O Campionato de Europa de lanzamentos deu como resultado unha quinta praza para a galega Belén Toimil. España foi bronce co equipo masculino e remantou 8.ª co equipo feminino.
A localidade portuguesa de Leiria acollí, por terceiro ano consecutivo, o Campionato de Europa de Lanzamentos. A proba, disputada ao aire libre, non contou coa meteoroloxía como alidada e iso sempre dificulta as marcas nestas modalidades de atletismo.
Belén Toimil chegaba ao Europeo de Leiria logo de terse proclamado campioa de España indoor en Expourense e de ter conseguido alcanzar no meeting de Hvezdy os 18.38, acadando a mínima para estar nos Xogos Olímpicos de París 2024. Esta vez a de Mugardos no subiu dos 18 metros e finalizaba o concurso en quinta posición cun mellor lanzamento de 17.52 metros.
No seu primeiro intento Belén Toimil asinaba un lanzamento de 16.74 m., no segundo, foi onde acadou os 17.52 que sería a súa mellor marca neste Europeo. O terceiro intento alcancou os 16.88 m, o cuarto os 17.17, o quinto foi nulo e o sexto quedou nos 17.10m.
A Federación Española de Atletismo informaba de que España remataba a competición feminina sendo oitava por equipos e lembraba que había “cinco edicións (última vez en 2018) que non se competía con todo o equipo ao completo”. Puntuaron para España Arantza Moreno en xavelina (49.94 m 18.ª del global), Belén Toimil (17.52 m 5.ª), June Kintana en disco (53.72 m 20.ª) e Laura Redondo en martelo (63.36 m 21.ª).
Ver esta publicación en Instagram