• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

Bea Seijas, integrante da 1.ª Selección Española de futsal: “Non teño ningunha dúbida de que España pode chegar a alzar o título mundial”

Sara González por Sara González
20/11/2025
en Máis FutSal, Fútbol Sala
Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF que ten unha flor de toxo como elemento central / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO

Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF que ten unha flor de toxo como elemento central / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO

178
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

A ex xogadora do histórico Sal-Lence e integrante da primeira Selección Española de futsal, Bea Seijas, analiza para As Nosas o camiño percorrido e a entrega das xogadoras durante décadas para poder chegar ao momento actual.

Bea Seijas (Ferrol, 1974) é unha desas mulleres chamadas a facer historia. Comezou a darlle patadas ao balón con só dez anos e axiña pasou a formar parte das filas do xa extinto Lago Gairesa, en Valdoviño. Aquel sería o inicio dunha longa carreira chea de alegrías.

A ferrolá militaba no emblemático Sal-Lence coruñés cando recibiu a chamada da Federación Española, que a convidaba a formar parte da primeira selección española feminina de fútbol sala da historia.

Sal-Lence, equipo gañador da Superbowl 1997 / ARQUIVO SAL-LENCE
Bea Seijas, a segunda pola dereita na fila de abaixo xunto a María Varela Bardanca o día que o Sal-Lence resultou equipo gañador da Superbowl do ano 1997 / ARQUIVO SAL-LENCE

Aínda que recoñece estar un pouco afastada do futsal porque existen certos aspectos ligados aos avances na profesionalización cos que non se sente plenamente cómoda, manifesta a súa satisfacción polas melloras conseguidas e certa ‘envexa sana’ cara ás xogadoras do cadro nacional que viaxarán ao Mundial de Filipinas, a algunhas das cales coñece persoalmente.

Non hai tanto que colgou as botas no Ourense (dalquela Envialia) un equipo que chegou a dirixir desde o banco como adestradora sendo xa Ourense OnTime. Deixou o posto en febreiro de 2025. Xa tiña adestrado a equipos de base do club e colleu o timón do banco no 2024. Foi internacional coa Selección Absoluta feminina de fútbol sala, sendo parte desa primeiro combinado estatal. No seu palmarés hai cinco campionatos de Primera División, seis títulos de Copa e catro Supercopas.

Adestramento Ourense Envialia / BEA SEIJAS DISEÑO GRÁFICO
Imaxe de arquivo dun adestramento Ourense Envialia con Bea Seijas no equipo técnico / BEA SEIJAS DISEÑO GRÁFICO

A.N.: Como viviu a chamada para formar parte da primeira Selección Española?

Bea Seijas: A chamada da selección foi como calquera se pode imaxinar. Naquela época non tiñamos apenas recursos; era todo moito menos profesional, pero sobraban paixón e ilusión. Conseguir que nese momento se formase unha selección feminina de futsal foi case como o logro que hoxe supón celebrar o Mundial. Foi incrible para todas formar parte daquel equipo: unha sensación única e inesquecible.

A.N.: Que lembranzas garda desa época?

Bea Seijas: Era menos profesional ca hoxe en día. Ás veces tocábanos facer cousas como comer unhas tortillas de camiño ao lugar onde iamos xogar, pero faciámolo encantadas porque adorabamos este deporte. Íamos todas a unha e o ambiente era moi bonito. Non quero dicir que todo fose idílico, nin moito menos; por suposto que ás veces había problemas, pero eramos como amigas, como unha familia. Aquela época, pese á falta de profesionalización, tiña un punto romántico e especial.

A.N.: Percibía prexuízos sociais cara ás mulleres que xogaban ao futsal?

Bea Seijas: Tiven a sorte de non vivir malas experiencias persoais. Fun unha privilexiada, porque aquí preto había unha parroquia na que o fútbol sala feminino estaba moi presente; había incluso dúas categorías e chamaba a atención que houbese tantas nenas que querían xogar naquela época.

Sinto que vivín un pouco nunha burbulla na que as mulleres podían ter unha liga, competir e, incluso, teño que dicir que algúns homes, adiantados ao seu tempo, se implicaron moito para que iso fose posible. Pero, por outra parte, só con observar como era o futsal feminino daquela, cales eran as condicións, resulta evidente que existía discriminación. Non tiñamos absolutamente nada.

