• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Baloncesto Liga Feminina Basket

BAXI e Ensino marchan á prórroga nos seus partidos con distinto desenlace

As ferrolás perderon no segundo tempo engadido pola mínima e as lucenses reencontranse coa vitoria

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
22/02/2022
en Baloncesto, Liga Feminina Basket
BAXI e Ensino marchan á prórroga nos seus partidos con distinto desenlace / REBECA FERNÁNDEZ ENSINO

Ensino vs Tenerife / REBECA FERNÁNDEZ ENSINO

104
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Xornada de cara e cruz para as galegas da LF Endesa. BAXI Ferrol e Durán Maquinaria Ensino atópanse na zona baixa da clasificación, pero o seu xogo é dun nivel superior. Os dous equipos chegaron á prórroga nos seus partidos (dous tempos extras no caso das ferrolás), pero só as lucenses sumaron os dous puntos.

Estas recibían en casa ao Tenerife, que precisamente gañara ao BAXI días antes. As canarias eran tamén un rival directo para as xogadoras adestradas por Fernán Varela e as lucenses lograron in extremis unha vitoria vital por un 75-74.

Menos sorte tiveron en Ferrol, onde as universitarias tamén se xogaban dous puntos importantes para saír do pozo. Outra vez máis, as xogadoras de Lino López deron un espectáculo na pista, forzando a prórroga, pero sen obter recompensa. O BAXI caeu ante o Euskotren por un 86-89.

O Pazo levou ao Ensino á vitoria

O Durán Maquinaria Ensino recibía no Pazo a outro equipo da cola, o Tenerife, nun duelo no que a afección foi a sexta xogadora. Arroupadas polo público, as lucenses sacaron forzas para un tempo extra que remataría en vitoria local.

Desde os primeiros minutos, o encontro destacou pola intensidade de ambos bandos. Van den Adel nas galegas lideraba a puntuación, aínda que Raksanyi e as visitantes non se quedaban atrás. Aproveitando os tiros de tres da 10 e de Aliaga o Ensino tomou vantaxe, pero o cuarto rematou co Tenerife pisándolle os talóns nun 26-21.

No segundo tempo, as galegas seguiron apostando polos tiros exteriores para aumentar distancias, pero as canarias aproveitaron os tiros libres e baixo o aro para darlle a volta ao marcador e colocarse por diante. Ocete e Gorecki adiantaban ás súas para deixar o partido no 36-39 no descanso.

Despois da reanudación, de novo Van den Adel abría a lata galega, con dous tiros libres tras a falta de Plaisance. Ata pasado o ecuador deste cuarto, o marcador apenas mudou debido á intensidade defensiva dos dous conxuntos. Pasados os minutos, o Ensino aumentou a presión en ataque, pero sen lograr reducir distancias os últimos dez minutos chegaron cun axustadísimo 53-56.

A tensión podía palparse no Pazo, onde a afección apoiaba ás lucenses desde a bancada. Van den Adel e Aliaga apretaban para a remontada desde o tiro exterior, mentres que Montenegro e Hruscakova anotaban para as visitantes. As locais seguiron apurando as súas posibilidades, ata lograr facer o 67-67 con catro tiros libres case sobre a bucina final, levando o partido á prórroga.

O tempo extra comezou de cara para as galegas, cun triplo de Chatrice White, devolvendo o dominio do luminoso ao Ensino. As locais lucíanse na defensa, evitando que o Tenerife se recuperara do golpe. As canarias conseguiron anotar ata devolver o empate, pero un tiro de Lizarazu deulle finalmente á vitoria ás galegas por un 75-74.

Dous puntos moi necesarios para un Durán Maquinaria Ensino que despois de recuperar a moitas das súas xogadoras aínda ten por diante o reto de alonxarse dos postos de descenso.

⏰ FINAL FINAL FINAL ‼️‼️‼️‼️‼️

Victoria en la prórroga. Victoria de equipo, gracias Pazo‼️‼️‼️‼️‼️

Jornada 21 🏆#LFEndesa

Ensino Lugo 7️⃣5️⃣@CBClarinos 7️⃣4️⃣

📸 Rebeca Fernández @rebeca_1826
📲 Twitter @EnsinoLugoCB pic.twitter.com/eEPh2rkxDV

— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) February 20, 2022

O triplo de Natalia Rodríguez forzou a prórroga na que o BAXI non afianzou o triunfo

O outro club galego da máxima categoría, o BAXI Ferrol, tamén disputaba en casa un duelo que precisaba vencer para romper o mal momento deportivo. Con todo, a sorte non acompañou ás de Lino López.

