As ferrolás do Baxi e as compostelás do Ulla Oil Rosalía mediron forzas sobre a cancha en partido da Copa Galicia de Baloncesto. As da Cidade Departamental impuxéronse as santiaguesas por un marcador de 52-71. O cruce disputouse no Instituto Rosalía de Santiago.
Por parte local, xustamente 200 días despois o senior feminino do Ulla Oil Rosalía volveu disputar un partido de competición tras o parón obrigatorio motivado pola pandemia de COVID-19. Tocoulle un oso duro de roer na Copa Galicia, o BAXI Ferrol que esta tempada, na LF2, márcase como obxectivo o ascenso á liga Feminina Endesa.
Contan desde o club compostelán que o Rosalía non puido contar para este inicio de tempada coa súa única estranxeira, a brasileira Leticia Soares. Ao final, as de Chiqui Barros deron a cara ante un rival complicadísimo e, mesmo, permitíronse o luxo de se levar ao peto os dous últimos cuartos do partido.
FICHA TÉCNICA
ULLA OIL ROSALÍA: Carla García (5), Nuria Chorén (14, 4 triplos), Sara Corredoira (8, 2 triplos), Nerea Liste (9), Clara Rise (10) -cinco inicial-, Ana de Matías (3, 1 triplo), Sarai Carro (3, 1 triplo), Paula Rivas (-), Ángela González (-), Branca Manivesa (-), Marta López (-) e Alba Rama (-).
BAXI FERROL: Laura Fernández (5), Irene Gari (14), Patri Cabrera (3), Andrea Boquete (5), Anniina Aijanen (7) – quinteto inicial – Julieta Mungo (3), Dynn Leaupepe (14), Patricia Benet (6), Natalia Rodríguez (11), Jenna Allen (2), Sonia Bra e Carla Peña (2).
PARCIAIS: 10-20, 11-24, 14-13 e 17-14.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á 2ª xornada da Copa Galicia senior feminina (Grupo Norte) disputado npavillón do instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Antes do comezo do partido o Club tivo un detalle coas xogadoras que a tempada pasada terminaron en 1ª posición do grupo noroeste da 1ª Nacional, conseguindo con iso o ascenso a Liga Feminina 2. Ademais, o Uni Ferrol mostrou dúas pancartas lembrando ás súas dúas penas, Ruxidos de Esteiro e Patriple.