• Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Internet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADEInternet 4G Grelo - PUBLICIDADE
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O BAXI Ferrol recibe na Malata ao CB Arxil nun duelo galego desequilibrado

As pontevedresas aspiran a dar a sorpresa nun partido no que visitarán como penúltimas as ferrolás, líderes invictas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
02/01/2021
en Baloncesto, Liga Feminina 2 Basket
BAXI Ferrol, primeira xornada LF2 / BAXI FERROL

BAXI Ferrol, primeira xornada LF2 / BAXI FERROL

0
COMPARTIDOS
48
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Logo de que o curso 2020-21 se estea caracterizando por ter que adiar partidos, este domingo adiántese un. Trátase do duelo entre escudras galegas que protagonizarán o BAXI Ferrol e o CB Arxil. A cita, que debera celebrarse o día 6 de xaneiro, xogarase mañá, domingo 3 ás 18:00 horas no pavillón municipal da Malata en Ferrol. Arbitran Elio Clavería Sánchez e Iris Díaz Feijoo.

BAXI Ferrol / BAXI FERROL
BAXI Ferrol / BAXI FERROL

Falamos dun encontro desequilibrado polo dispar das traxectorias que levan nesta tempada ambos os dous equipos. Mentres o BAXI Ferrol é o líder invicto no Grupo A da Liga Feminina 2 (LF2), o CB Arxil loita por fuxir dos postos baixos da táboa. Agora mesmo, as pontevedresas son 13ª, segundas pola cola. As xogadoras que adestra Maite Méndez disputaron 11 partidos e so gañaro 3, caendo derrotadas nos outros 8. Pola contra, as ferrolás suman 13 de 13 triunfos e queren facer medrar o número fatídico.

O BAXI Ferrol é o primeiro da clase e a fortuna quixo que tamén sexa o primeiro en exercer de anfitrión na LF2 neste ano que comeza: 2021. A media anotadora das ferrolás é de 86.7 e 45.5 encajados por partido.

Na primeira volta as ferrolás venceron ás pontevedresas por 40 puntos de diferencia (53-93). Nesta ocasión, as locais son as claras favoritas nun cruce no que as visitantes non tiran a toalla pero deberán amosar o seu mellor xogo para conseguir imporse a un BAXI intratable. 

Lino López, adestrador do BAXI Ferrol, logrou que o equipo ferrolán arroie co seu baloncesto. Non son gañan, se non que o fan cunha rotundidade da que falan as súas cifras de puntos anotados (1.126) e recibidos (591). Unha é case a metade da outra.

Pero cando un equipo salta á cancha faino coa ilusión e a esperanza de gañar. Así que o CB Arxil agarda atopar unha fenda pola que quebrar o xogo ferrolá e dar a gran badalada neste arranque de ano 2021. De feito, pese a diferencia na táboa, a preparadora do CB Arxil, Maite Méndez advirte: “ímolo a pelexar e queremos ver se somos capaces de darlles un susto”

O BAXI Ferrol supera a barreira dos mil puntos a favor

Maite Méndez: “Trataremos de ser agresivas e sólidas atrás”

O conxunto que adestra Maite Méndez chega ao encontro “facendo exame de conciencia dos errores cometidos na pista navarra”. Se no partido ante o A.D.B.A as pontevedresas non foron quen de rachar o partido ate o último cuarto, no cruce co Ardoi estiveron por diante no marcador todo o partido pero sucumbiron á reacción do Ardoi no tramo final do encontro. O último minuto e medio o CB Arxil no tivo a mesma resposta que os 39 minutos previos, nos que si mereceu o triunfo.

O Arxil perde pola mínima ante o Ardoi cunha gran actuación

Conscientes da dificultade do encontro, Maite Méndez anticipa que as pontevedresas van tratar “de facer unha boa defensa, ser agresivas e sólidas atrás para tentar chegar ao último cuarto con opcións”. A adestradora verde entende que “se non estamos ben, Ferrol coa intensidade que lle pon e a batería de xogadoras que teñen, vainos a facer sufrir se non facemos as cousas como debemos”.

A adestradora do CB Arxil, Maite Méndez, anticipa que as pontevedresas van; “Facer unha boa defensa, ser agresivas e sólidas atrás para tentar chegar ao último cuarto con opcións”

Maite Méndez trasladándolle ordes as súas pupilas / CB ARXIL
Maite Méndez trasladándolle ordes as súas pupilas / CB ARXIL

Para o partido Maite Méndez contará con  todo o plantel recuperando a Aldara Vázquez (recentemente participou no All STAR da primeira división feminina celebrada en Padrajas de San Esteban Valladolid), Violeta Crespo e Noa Casalderrey. Este partido contará con presenza de público até 250 afeccionados e sendo retransmitido pola canle da FEB.

Maite Méndez, entrenadora do CB Arxil: “Se non estamos ben, Ferrol coa intensidade que lle pon e a batería de xogadoras que teñen, vainos a facer sufrir”

As cifras do BAXI Ferrol meten medo a calquera rival 

Se te vas enfrontar ao BAXI Ferrol e lle botas un ollo as súas estatísticas axiña caes na conta de que os seus números son para botarse a tremer. É, sen dúbida, o equipo máis en forma e o plantel máis potente deste Grupo A na LF2. Son as únicas invictas con trece vitorias acumuladas.