A.N.: Ten algunha anécdota des época?

Bea Seijas: Cando non estaba adestrando co equipo, quería seguir xogando ao fútbol, así que un día miña nai levoume á Praza de Sevilla, aquí en Ferrol, que tiña unha cancha de futsal. Lembro incluso que levaba posto un vestido, se non, igual me terían confundido cun neno, porque daquela tiña o pelo curto. Comezamos a xogar unha pachanga e, de súpeto, decateime de que a xente que pasaba ao meu carón, ao ver que había unha nena xogando e que, polo menos, non o facía mal, empezou a parar para mirar. Mesmo había persoas asomadas aos balcóns.

Isto demostra que non era habitual ver rapazas xogando, e que, aínda que a min non me afectaron de maneira directa, existían, e existen, moitos prexuízos.

Ourense Envialia no Municipal La Granja | OE
Bea Seijas no equipo técnico do Ourense Envialia festaxando un +3 no Municipal La Granja | OE

A.N.: Vostede en algún momento  se chegou a prantexar que o futsal feminino fora a chegar tan lonxe?

Bea Seijas: Naquela época non me prantexaba nada diso. Tamén é certo que había moito descoñecemento e, por iso, este tema nin sequera se me pasaba pola cabeza. Nin se me ocorrería pensar que chegarímos a ter unha Selección Española. Había cousas, como a existencia da liga nacional, que eu descubrín porque o presidente do Sal-Lence (Víctor Sieiro) (que competía nesa liga naquel momento) se interesou por min, pero ata entón nin sabía que existía. A medida que pasaba o tempo ías descubrindo novas realidades e comezabas a soñar máis ao grande, pero daquela o descoñecemento era enorme.

Bea Seijas: “A evolución do futsal foi enorme”

A.N.: Cal é a súa visión sobre a evolución desta disciplina sala nos últimos anos?

Bea Seijas: Pola miña forma de ser e pola etapa da que veño, despois de vivir todo o que vivín, percibo que a evolución do futsal foi enorme e, en moitos aspectos, moi positiva. Durante anos reivindicamos avanzar, ter os mesmos dereitos ca os homes para desenvolver o noso traballo no deporte, cotizar á Seguridade Social e poder vivir disto, e así debe seguir sendo. É certo que, ese proceso de profesionalización, pasiño a pasiño, vaise conseguindo. Pero, ao mesmo tempo, tamén vexo unha evolución menos boa.

Creo que é posible acadar un alto nivel de profesionalidade sen perder certas cousas valiosas que antes sí existían e que agora se están diluíndo. Percibo que, en algúns casos, cada vez hai menos grupo, menos sensación de familia, e iso faime sentir certo desencanto co futsal actual.

Ás veces a profesionalidade interprétase de maneira errónea e pérdense aspectos moi positivos, como a camaradería, que para min sempre foron fundamentais.

Bea Seijas: “Creo que é posible acadar un alto nivel de profesionalidade sen perder certas cousas valiosas que antes sí existían e que agora se están diluíndo. Percibo que, en algúns casos, cada vez hai menos grupo, menos sensación de familia, e iso faime sentir certo desencanto co futsal actual”

A.N.: Pensa que o desenvolvemento do futsal foi máis lento do que debería?

Bea Seijas: Por suposto, vamos moi lentas. Hai moita xente que di que se van conseguindo cousas, pero decir eso xa indica cal é a situación. Temos dereito a ter esas cousas, por que temos que esperar? O primeiro Mundial oficial feminino tiña que terse celebrado cando se celebrou o primeiro Mundial oficial masculino.

Tamén creo que, al algúns casos, no futsal feminino se correu moito e mal, e houbo consecuencias, como a desaparición de equipos históricos. A todos nos gustaría que todas as xogadoras foran profesionais, con bos contratos e que puideran vivir desto, co seu seguro e demáis, pero penso que os cimentos son aínda moi endebles neste deporte como para afrontar ese volume de orzamento.

