• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

O Baxi Ferrol queda ás portas de ser campión de inverno

Movistar Estudiantes púxollo difícil as de Lino López. O Celta e o Arxil tamén perde. E o Cortegada, por fin, ve a vitoria.

Patri Campos por Patri Campos
14/12/2019
en Liga Feminina 2 Basket, Baloncesto
O Baxi Ferrol perde na Malata ante o Movistar Estudiantes

O Baxi Ferrol perde na Malata ante o Movistar Estudiantes/ Redacción As Nosas

97
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

A xornada 11 da Liga Feminina 2 deixa estragos nos equipos galegos, agás no caso do Cortegada. Na Malata non poideron celebrar facerse co campionato de inverno (o Baxi Ferrol perdou contra o Movistar Estudiantes). O Celta Zorka Recalvi e o Arxil non consegue a vitoria na capital. Mentres, a cara da xornada púñaa a AD Cortegada. As xogadoras que adestra Rubén Domínguez, tras dous partidos na corda frouxa, gañaron na casa.

 

Madrid deixou un sabor agridoce o Celta Zorka Recalvi

Segunda derrota na doble cita na capital. O Celta Zorka Recalvi non foi capaz de superar ó Laboratorios Ynsadiet Leganés. Aínda que gañaran os dous últimos cuartos, a vitoria escorregoúselle as viguesas (72-58).

De primeiras, tanto as viguesas como o Laboratorios Ynsadiet ían a saír a por todas no encontro. O Celta Zorka Recalvi comezou cunha pequena vantaxe no marcador. As tornas viraron logo de tres minutos. As de Leganés apertaron na defensa e foron superiores (21-15). No segundo tempo, a segunda máxima anotadora da Liga Feminina 2, Imani Tate, foi facer dano co seu tiro. Isto fixo que pecharan un parcial de 23 a 12 antes do descanso (44-27).

As de Cristina Cantero saíron na segunda metade con outra mentalidade. Melloraron na defensa, na posesión do balón e aproveitaron os erros das locais para gañar o terceiro tempo (13-15). O tiro da liña de 6,75 metros foi un pesadelo para o Celta xa que de 22 tiros só anotaron catro. E tamén, a parella das rivais formada por Rakovic e Pikcuite, que xunto o resto do equipo cambiaron as tornas e deron a vitoria o Laboratorios Ynsadiet Leganes.

O Laboratorios puxérase por diante na táboa. Antes do encontro o Celta era quinto e as madrileñas, oitavas. Tras esta fatídica semana en Madrid o Celta Zorka Recalvi viaxará de novo antes do parón de Nadal.  Esta vez a Aviles, contra o ADBA, a Agrupación Deportiva de Baloncesto de Avilés (o sábado 21 de decembro, ás 20.00 horas).

FICHA TÉCNICA

LABORATORIOS YNSADIETE LEGANES: Imani Tate, Esther Moreno, Kristina Rakovic, Lina Pikcuite, Alba Prieto—quinteto inicial—, Paloma Dorda, Sara Sánachez, Sara Zaragoza e Victoria Viñe.

CELTA ZORKA RECALVI: Iciar Germán, Tamara Montero, Anne Senosiain, Elo Edeferioka , Breanna Richardson —quinteto inicial—, Celia García, Noa Comesaña, Lucia Fontela, Maria Barneda e Ainhoa Lazorzana.

PARCIAIS: 21-15, 23-12, 13-15, 15-16

 

O Arxil non é capaz de rachar coas derrotas

Cinco derrotas consecutivas leva o Arxil no que vai de Liga. As de Maite Rodríguez non puideron facer nada contra o Sinergia Real Canoe N.C. (76-61).

No primeiro tempo o Sinergia Real Canoe foi superior. As de Pontevedra non estiveron acertadas no tiro ata que atoparon a maneira de anotar. Heather Forster foi a encargada de recortar a distancia no marcador. Pero, xa no segundo tempo, os tiros de tres do Sinergia foron a combinación perfecta para alonxarse no marcador.

Tralo descanso, as de Pontevedra volvían a intentalo. As madrileñas seguían por riba no electrónico. Pero as xogadoras de Maite Rodríguez comezaron a recortar distancias grazas as canastras, unha vez máis, de Forster. Pecharon un parcial máis cerca da vitoria. Os últimos dez minutos foron a clave do partido. O Arxil estivo moi preto do Sinergia. Exactamente, a catro puntos. As de Madrid volveron a retomar o control do xogo e afastáronse das xogadoras pontevedresas en 15 puntos.

O Arxil está máis cerca dos postos de descenso. A vindeira semana xogarán de novo un partido complicado. Haberá duelo de rivalidade galego xa que reciben no Estadio da Xuventude a A.D. Cortegada.

FICHA TÉCNICA

SINERGIA REAL CANOE N.C.: Lucía Rodríguez, Rocio Torcal, Emilia Ferreira, Esther Diaz, Macarena Roldan —quinteto inicial—, Sandra Leal, Irene Zabala, Raquel García, Paula Santolaya, Irene Baeza e Silvia Blanco.

