• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O BAXI lévase o primeiro duelo galego do 2021 ante un duro Arxil

As ferrolás venceron ao CB Arxil, que logrou tratar de ti a ti ás líderes da LF2

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
04/01/2021
en Liga Feminina 2 Basket, Baloncesto
CB Arxil vs BAXI Ferrol que avanza con paso firme na LF2/ UNIVERSITARIO FERROL

CB Arxil vs BAXI Ferrol / UNIVERSITARIO FERROL

109
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O ano 2021 comezou forte na Liga Feminina 2, cun duelo galego que enfrontaba ao BAXI Ferrol e ao CB Arxil. Dous equipos fortes, con obxectivos dispares para esta tempada. Malia que a táboa clasificatoria non refrexa a igualdade que se puido ver na pista, o cadro pontevedrés plantoulle cara ás invictas locais, que sumaron outra vitoria cun 81-60 final. O equipo da cidade departamental continúa líder, sen coñecer a derrota e á fronte da táboa.

Ambos conxuntos chegaban con traxectorias distintas ao partido. As ferrolás aínda non coñecen a derrota, e suman tras o choque coas de Pontevedra un triunfo máis. Atesoran xa un pleno de 14 vitorias no seu peto. Teñen vencido a todos os rivais que se lles puxeron por diante no que vai de tempada. En moitos casos con diferencias de puntación enormes. Desta forma, e con 28 puntos, son as líderes da clasificación.

BAXI Ferrol / UNIVERSITARIO FERROL
BAXI Ferrol / UNIVERSITARIO FERROL

Pola súa banda, o Club Baloncesto Arxil non canta vitoria tan a miúdo. As de Pontevedra sitúanse na parte baixa da táboa, con 14 puntos de 26 posibles, ao acumular só tres vitorias e oito derrotas, nove tras perder fronte ao BAXI Ferrol.

O CB Arxil, primeiro equipo en adiantar ao BAXI na Malata

O conxunto dirixido por Maite Méndez tiña claro que o obxectivo da xornada era dar a sorpresa en A Malata. E en certa medida, conseguírono. Fixeron un primeiro cuarto moi bo. De tal xeito que, as visitantes, lograban nese primeiro período tratar de ti a ti ao rival máis duro da Liga.

Lino López (adestrador do BAXI): “En ataque non estivemos cómodas xogando”

As de verde tiñan claro que para frear ao BAXI Ferrol a chave pasaba por non deixarlles crear ocasións de tirar a canastra e así o fixeron. O adestrador ferrolán, Lino López, recoñecía no post partido ante os medios que as pontevedresas lles tiña “sobrepasado moitas veces en situación de presión e en ataque non estivemos cómodas xogando”.

Inesperadamente, o duelo era un vaivén de puntos e as canastras de Garí tiñan a resposta no dúo Forster-Lago. Desta forma, tras lograr o empate 15-15, as pontevedresas lograron cun tiro máis levarse o primeiro cuarto. Era a primeria vez que un equipo visitante na Malata poñíase por diante do BAXI Ferrol , o terceiro contando ao Celta e Ardoi nas súas pistas.

Un pulso constante, ata o último cuarto

Para o segundo tempo, as xogadoras de Méndez seguiron demostrando que o resultado non era un golpe de sorte e que tiñan moito que dicir na pista ante o líder. Un triple de Boquete e varias canastras de Ndoye e López mantiñan ao Arxil no xogo, malia as constantes situacións de perigo das locais.

Co apoio da afección na bancada, o BAXI Ferrol  viuse arriba e seguiu loitando pola remontada, que lograron, obrigando á adestradora das pontevedresas a pedir dous tempos mortos. A falta de 15 segundos das ferrolás xa ían por diante cun 35-32 no marcador, que aumentou a unha distancia de cinco puntos tras unha xogada de Laura Fernández e Dynn e canastra de Mungo.

Tras o descanso, o BAXI Ferrol demostrou porque ningún partido se lle escapa e mantivo unha concentración e presión que lle permitiría levarse o encontro. Cunha boa actuación de Dynn, Fernández e Mungo de novo, as locais puxéronse dez puntos por enriba das rivais.

Na segunda parte o equipo local conseguiu romper o partido, aínda que non sen ter que loitar moi duro por elo. Sen o acerto propio das súas xogadoras, as ferrolás si que conseguiron frear ás visitantes, que no terceiro cuarto soamente lograron anotar sete puntos.

Desta forma, cunha presión constante, o BAXI Ferrol logrou dominar por completo o encontro nos últimos dez minutos. O CB Arxil non foi quen de manter o ritmo e o nivel durante todo o partido, o que as castigou para os minutos finais. María Lago, MVP do partido, seguía tirando do conxunto verde pero a vitoria estaba cada vez máis lonxe.

O equipo dirixido por Lino López chegou así a obter unha vantaxe de 20 puntos, que xa non perdeu. Finalmente, o electrónico sinalaba un 81-60 dun duelo galego moi disputado sobre o parqué do pavillón da Malata.

