínima que precisaba. No caso de Belén Toimil, a mínima estaba en 18.30m polo que tampouco estará en Budapest logo de lanzar ata os 17.89m
👑Oro agridulce para Ana Peleteiro en Torrent #CEAtletismo #AtletismoRTVE
💥La española conquista un nuevo Campeonato de España de Triple Salto, pero no consigue llegar a la mínima RFEA para estar en el Mundial de Budapest
🔗https://t.co/7VikYtD5ZT pic.twitter.com/9ZTfz6VfX9
— Teledeporte (@teledeporte) July 30, 2023
Nos micrófonos de RTVE Ana Peleteiro declaraba: “marcho cun bo sabor de boca por volver recuperar o podio e o primeiro posto. Quería catro centímetros máis, tampouco é tanto, pero queda para o ano que vén. Hai que ser xustos, sendo bronce olímpica non sei se me apetece ir ao Mundial nestas condicións. Hai uns requisitos que se deben cumplir, quen non os cumple debe quedar na casa. Eu non os cumplín así que quedo aquí preparando o ano que vén que é o que tiñamos en mente cando estaba dando a luz. Esto é un paso que gaño cara ao ano próximo”.
🎙️Ana Peleteiro (@apeleteirob) al micrófono de Mario Vallejo #CEAtletismo #AtletismoRTVE
🗣️”Solo estar aquí es un logro, pero quería cuatro centímetros más”
🗣️”Si hay unos requisitos que hay que cumplir, quien no los cumple se debe quedar en casa. Yo no los he cumplido” pic.twitter.com/QoJH6hGqjM
— Teledeporte (@teledeporte) July 30, 2023
Belén Toimil, acada o cuarto campionato consecutivo
A superioridade de Belén Toimil no lanzamento de peso estatal volveu quedar clara. A atleta de Mugardos conseguía chegar aos 17.89m no seu primeiro intento. Achegouse a eses 18m que busca superar teimudamente para mellorar os seus rexistros no ámbito internacional. De feito, precisaba chegar aos 18.30m para estar no Mundial de Budapest. E non puido ser. Un ouro que seguramente terá un certo sabor amargo por esa banda para a galega.
Peso🚺#CEatletismo
🥇@belentoimil 17.89 m
suma y sigue, 4º título consecutivo
📺 https://t.co/VPW4LUU0vo
(multistreaming) https://t.co/RoaFyR4bH8
📊https://t.co/AdvWNSc7QP pic.twitter.com/HNPngdWiss— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) July 30, 2023
No reto doméstico, só con ese lanzamento as súas competidoras neste Campionato de España sabían que pouco poderían facer contra o portento galego. Dixo que ía disposta a “escachar a bóla” e fíxoo.
6️⃣ª medalla para Galicia 🥇🥇🥇🥈🥈🥉
💥 🥇CAMPIOA ABSOLUTA DE 🇪🇸💥
👥Belén Toimil
🔍Playas de Castellón
👉Peso
⏫ 17.89 m.
🎊Parabéns Belén!!https://t.co/ENEs8VGwHn@deporte_galego @UFEDEGA_ pic.twitter.com/2yhCGV6Doj— Atletismo Galego (@atletismogalego) July 30, 2023
Ese primeiro intento foi o mellor de Belén Toimil nesta última xornada do Campionato de España absoluto de atletismo ao aire libre. O segundo intento quedou en 16.85. Logo viñeron tres nulos e un último lanzamento do bólido que chegou aos 17.28. Foi polo tanto o primeiro lanzamento o que deu o ouro, pero calquera dos outros estaban por encima dos 15.30 de Ambar DC Sánchez, atleta do AD Marathon que quedou en segundo lugar. Ou os 14.67 de Mónica Borraz, do FC Barcelona, que acadaba o bronce.
A superioridade no ámbito español da galega, Belén Toimil (Playas de Castellón) volveu quedar de manifesto. O récord de España sigue sendo seu e está nos 18.80m. Os nulos veñen dados por que a mugardesa arriscou para buscar a mínima para Budapest. Lamentablemente non conseguiu mellorar o seu primeiro rexistro.
Con este novo ouro, olímpica galega Belén Toimil atesora catro títulos estatais consecutivos.
Ana Peleteiro gaña o ouro por un centímetro
Quen tivo moito máis axustado conseguir o ouro foi Ana Peleteiro. A triplista galega venceu por un centímetro á segunda. A do barbanza vencía a competición de triplo salto no Campionato de España absoluto de atletismo ao aire libre cun chimpo de 14.21m. María Vicente foi segunda con 14.20m. Un único centímetro foi o que separou ouro e prata.
5️⃣ª medalla para Galicia 🥇🥇🥈🥈🥉
💥 🥇CAMPIOA ABSOLUTA DE 🇪🇸💥
👥Ana Peleteiro Brión
🔍C.A.Adidas
👉Triplo
⏫ 14.21 m.
🎊Parabéns Ana!!https://t.co/CeEECPFDcK@deporte_galego @UFEDEGA_ pic.twitter.com/nmVjsLZkrH— Atletismo Galego (@atletismogalego) July 30, 2023
Ana Peleteiro (CA Adidas) saltaba no seu primeiro intento 13.81m, no segundo foi onde acadou esa marca de 14.21m (MMT). A terceira ocasión na que se lanzou a voar sobre a area chegou aos 13.97. Logo faría dous nulos e un último salto de 13.97m.

María Vicente (CD Nike Running) saltaba no seu primeiro intento 13.66m e no segundo foi onde chegou aos 14.20m. Fixo tres nulos e non afrontou o seu último salto.
O terceiro posto foi para Naiara Estanga (FC Barcelona) que saltou 13.12m, 13.04m, X, X, 12.64m e X
Triple 🚺#CEatletismo
🥇@apeleteirob 14.21 m
(co-líder 🇪🇸 del año)📺 https://t.co/VPW4LUU0vo
(multistreaming) https://t.co/RoaFyR4bH8
📊https://t.co/AdvWNSc7QP pic.twitter.com/0WB1oTJKYQ— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) July 30, 2023
- Resultados da final de lanzamento de peso do Campionato de España de atletismo ao aire libre 2023.
- Resultados triplo salto feminino Campionato de España de atletismo ao aire libre 2023