A última ‘vítima’ do BAXI Ferrol foio Azkoitia Azpeitia, que chegaba ao cruce con cinco partidos gañados de xeito consecutivo, trece en total neste campionato. As de Guipúzcoa, terceiras clasificadas, tampouco foron quen de tumbar ás ferrolás e caeron derrotadas 89-49
Parece que esta tempada ninguén é capaz de frear ao BAXI Ferrol no seu grupo volveuse a demostrar cunha vitoria contundente ante o terceiro clasificado, Azkoitia Azpeitia. Só o Barça CBS no Grupo C da Liga Feminina 2 é quen de seguirlle o ritmo a un BAXI Ferrol que conta todos os seus partidos neste curso ligueiro como trunfos. 18 vitorias de 18 partidos. Pero as galegas nesa comparación, as galegas son mellores xa que o seu basket average supera ao das catalás.

Moi pronto se marchou no marcador o equipo ferrolán, que volveu mostrar unha gran intensidade defensiva para roubar moitos balóns e anotar na canastra rival, chegando ao final do primeiro cuarto cun claro 22-7.
Nos primeiros minutos do segundo parcial, a escuadra departamental mostrouse bastante errática en ataque, o que aproveitou o seu rival para recortar a desvantaxe até o 24-15, aínda que as pupilas de Lino López reaccionaron e chegaron ao descanso cun 36-16.
Na continuación, a vantaxe foise aumentando aos poucos, cun conxunto vasco que empezaba a notar o cansazo do forte ritmo ao que lle obrigaba a xogar o seu rival, e iso favoreceu que a vantaxe se incrementase até finalizar cun 58-31.
No dez últimos minutos, o BAXI Ferrol foi unha apisoadora en ataque, con especial protagonismo para Patri Cabrera, con catro triplos en catro ataques consecutivos, que levaba a que o encontro terminase coa décimo oitava vitoria da escuadra departamental, que ve máis preto a clasificación para a fase de ascenso.
Cabe destacar o debut da americana Brooke Salas, que demostrou o seu potencial, a pesar de que se ten que adaptar á maneira de xogar do equipo e coller o mesmo ritmo que as súas compañeiras, xa que levaba máis dun mes sen disputar un partido.
Mira aquí a galería de imaxes do partido entre BAXI Ferrol e Azkoitia Azpeitia
FICHA TÉCNICA
89) BAXI FERROL: Brooke Salas (12), Laura Fernández (-), Gari Gilabert (11), Leaupepe (21) e Aijanen (7) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Patricia Cabrera (20), Julieta Mungo (4), Patricia Benet (4), Andrea Boquete (2) e Sune Swart (8)
49) AZKOITIA AZPEITIA ISB: Sara Iparragirre (9), Saioa Altzaga (-), María Otaegi (1), Effa (9) e Primm (13) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Ainhoa Aranbarri (2), Intza Lizarazu (-), Alazne Lizundia (13) e Paula Sanjuan (2).
PARCIAIS: 22-7, 14-9, 23-15 e 30-18
ÁRBITROS: Manuel Andrés Seijo Vázquez e Andrés Esteban Domínguez.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á 18ª xornada na Liga Feminina 2 (LF2) disputado no Pavillón Municipal da Malata (Ferrol), sen público debido ás restricións de aforo provocadas pola situación sanitaria en Galicia.