• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Bea Seijas: “Conseguimos captar no escudo do Ourense FSF a esencia de todos os elementos: a ponte, as augas termais, os ríos, Galicia e a flor de toxo”

"Queriamos que o escudo fose redondo, limpo, moderno, con liñas claras e cores uniformes, planos.... Creo que se plasmou á perfección", explica a deseñadora gráfica ferrolá

Silvia Carregal por Silvia Carregal
16/07/2025
en Primeira División Fútbol Sala, Fútbol Sala
Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF que ten unha flor de toxo como elemento central / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO

Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF que ten unha flor de toxo como elemento central / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO

81
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Afeitas a falar con Bea Seijas de fútbol sala, desta volta conversamos con ela sobre outra das súas facetas: a de deseñadora gráfica no seu estudio, Bea Seijas Diseño. Explicounos o significado que hai detrás de esa flor de toxo que preside o novo escudo do Ourense OnTime FSF que ela vén de redeseñar.

Seus son os deseños das campañas que nos últimos anos fixeron do Ourense OnTime FSF fun referente da transmisión de valores a través dos seus lemas e camisetas. Un exemplo foi aquel: “A forza do lobo está na manda”.

Nesta ocasión, o encargo do club foi darlle unha volta, rediseñar, o elemento máis importante da entidade como marca: o seu escudo. A flor de toxo ten un protagonismo esencial nesta proposta gráfica na que tamén se suman outros elementos como a ponte romana, os ríos, as augas termais, ou bandeira galega. Velaquí o resultado:

Novo escudo do Ourense FSF / BEA SEIJAS DISEÑO GRÁFICO
Novo escudo do Ourense FSF / BEA SEIJAS DISEÑO GRÁFICO

S.C: Como foi o proceso creativo do rebranding do escudo do Ourense OnTime?

BEA SEIJAS: O proceso creativo de calquera rebranding ou de calquera traballo pasa primeiro por falar co cliente e tentar captar o que o cliente quere transmitir, neste caso cun escudo dun club. Os escudos levar implícita a esencia do que o cliente quere mostrar co seu logo, ten que ter personalidade e ten que indicar, cando a xente o vexa, que valores, esencia ou características ten esa empresa ou este club, neste caso.

Ese proceso, neste caso concreto, comigo, é un pouco máis sinxelo, porque ata hai nada eu formaba parte moi activa do club. A nivel deportivo levaba 20 anos nese club. Creeino xunto con outras persoas e, evidentemente, teño moi interiorizada a súa esencia, o que ese club quere transmitir, cales son os seus valores e todo máis doado.

Bea Seijas: “Incorporar a flor de toxo pareceume fantástico”

O proceso fíxeno ademais con Marta Figueiredo, que é a capitá do primeiro equipo e, despois de min, a persoa que máis tempo leva no club. Leva no Ourense OnTime FSF 19 anos e, como eu, ten clarísimo que é este club, que quere mostrar, e cal é a súa esencia.

O traballo estaba xa moi adiantado, debido ás características do cliente e de quen son eu. Foi todo moito máis doado e ademais Marta, é a miña amiga, é unha persoa vinculada tamén ás artes. Ten unha sensibilidade especial e todo fluíu dun xeito máis sinxelo.

Bea Seijas: “O proceso fíxeno ademais con Marta Figueiredo, que é a capitá do primeiro equipo e, despois de min, a persoa que máis tempo leva no club. Leva no Ourense OnTime FSF 19 anos e, como eu, ten clarísimo que é este club, que quere mostrar, e cal é a súa esencia”

Ela quería incorporar a flor de toxo, comentoumo e pareceume fantástico. É unha flor que indica o que o club ten interiorizado, que é esa loita feminista e a flor de toxo represéntao dun modo fantástico. É a resiliencia do toxo, que crece en calquera terreo, en calquera condición, e esas espiñas e esa dureza do toxo que resiste todo.

É un pouco a resiliencia da muller, unida á sensibilidade da flor de toxo. Que tamén é unha característica da muller. Mestúranse esas dúas cousas. Encaixa á perfección co que o club pretende mostrar.

Bea Seijas: “A flor do toxo indica o que o club ten interiorizado, que é esa loita feminista e a flor de toxo represéntao dun modo fantástico. É a resiliencia do toxo, que crece en calquera terreo, en calquera condición, e esas espiñas e esa dureza do toxo que resiste todo”

Había que ver como se encaixaba iso coas cores que tiñan que ser o azul e tamén coas referencias a Galicia e á cidade de Ourense. Fomos intercambiando ideas e, como en todo proceso, fomos evolucionando, ata chegar ao que todos queriamos de tal modo que todas esas cousas puidesen ser integradas no escudo.

Tiñamos claro que queriamos que fose redondo, limpo, moderno, con liñas claras e cores uniformes, planos…. Creo que se plasmou á perfección.

Como se pode ver é redondo, coas cores azuis como protagonistas, pero a flor de toxo é o elemento principal e central, vai no centro do escudo, encima de todos os demais elementos.

