O BAXI Ferrol disputa mañá domingo, ás 12.00 horas, no pavillón de Zizur Maior de Pamplona, o encontro da novena xornada da Liga Feminina 2 ante o Ouses Construciones Fundación Navarra Baloncesto Ardoi .
O conxunto ferrolán tratará de manter a imbatibilidade e distanciarse en dúas vitorias do seu adversario, que onte sufriu a súa primeira derrota no encontro que tiña aprazado ante o Ausarta Barakaldo.
O equipo departamental poderá dispor de todas as xogadoras para este enfrontamento e espera manter a boa liña dos últimos partidos para superar ao seu adversario.

En fronte, o cadro ferrolán vaise a atopar cun rival co seu mesmo obxectivo de loitar polo ascenso de categoría. Lino López comenta que “é un equipo cun plantel amplo, con boas exteriores que anotan e xeran moito xogo e interiores moi experimentadas como Ammia Gastaminza e a arxentina Diana Cabrera. É un equipo que sabe buscar moi ben as súas vantaxes”.
Lino López, adestrador do BAXI Ferrol fala do rival Ouses Construciones Ardoi: “”é un equipo cun plantel amplo, con boas exteriores que anotan e xeran moito xogo e interiores moi experimentadas como Ammia Gastaminza e a arxentina Diana Cabrera”

O BAXI quere seguir medrando
O equipo ferrolán do Universitario tratará de seguir mantendo unha gran defensa e o seu técnico Lino López recoñece que “esta semana as xogadoras traballaron moi ben e están mentalizadas da importancia do partido ante un rival directo, para seguir crecendo como equipo”.
Lino López, adestrador do BAXI Ferrol: “As xogadoras están mentalizadas da importancia do partido ante un rival directo, para seguir crecendo como equipo”
HORARIOS DA 9ª XORNADA DA LF2
SÁBADO
- 19:00 GDKO Ibaizabal – Extremadura Miralvalle 47-57
- 20:00 ADB Avilés – Maristas Coruña 60-49
DOMINGO
- 10:15 (hora insular) Vega Lagunera Adareva – AD Cortegada
- 11:00 Azkoitia Azpeitia ISB – CB Arxil
- 11:30 (hora insular) Magectías CVG – Celta Zorka Recalvi
- 12:00 Osés C. Ardoi – Baxi Ferrol
- 12:30 HGB Ausarta Barakaldo – Ulla Oil Rosalía