É complicadísimo atopar financiamento que non esté vinculado co club ou con alguén do club. Se intentas involucrar nun patrocinio a unha empresa allea a este mundo, o que lle podes ofrecer a cambio desa achega económica é mínimo: hai pouca afluencia de público nos pavillóns e a presenza deste deporte nos medios é reducida.

A.N.: Que lle supón, como ex xogadora, vivir este momento histórico sen poder participar activamente?

Bea Seijas: Sinto moita envexa sana por esas privilexiadas que o van a vivir, pero alégrome moito por elas e, por suposto, tiveron a miña felicitación. Coñezoas a todas, e algunhas delas son amigas. Teño que dicir que todas, incluída a seleccionadora nacional, son persoas moi respectuosas, que nos teñen moi en conta ás que pasamos antes. É moi bonito saber que nos levan na memoria e que agradecen o que fixemos. Para min, iso será case como vivir o Mundial. Teño unha mestura de sensacións, pero prevalece a ledicia de que, por fin, elas o poidan desfrutar.

Bea Seijas: “O fútbol sala galego continúa sendo unha potencia en España, e boa proba diso son as catro galegas convocadas para o Mundial. Temos a Ale de Paz e a Vane Sotelo, que xa contan cunha traxectoria enorme coa selección. Antía, é máis nova ca elas, pero vai polo mesmo camiño; ademais, xoguei con ela e adestreina cando era unha nena. E logo está Martita, unha xogadora pola que sinto auténtica debilidade. Tiven o pracer de disfrutala na Selección Galega absoluta, e é unha marabilla vela xogar: intelixente, tácticamente incrible”

A.N.: Que valoración fai das xogadoras galegas que van disputar este gran torneo?

Bea Seijas:  O fútbol sala galego continúa sendo unha potencia en España, e boa proba diso son as catro galegas convocadas para o Mundial. Temos a Ale de Paz e a Vane Sotelo, que xa contan cunha traxectoria enorme coa selección. Antía, é máis nova ca elas, pero vai polo mesmo camiño; ademais, xoguei con ela e adestreina cando era unha nena. E logo está Martita, unha xogadora pola que sinto auténtica debilidade. Tiven o pracer de disfrutala na Selección Galega absoluta, e é unha marabilla vela xogar: intelixente, tácticamente incrible.

A verdade e que sigo a carreira de todas, coñézoas, téñolles moito afecto e, por suposto, deséxolles que poidan traer ese título de campioas do mundo.

Bea Seijas: “España ten a mellor liga e a moitas das mellores xogadoras do mundo, moi traballadas física e tácticamente, ademais dunha seleccionadora e un staff moi implicados, que traballan moito e que teñen todo baixo control. Considerando todo isto, aínda que é moi difícil, España debe aspirar a gañar o título, sempre tendo presente que no deporte inflúen moitos factores”

Bea Seijas seleccionadora galega alevín
Bea Seijas coa Selección Galega de fútbol sala / FUTGAL

A.N: Para rematar, que prognóstico fai para o Mundial e cal cre que pode ser o teito da selección?

Non teño ningunha dúbida de que a selección pode chegar a alzar o título mundial. Todos temos na cabeza a Brasil, que é unha potencia con xogadoras incribles e, ao meu ver, o gran rival a bater, sen desmerecer outras seleccións de moita calidade, como Portugal ou Arxentina, ás que tamén hai que ter moi en conta.

Con todo, a verdade é que, baixo a miña opinión, España ten a mellor liga e a moitas das mellores xogadoras do mundo, moi traballadas física e tácticamente, ademais dunha seleccionadora e un staff moi implicados, que traballan moito e que teñen todo baixo control. Considerando todo isto, aínda que é moi difícil, España debe aspirar a gañar o título, sempre tendo presente que no deporte inflúen moitos factores.

María Bardanca, parte da xeración que construíu a 1.ª Selección Española de futsalfem: “É un orgullo que haxa catro galegas no primeiro Mundial”

O primeiro Mundial de Fútbol Sala feminino da historia contará con representación galega

Así chegou España ao Mundial de futsal e así buscará chegar á final

Etiquetas Bea Seijasfútbol salaMundial
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.