Os conxuntos galegos do Viaxes Amarelle FSF que adestra Jorge Basanta, e Bembrive, que prepara Pitu, mediron forzas esta fin de semana no Pavillón da Sagrada Familia da Coruña. Foi un partido con ocasións repartidas, que empezou gañando o conxunto olívico e remontou o herculino. Saíu forte o Bembrive logo do descanso pero na recta final do choque o dominio foi para as locais que remataron por vencer 6-3.
Jorge Basanta: “Eran tres puntos pero tamén é certo que era un rival que nos viña predecendo na táboa. Creo que foi un gran partido para a xente que o puido vivir na bancada e tamén para nós que fomos quen de levármonos a vitoria”.
O equipo coruñés gañou pero tivo que remontar. O primeiro tanto foi das olívicas. Foron as herculinas algúns minutos por detrás no marcador electrónico do Pavillón Municipal da Sagrada Familia.
A este respecto o adestrador do Viaxes Amarelle FSF, Jorge Basanta, apuntaba: “Estabamos con defensas altas e fixéronnos un bo gol. Fixemos logo o máis difícil que foi logo poñérmonos por diante 3-1. Despois, unha falta de tensión e chegando ao descanso, recibimos o 3-2. Na segunta parte elas saíron a polo partido, empezaron moi ben. Nós non estivemos cómodas. Pero a partir do cuarto gol xa estivemos máis cómodas, controlamos máis o partido e, por sorte, non sufrimos tanto”.
Ver esta publicación en Instagram
Semana intensa con tres compromisos competitivos para as de Basanta
Ten ante si o Viaxes Amarelle FSF unha semana con varios partidos. O do Bembrive foi o primeiro pero queda a Copa da Raíña ante todo un Primeira División como o Marín FutSal que está facendo unha fantástica tempada no seu debut na elite.
Sobre ese cruce copeiro Jorge Basanta explicaba que nos adestramentos manexarán as cargas e lembraba que “por sorte” o equipo herculino conta cun “gran filial”. “O mércores temos Copa da Raíña con Marín FutSal, aquí na casa, Primeira División. E logo volvemos xogar outra vez na casa, así que dentro deses tres partidos desta semana o feito de xogar na casa danos tranquilidade”.
Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle: “Xogar os tres partidos desta semana na casa danos tranquilidade”
Do rival copeiro Jorge Basanta salientaba que o Marín FutSal “ten xogadoras con moita experiencia, moi contrastadas. Coido que atinaron coas fichaxes que fixeron. Están facendo unha gran tempada. Desexámoslles o mellor, pero xogamos contra delas o mércores e sempre queremos gañar”, advirte o adestrador do Viaxes Amarelle logo de recoñecer o nivel do contrincante na competición do KO.
Duelo de galegas no máis alto entre Viaxes Amarelle e Bembrive con triunfo coruñés (6-3)