- A adestradora ferrolá Belén Feal non continuará nas filas do Reyco Burela FS.
A técnica, ampla coñecedora do fútbol sala galego, chegou á Mariña en 2025 para liderar o proxecto de Primeira FS Iberdrola nunha tempada moi delicada para a entidade.

Baseado na humildade e cun gran protagonismo da base burelista, Belén Feal asumiu o reto e tomou as rendas do equipo con valentía e compromiso, pelexando xornada a xornada para seguir tendo o privilexio de manterse na elite, aínda que a realidade da Segunda División se materializou ao final.

Dende o Reyco Burela FS deséxanlle a Feal “o mellor no seu camiño persoal e deportivo e agradecerlle a súa implicación ao longo destes meses”.





















