A Real Federación Galega de Fútbol vén de anunciar a chegada de Juanma Marrube como novo seleccionador galego absoluto masculino de fútbol sala e a continuidade de Bea Seijas á fronte do combinado feminino. Ambos os dous adestradores son serán os que dirxian ás irmandiñas nos compromisos amigables que a Selección Galega disputará os días 3 e 4 de xullo ante Cataluña en Lugo.
Os nosos e as nosas futbolsitas mediranse aos combinados cataláns no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo, que será escenario os próximos 3 e 4 de xullo do regreso da Selección Galega Absoluta masculina e feminina de fútbol sala.
Ver esta publicación en Instagram
Tras o convenio asinado entre a Real Federación Galega de Fútbol e a Federación Catalana hai dous anos, mediante o cal Galicia e Cataluña disputarían dous encontros amigables (un en cada comunidade), Cataluña viaxará en xullo á nosa terra para disputar este dobre encontro amigable. Os dous primeiros xa tiveron lugar no mes de setembro do 2024 en Santa Coloma de Gramanet.
Bea Seijas, unha lenda
Falar de Bea Seijas é falar dunha lenda do fútbol sala. Tras colgar as botas vestindo a camiseta dos seus amores, a do Ourense Envialia, e con 28 tempadas disputadas ás súas costas. Levaba 21 anos dando notoriedade ao fútbol sala feminino e 36 practicando un deporte do que xa é historia, pero ao que segue facendo grande.
A ferrolá, que empezou no fútbol sala como unha casualidade e que acabou sendo parte do seu ADN, probou nos bancos e comezou adestrando á Selección Galega alevín para posteriormente dar o salto á Selección Galega absoluta feminina que xa dirixira no partido ante Cataluña en 2024.
Juanma Marrube, novo adestrador da Selección Galega masculina
Juanma Marrube substitúe á fronte da Selección Galega absoluta a Diego Ríos, quen se atopa disputando o playoff polo título en Italia, mérito polo que non pode este ano acudir á cita con Galicia.
Marrube é un profesional ligado ao crecemento e evolución burelista ao longo dos case 25 anos de historia da entidade galega. Defendeu a capitanía nas filas laranxas co 8 ás costas, da que se despediu en 2014 para emprender unha nova etapa na parcela técnica.
Tras estrearse no banco co Boal FS asturiano e encargarse da secretaría técnica do Burela FS, abandeirou a dirección do conxunto mariñán de Segunda División en 2017 e conduciuno ao ascenso a Primeira División na tempada 2018/19, alén de conquistar a Copa Galicia en 2018 e 2021.
Tres tempadas e media na súa casa deron continuidade ao labor de adestrador co Soliss FS Talavera e O Parrulo Ferrol, en Segunda, e o ATP Iluminación Ribera Navarra en Primeira División. Alcumado como “O Mariskal“, Juanma Marrube regresou a pasada campaña a Burela e agora ponse á fronte da Selección Galega Absoluta masculina.
Venda de entradas para os partidos da Selección Galega feminina e masculina
Xa están á venda as entradas para asistir aos dous partizados entre as seleccións de Galicia absolutas masculina e feminina de fútbol sala que van disputarse o venres 3 e o sábado 4 de xullo.
O partido masculino xógase o venres 3 ás 20:30 horas e o feminino o sábado 4 ás 11:30, os dous no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo.
Os prezos das entradas é o seguinte:
- 10€ para cada partido
- 15€ o abono para os dous partidos
- Gratis para os menores de 16 anos
As entradas poden adquirirse xa na plataforma Cluber á que se pode acceder no seguinte enlace:
Tamén estarán disponibles en taquilla os días de partido.





