Incluso nos outros grupos, so o Barça CBS que adestra Isaac Fernández é quen de igualar a súa racha, pero as ferrolás levan máis puntos anotados e menos recibidos. Ademais as culés sofriron máis da conta con algún que outro rival de pouca entidade, mentres as da cidade departamental non afrouxa o seu ímpetu anotador ata que soa a bucina que decreta o final do choque. Sempre teñen fame de canastra e nunca teñen vantaxe abondo.

Os seus números son arrepiantes: o bloque máximo anotador, a mellor defensa, equipo con máis rebotes, mellores porcentaxes… As de Lino López dominan todos os ránkings estatísticos do grupo con absoluta tiranía de maneira que deixa aos seus rivais a distancias abismais.

Outro dos exemplos da súa supremacía nesta tempada é que gañou nove do once partidos por encima dos 30 puntos de diferenza.

Lino López, adestrador do Baxi Ferrol / WYKAZSZKOWSKI
Lino López, adestrador do Baxi Ferrol / WYKAZSZKOWSKI

Lino López atopou no equipo a sintonía adecuada para que todas as xogadoras do BAXI Ferrol remen na mesma dirección. Hai xogadoras como Andrea Boquete ou Julieta Mungo que estaban afeitas a estar por encima dos 35 minutos nos seus anteriores conxuntos e adaptáronse a un novo rol con menos tempo de xogo.

De feito, as rotacións no conxunto ferrolá son un dos seus aspectos máis importantes. O reparto do esforzo e contar cun banquillo tan potente como o equipo titular fai que o nivel de non baixe en todo o encontro. Ningunha xogadora pasa dos 22 minutos en pista, nin baixa dos 15 minutos.

Todas aportan, todas importan, calquera pode asumir o rol de líder nun momento determinado. E o global do bloque está preparado para estar ao mellor dos niveis cando entra na cancha.

BAXI Ferrol conta nas súas filas con xogadoras de catro continentes, todas dun nivel que apunta ao ascenso. Nin sequera a lesión de Jenna Allen, que foi un shock para o grupo, fai que o potencial deste bloque merme.

Primer entrenamiento del año… y ¿quién llega con más energía que nadie? Jenna Allen!!! #DISFRUTARdelCAMINO #Siempreenmiequipo#familiauniferrol pic.twitter.com/1dIWAEMjGL

— Baxi Ferrol (@UniFerrol) January 2, 2021

ESTATÍSTICAS DO BAXI FERROL

ESTATÍSTICAS DO CB ARXIL

CLASIFICACIÓN DO GRUPO A NA LF2

Etiquetas A MalatabaloncestobasketBaxi FerrolCB ArxilFerrolLino LópezMaite Méndez
ComparteChía
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

Xogadoras do Celta Zorka Recalvi / CELTA TW

Dúas xogadoras do Celta dan positivo en COVID-19

por Redacción As Nosas
21/01/2021
0

  O COVID-19 segue castigando aos equipos galegos e, desta vez, o Celta Zorka Recalvi ven de detectar dous casos positivos no...

Celta vs Rosalía / ROSALÍA FEDESA

Cortegada e Celta cítanse en Vilagarcía

por Redacción As Nosas
21/01/2021
0

  Dous equipos galegos de traxectorais ben distintas na LF2 enfrontaranse este sábado, 23 de xaneiro, ás 19:00 horas no...

Carlos Cantero, adestrador do Ensino, en rolda de prensa / DURÁN MAQUINARIA ENSINO

Cantero: “O equipo está concentrado e positivo”

por Redacción As Nosas
21/01/2021
0

  O Durán Maquinaria Ensino está nun dos seus mellores momentos da tempada. Dúas vitorias seguidas, a última delas cun gran...

Maristas Coruña vs AD Cortegada / ALEX VÁZQUEZ

O Maristas visita ao equipo revelación da LF2

por Redacción As Nosas
21/01/2021
0

  Unha vitoria importantísima a pasada fin de semana déulle forza ao Maristas Coruña para achegarse á permanencia. Unhas boas...

Balón de baloncesto

A Federación Galega de Baloncesto é “consciente de que a saúde está por diante sempre”

por Redacción As Nosas
20/01/2021
0

  A Federación Galega de Baloncesto fixo público un comunicado no que fala sobre a decisión da Xunta de Galicia...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Xogadoras do Celta Zorka Recalvi / CELTA TW

Dúas xogadoras do Celta dan positivo en COVID-19

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Xogadoras do Celta Zorka Recalvi / CELTA TW

Dúas xogadoras do Celta dan positivo en COVID-19

21/01/2021
Cidade de As Burgas

O Cidade de As Burgas será o único galego que dispute a undécima xornada

21/01/2021
Viaxes Amarelle FSF vs Ourense Envialia / SABELA MOSCOSO

Un positivo no Ourense Envialia obriga a confinar a todo o equipo

21/01/2021
Celta vs Rosalía / ROSALÍA FEDESA

Cortegada e Celta cítanse en Vilagarcía

21/01/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balomán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.