Lino López: “Co partido roto o equipo segue pelexando e iso é clave”

Homenaxe a Jenna Allen, lesionada

Entre as filas do BAXI Ferrol non puido estar para esta xornada Jenna Allen, que segue de baixa por lesión. Pero si estivo desde a bancada, animando ás súas compañeiras, que lle devolveron todo o apoio e dérolle ánimos para superar esta etapa de recuperación logo de ser intervida cirurxicamente.

 

1 de 3
- +
Homenaxe a Jenna Allen, xogadora lesionada do BAXI Ferrol / UNIVERSITARIO FERROL
Homenaxe a Jenna Allen, xogadora lesionada do BAXI Ferrol / UNIVERSITARIO FERROL
Homenaxe a Jenna Allen, xogadora lesionada do BAXI Ferrol / UNIVERSITARIO FERROL

O encontro iniciouse cun recibimento a Jenna Allen por parte de equipo e afección ferrolá. O quinteto inicial recibiuna cunha camiseta co lema ‘O teu sorriso é a nosa forza’. Unha forza que lles serviu ás xogadoras locais para sumar outra vitoria máis, que lle adicaron á xogadora americana.

Podes revivir a homenaxe á baloncestista do club ferrolán nesta ligazón.

Jenna Allen supera con éxito unha operación no tendón de Aquiles

“Jenna é unha baixa moi importante para nós a nivel deportivo pero sobre todo a nivel persoal. Que nuha xogadora americana cale tan fondo na afección, no equipo e no club fala moito e ben da súa calidade humana e do seu traballo”, declaraba o seu adestrador, Lino López, en rolda de prensa ante os medios de comunicación.

O técnico do conxunto ferrolá admite que a americana é vital no cadro que prepara e asegura que “só podo ter palabras de agradecemento con ela. A botamos en falta cada día, en cada adestramento”.

Sin duda la gran protagonista del partido de ayer fue Jenna Allen, homenajeada por equipo y afición. Gracias por vuestro apoyo y colaboración.#TuSonrisaNuestraFuerza

Podéis revivirlo aquí 👇https://t.co/tmSYVRLcVK#DISFRUTARdelCAMINO #LF2 pic.twitter.com/stAGncPTnR

— Baxi Ferrol (@UniFerrol) January 4, 2021

FICHA TÉCNICA

81 ) BAXI FERROL: Laura Fernández (3), Geraldyn Leaupepe (14), Irene Garí (11) Mungo (6) e María Aijanen (12) –cinco inicial-. Tamén xogaron: Patricia Cabrera (8), Patricia Benet (4), Natalia Rodríguez (3), Andrea Boquete (10) e Sune Swart (10).

60 ) CB ARXIL: Fernández (4), Lago (18), Díaz-Pache (4), Forster (3) e López (4) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Vázquez (-), Masía (2), Moreira (4), Ndoye (4) e Castro (17)

PARCIAIS: 15-17, 22-15, 18-7 e 26-21.

ÁRBITROS: Elio Claveria e Iris Díaz.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á xornada 14 da Liga Feminina 2, disputado na pista polideportiva municipal de A Malata no Concello de Ferrol.

Etiquetas #ArxilA MalatabaloncestobasketbaxiBaxi FerrolCB ArxilFerrolJenna AllenLF2liga femenina 2liga feminina 2Lino LópezMaite MéndezPontevedra
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Celta Femxa Zorka milita na LF Challenge / CELTA BALONCESTO IG

O Celta Femxa Zorka suma un novo triunfo na LF Challenge ao imporse 68-78 ao C.B. Sanfeliuenc

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

O Celta Femxa Zorka impúxose ao C.B. Sanfeliuenc (68-78) e acadou unha nova vitoria, a 12.ª no que vai de...

Canastra baloncesto / SABELA MOSCOSO

Paso adiante do Maristas Coruña e do Mariscos Antón Cortegada na xornada 12 da LF2

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

  O Maristas Coruña asinou unha contundente vitoria na casa fronte ao Smartlog Ointxe (87-64), mentres que o Mariscos Antón...

O Celta Femxa Zorka milita na LF Challenge e está adestrado por Cristina Cantero / CELTA BALONCESTO IG

Nova vitoria do Celta Femxa Zorka (74-57)

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

O Celta Femxa Zorka sumou a súa décima vitoria consecutiva da tempada fronte ao Domusa Tecnik ISB (74-57), aínda que...

O C.B. Arxil milita na LF2 / C.B. ARXIL IG

Mala sorte para os galegos na 11.ª xornada da LF2: Mariscos Antón Cortegada, Maristas Coruña e CB Arxil caen

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

A xornada 11ª estivo marcada por malos resultados acadados polos tres conxuntos galegos que compiten na LF2. O Mariscos Antón...

AD Cortegada, LF2/ AD CORTEGADA IG

Os equipos galegos deixan o seu selo na LF2 coas vitorias do Maristas (77-65) e o Cortegada (70-64) e a derrota do Arxil (77-68)

por Redacción As Nosas
09/12/2025
0

  Foi unha xornada de contrastes para os equipos galegos presentes na Liga Femenina 2 (LF2). O Maristas Coruña continúa...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.