A Malata recibía ao sexto clasificado na táboa e foi testemuña dunha gran actuación das ferrolás. Así, as universitarias saíron enchufadas ao parqué, e nos primeiros intres dominaron o partido, adiantando ao equipo no marcador sendo superiores nos tiros. Ivanovic e Swart destacaban coas súas canastras, ás que se uniría Natalia Rodríguez coa súa entrada pasado o ecuador do primeiro cuarto. O Euskotren perdía fole co paso dos minutos, e as ferrolás aproveitaron a situación para ampliar vantaxe antes do remate do tempo nnu 27-21.

No segundo cuarto, o colchón de puntos obtido polas galegas foi dobremente valioso, ante un conxunto rival que aumentaba o nivel para reducir distancias. O poder cambiaba constantemente de mans, pero as universitarias, apoiadas polo público, non baixaban os brazos. Unha impresionante Rodríguez non perdoaba desde o triplo, mantendo ao seu equipo no partido malia os puntos que as vascas sumaban desde o tiro libre. O descanso chegou co marcador no 44-38.

O paso por vestiarios reactivou ao Euskotren, que saltou á cancha disposto a levarse o partido. Incrementando os tiros ao aro, as visitantes lograban adiantarse da man de Cox e Alou, protagonistas no cadro visitante. Neste cuarto o BAXI non foi quen de manter o nivel demostrado na primeira parte, e viu como as contrincantes inclinaban a balanza ao seu favor antes do derradeiro cuarto.

Pero o tesón das ferrolás fixo que o cuarto non fora o último tempo do partido. Despois dos golpes recibidos no terceiro tempo, o equipo de Lino López volveu ao ataque cun xogo coral que inmobilizaba ás vascas á vez que recuperaba o terreo perdido no marcador. A falta duns escasos 30 segundos para o final, Natalia Rodríguez fixo un impresionante triplo que levaba o duelo á prórroga.

A intensidade do encontro seguiu no tempo extra, e o balón cambiaba rapidamente de mans, sen designar a un líder na pista universitaria. De novo en empate, o BAXI xogábase o partido ao límite, e volveu asinar unha fazaña. Carmen Grande estivo a piques de dar a vitoria ás galegas, pero o seu tiro non tocou a rede e foi necesario un novo cuarto para desempatar.

Finalmente, a vitoria escapóuselle unha vez máis ás universitarias, que viron como o triunfo ía para o Euskotren por un axustado e inxusto 86-89.

Etiquetas baloncestobasketbaxiBaxi FerrolDurán Maquinaria EnsinoEnsinoEnsino LugoFerrolLF EndesaLugo
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Lino López, un dos premiados na basketgal xunto Baxi Ferrol / WYKAZSZKOWSKI

A Federación Galega de Baloncesto presenta aos premiados da Gala ‘Basketgal 2025’

por Redacción As Nosas
06/06/2025
0

  A Federación Galega de Baloncesto xa ten a lista de persoas galardoadas que recibirán a súa homenaxe o próximo 11 de xuño na...

O concelleiro Jorge Bustos no pavillón municipal / CONCELLO DE LUGO

Abre o prazo para que clubs e asociacións deportivas federadas soliciten ao Concello de Lugo utilización gratuíta das máis de 30 instalacións municipais

por Redacción As Nosas
15/05/2025
0

As entidades deportivas do Concello de Lugo poderán presentar as súas peticións para o uso de balde de instalacións municipais,...

Lugo acolle o Campionato de España Júnior feminino de voleibol / CV ARENAL EMEVÉ

Lugo convértese no epicentro do voleibol estatal co Campionato de España Júnior Feminino 

por Redacción As Nosas
13/05/2025
0

  O Campionato de España Júnior Feminino de voleibol celebrarase en Lugo xuntando ao 32 mellores equipos do país e...

Paula Ginzo e Menor na Deputación de Ourense | Imaxe: Deputación de Ourense

Paula Ginzo é recibida polo presidente da Deputación de Ourense tras os seus éxitos máis recentes

por Martín Pais
07/05/2025
0

A xogadora de baloncesto internacional Paula Ginzo, actualmente nas filas do C.B. Jairis, foi recibida esta mañá polo presidente da...

Plantilla do Baxi Ferrol 2024-25 que xoga a Eurocup / UNIVERSITARIO FERROL

EUROCUP 24-25 | O Baxi Ferrol, a pola historia con maiúsculas do baloncesto galego

por Martín Pais
02/04/2025
0

Hoxe é o día para facer historia, con maiúsculas. Unha xornada para escribir con letras douradas no libro do deporte...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

09/07/2025
Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

09/07/2025
A Xunta pide un "trato igualitario" para os padexeiros galegos Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo "ante as situacións inxustas que están a vivir" dentro do piragüismo / XUNTA DE GALICIA

A Xunta pide un “trato igualitario” para Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo ante “as situacións inxustas que están a vivir” no piragüismo

09/07/2025
Jéssica Bouzas cae en oitavos de final / WIMBELDON

Jéssica Bouzas cae Wimbledon en oitavos de final ante Liudmila Samsonova

09/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.