Integramos a bandeira galega, a ponte, que é un elemento do club de toda a vida que non queriamos que desaparecese, porque ademais é moi característico da nosa cidade, as augas termais e os ríos que van ao pé da ponte.

Bea Seijas: “Integramos tamén a bandeira galega, a ponte, que é un elemento do club de toda a vida que non queriamos que desaparecese, porque ademais é moi característico da nosa cidade, as augas termais e os ríos que van ao pé da ponte”

Creo que conseguimos integrar todos os elementos que queriamos e darlle a esencia fundamental.

Xa che digo foi todo moi fácil porque eu xa tiña moi claro todas as cousas e con Marta foi moi sinxelo porque xa tamén o ten clarísimo. Coñéceme, coñézoa, sabe como dicirme as cousas, entendémonos á perfección e conseguín darlle a esencia e a idea que se quería captar.

 S.C.: Cada elemento ten un significado e un motivo podes darnos esas claves?

BEA SEIJAS: Tiñamos claro que queriamos que fose un escudo redondo porque cremos que visualmente queda mellor como todo iso. Cando todos dicimos, “quedou redondo”, a frase resume a perfección que nós queriamos co escudo. Algo moderno, compacto, visualmente, con harmonía, suave, elegante… Cremos que un escudo redondo reúne todas esas características.

En canto aos elementos había que integrar o nome, a cidade, a comunidade e o elemento principal, que é a flor de toxo.

Quixémolo facer con varios círculos concéntricos. A cor principal é o azul, pero ten toques (á parte da flor) ten un toque amarelo, dese círculo que vai por fóra do azul.

Partimos dun fondo branco, esa liña circular amarela por fóra para facer referencia á flor de toxo. Está o círculo azul principal e logo os tonos azuis da auga, que é un elemento característico da cidade de Ourense, xuntou coa ponte. Ao pé da ponte van esas ondas que queren facer referencia tanto aos ríos como ás augas termais da cidade, por iso van dúas ondas en dous tons de azul. A ponte é un elemento principal do noso club e da cidade, ten unha situación bastante céntrica para dar esa importancia.

O toque da bandeira galega, que vai por dentro no escudo (no círculo central) é para facer referencia á nosa comunidade.

E, por encima de todo iso, no sitio principal, está a flor de toxo. É a novidade e o que queremos resaltar sobre os demais elementos.

Logo integramos o nome en branco no círculo principal azul. Creo que conseguimos integrar todos os elementos dunha maneira visualmente boa, e que conseguimos captar a esencia de todos eles: ponte, augas termais, río, Galicia e flor de toxo, coas cores principais que son o azul e o amarelo que queremos dar a importancia polo tema da flor.

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Ourense Ontime FSF (@ourenseontimefsf)

 S.C.: Ti que desempeñaches diferentes papeis o en club e que levas tantos anos vinculada á entidade con cal dos elementos veste máis representada?

BEA SEIJAS: Levo moitos anos vinculada á entidade, como dis, fixen todos os papeis case posibles que se podía facer. Por tanto, o da flor de toxo encáixame a perfección. Tanto eu como outras compañeiras miñas da miña idade tivemos que ser moi, moi resilientes como o toxo, pero tamén temos, ou eu polo menos neste caso teño a sensibilidade… Gústanme as artes, son deseñadora e como tal teño unha sensibilidade. Non como muller, porque creo que non é unha característica soamente das mulleres. Paréceme que é das persoas. Neste caso pola miña profesión, creo que a teño.

Quizá coa flor de toxo é co que máis representada me vexo, pero son moi galega. Levo a miña terra moi dentro de feito puiden saír de Galicia en varias ocasións polo fútbol sala, pero nunca quixen facelo porque a miña terra tírame moito. Emociónome con todo o da miña terra. Fun seleccionadora galega de categorías inferiores e esta última vez, seleccionadora absoluta, para min, iso é o máis do mundo!

Bea Seijas: “Pero a flor de toxo e Galicia están moi dentro de min, creo que son dúas características, que son moi miñas. Esas dúas son coas que máis me representan”

Así que me vexo moi representada coa flor de toxo, con Galicia e tamén coa cidade de Ourense. Aínda que non nacín en Ourense (son Ferrolá e teño á miña Ferrol moi dentro), Ourense é unha cidade que me marcou moito. Levo moitísimo tempo aquí (máis que en Ferrol) e tamén é unha cidade que á que teño moito agarimo e véxome moi representada con Ourense.

Pero a flor de toxo e Galicia están moi dentro de min, creo que son dúas características, que son moi miñas. Esas dúas son coas que máis me representan.

 

O Ourense Ontime FSF redeseña o seu escudo e incorpora unha flor de toxo con moito significado

Etiquetas Bea Seijas Diseño Gráficofútbol salaMarta FigueiredoOurense OnTime
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ale de paz, futbolista galega coa Selección Española no Mundial nun partido contra Canadá / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM 25 | Goleada de España a Canadá para finalizar a fase de grupos con tantos de Ale de Paz, Antía Pérez e Martita

por Redacción As Nosas
29/11/2025
0

  España pechou a fase de grupos do Mundial 2025 de futsalfem coa goleada máis cómoda ata o momento (0-7)....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.