C.B. ARXIL: Carla Fernández, Maria Rosendal, Maria Lago, Cristina Diaz-Pache, Heather Marie Forster —quinteto inicial—, Aldara Vazquez, Adriana Aparicio, Noa Casalderrey e Margarita Moreira.

PARCIAIS: 25-17, 18-17, 16-18, 17-9

 

O Movistar Estudiantes sae vitorioso na Malata

As xogadoras de Lino López non poden celebrar os quinientos partidos en competicións FEB coa sua afición na Malata. Perderon por tan só seis puntos de diferencia contra o líder da Liga Feminina 2, o Movistar Estudiantes (55-61). O que fai que o equipo madrileño sexa o campión de inverno.

Leaupepe, xogadora do Baxi Ferrol, animándoo o equipo
Leaupepe, xogadora do Baxi Ferrol, animándoo o equipo/ Redacción As Nosas

Desde os inicios do partido o Baxi Ferrol estivo moi igualado o conxunto madrileño. Comezaron con moito ritmo e tanteándose mutuamente. As ferrolanas levaron a iniciativa no marcador pero sen moita diferencia. Mais un triple do Estudiantes, puxo fin o liderato do Baxi. E xa no segundo tempo, todo foi distinto. O equipo de Madrid viviron os mellores momentos ofensivos e vían máis cerca a vitoria. Lino López percatouse da situación e puxo en alerta as súas xogadoras o que fixo que o final da primeira metade recortaran as distancias (30-34).

Na segunda metade, o plantel da cidade naval non soupo xestionar o encontro. A pesar de que estiveron moi cerca do Movistar Estudiantes. Pero, estas, souberon xestionar a falta de precisión no tiro do Baxi no último cuarto. E un triple das xogadoras de Alberto Ortego fixo que as locais xa non seguiran na loita.

Polo tanto, o Baxi Ferrol cae a terceira praza na clasificación. O Movistar Estudiantes segue líder con nove vitorias en racha. O sábado (21 de decembro, ás 19.30 horas) as ferrolás volven a pista pero esta vez en León contra o Patatas Hijolusa.

FICHA TÉCNICA

BAXI FERROL: Macy Miller, Tamara Kapor, Marta Tudanca, Jenna Allen, Suné Swart—quinteto inicial—, Patri Cabrera, Graldynn Leaupepe, Maria Torreblanca e Maria Aijanen

MOVISTAR ESTUDIANTES: Mariana González, Maria Espin, Laura Marcos, Leslie Knight, Judy Jones —quinteto inicial—, Aitana Cuevas, Cristina Mato, Irene San Roman, Andrea Malanda e Gracia Alonso

PARCIAIS: 13-14, 17-20, 10-15-15-12.

O Cortegada consegue de novo a vitoria

Tras dous partidos na corda frouxa, o AD Cortegada foi capaz de alzarse coa vitoria. O Pavillón de Fontecarmoa foi o encargado de velo medir forzas contra o pechecancelas, o CB Pozuelo UFV (70-58).

Once partidos levan xa sen coñecer a vitoria as rapazas do CB Pozuelo UFV. O último o sumaron xustamente na cancha das xogadoras de Rubén Domínguez. Pero non llo puxeron nada doado e loitaron por rachar coa súa tendencia negativa ata o último cuarto.

O Cortegada sae vitorioso ante o colista
O Cortegada sae vitorioso ante o colista/ AD. Cortegada

O pechecancelas buscaban ante todo poñerlle fin a ese pesadela que reviven xornada tras xornada dende o primeiro partido xogado na Liga Feminina 2. Nesa teima, estiveron presionando as xogadoras do AD Cortegada todo o partido para compricarlles a vitoria. No primeiro tempo só deixaron que as de Pontevedra gañaran de catro puntos. E nos seguintes 20 minutos, o Cortegada vía lonxe poder levarse o partido. As pontevedresas souberon xestionar moi ben o xogo para desmarcarse no último cuarto. No cal gañaron con unha diferencia de once puntos (21-10)

A AD Cortegada segue cerca dos postos de descenso. Só ten por debaixo o ADBA, e o seu rival desta semana. Para a que ven, xogan fóra da casa pero non moi lonxe. O C.B. Arxil será o seu rival (o sábado 21 de decembro ás 19.30 horas) na última xornada da primeira volta da Liga.

FICHA TÉCNICA

A.D. CORTEGADA: Andrea Rios, Patricia Vicente, Cristina Loureiro, Miriam García, Michelle Jones —quinteto inicial—, Nuria Choren, Zeltia Presas, María González e Irene Montenegro.

AEDAS HOMES CB POZUELO UFV: Inés Maruri, Sofía Gaos, Laura Martínez, Laura Velasco, Cristina Martínez —quinteto inicial—, Vega López, Carolina Coello, Rapaluchi Ayodele, Rebeca García e Paloma González.

PARCIAIS: 15-11, 18-20, 16-17, 21-10

Etiquetas #Arxilad cortegadabaloncestoBaxi FerrolCelta Zorka Recalviliga feminina 2
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.