• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

Barça CBS, primeiro rival do Celta Zorka Recalvi na fase de ascenso, un óso máis que duro de roer

Nos cinco partidos previos a estatística favorece ás celestes que sempre venceron ás blaugranas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
07/04/2021
en Liga Feminina 2 Basket, Baloncesto
O Celta Zorka Recalvi na viaxe rumbo a Leganés para xogar a fase de ascenso á Liga Feminina Endesa neste 2021 na que xogará contra o Barça CBS / CELTA BALONCESTO

O Celta Zorka Recalvi na viaxe rumbo a Leganés para xogar a fase de ascenso á Liga Feminina Endesa neste 2021 / CELTA BALONCESTO

96
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Xa está aquí a fase de ascenso á Liga Feminina Endesa. Leganés agarda a un Celta Zorka Recalvi que, ao igual que o BAXI Ferrol, o outro galego na cita, quere dar un paso máis e estar entre a elite estatal. O primeiro chanzo é meterse unha das dúas finais que se xogarán o domingo. Para iso hai que ser o mellor dun grupo no que as celestes comparten destino co Pacisa Alcobendas e Barça CBS. Xustamente coas blaugranas iniciarán a competición as galegas.

Mañá, xoves 8 de abril, arrinca a fase de ascenso a Liga Feminina Endesa en Leganés e ao Celta Zorka Recalvi tócalle empezar contra un rival complicado, o Barça CBS. Será as 20:00 no Pavillón Europa coa habitual emisión en directo de canalfebtv.

O Celta Zorka Recalvi xogará a fase de ascenso á Liga Feminina Endesa neste 2021 / CELTA BALONCESTO
O Celta Zorka Recalvi xogará a fase de ascenso á Liga Feminina Endesa neste 2021 / CELTA BALONCESTO

So un dos equipo do grupo no que está o equipo vigués accede a unha das dúas finais que terán lugar o domingo. No caso do Celta Zorka Recalvi, o conxunto que gane no seu grupo se medirá ao gañador do grupo 2 que está conformado por: Laboratorios Ynsadiet Leganés, Lima-Huerta Barcelona e Extremadura Miralvalle Plasencia.

A adestradora do conxunto celeste, tras 19 anos na cidade olívica, é xa “unha viguesa máis, vi progresar a cidade e estou medrando con ela. Poder vivir aquí fíxome mellor persoa”, dicía Cristina Cantero. Paseando por Vigo Vertical explicaba como ve aos conxuntos que serán os seus rivais nesta fase de ascenso á Liga Feminina Endesa

Sus impresiones sobre los rivales en la Fase, sus sensaciones tras 19 años en la ciudad…

🎥 Cristina Cantero, desde el corazón de Vigo 💙#VigoCidadeFermosa#VigoVertical#RSProvideo pic.twitter.com/t6O9GSqLHP

— CELTA BALONCESTO 💙 (@Celtabaloncesto) April 7, 2021

Ao respecto deste primeiro rival, destacan na web do Celta Baloncesto que o Barça CBS “confeccionou unha plantilla moi equilibrada. Un equipo sólido e baseado na solidariedade no seu xogo, con ampla rotación o que lle permite manter a intensidade defensiva ao longo dos 40 minutos. A diferenza de anteriores proxectos en que a mocidade predominaba no persoal, na presente tempada a experiencia pona xogadoras en momentos vitais de madurez deportiva xunto a outros elementos que tamén achegan jovialidad ao conxunto”.

En canto aos nomes propios do Barça CBS, destácase á súa máxima anotadora que é “Jessica Fequiere (13,3 puntos) vella coñecida da parroquia celeste tras un par de anos en Añares Rioja ISB. Ao seu lado a faceta anotadora compártea con Ainhoa López, que tras catro tempadas en Liga Feminina Endesa (Girona, Zamarat-2- e Ensino) retrocedeu un paso para afianzar o proxecto barcelonés. Os recursos ofensivos cataláns continúan no xogo interior no que destaca a montenegrina Kristina Rakovic, con pasado en Valencia, Bembibre e Leganés. Deste tridente sae o principal caudal ofensivo do rival celeste”.

🏀🔥SOM-HI!

🔜Fase ascens #LFEndesa

🔵🔴#ForçaBarça pic.twitter.com/ZsTA5ubi6a

— Barça CBS (@FCBbasket_fem) April 7, 2021

Non hai que esquecer que nas filas do Barça CBS milita unha xogadora formada na escuadra olívica: Marta Canella. Explican desde o Celta Baloncesto que a de Baiona “mostra a polivalencia do seu xogo e as súas características encaixan á perfección no brillante xogo barcelonés e é un factor que ten en conta Isaac Fernández, primeiro adestrador do Barça CBS. Tras moitas tempadas dirixindo á A.D. Cortegada (2004-09) retornou á súa cidade natal, primeiro no proxecto de Lima Horta Barcelona (2010-17) e posteriormente xa no proxecto actual do CBS (2017-). O técnico barcelonés é ademais un asiduo á selección nacional e se nada se torce, cumprirá o soño olímpico leste presente verán nos Xogos Olímpicos de Verán Tokyo2020″.

A estatística favorece ao Celta Zorka Recalvi nos cruces co Barça CBS

Os conxuntos do Barça CBS e Celta Zorka Recalvi xa se cruzaron os camiños nas tempadas 2017-18 e 2018-19. En todos os partidos disputados o conxunto vigués logrou vencer. Cinco foron os enfrontamentos xa que ao catro partidos de Liga Regular débese agregar o partido de playoff de ascenso disputado en Tenerife. Na xornada inaugural as celestes derrotaron na prórroga por 84 a 79 ás barcelonesas.

“Dúas xogadoras celestes do plantel actual disputaron aquel partido co Barça (Celia García e Lucía Fontela) mentres que polas catalás repiten tamén dúas xogadoras (Julia Rueda e Beatrice Carta)”, lembra na súa previa na  web do Celta Baloncesto Nano Ameneiro.

🏀 O @Celtabaloncesto ten un grupo moi complicado co @FCBbasket_fem e o @cbalcobendas #FaseFinalLF2
👉Así reflexiona a súa adestradora Cristina Cantero @Canteroosto

🎙️”Hai que competir ben, dar unha boa imaxe. É o grupo da morte e o Barcelona é o favorito…pero imos pelexalo” pic.twitter.com/36kjr1xkQ3

— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) April 7, 2021

Chega a hora da verdade para un BAXI Ferrol invicto

Etiquetas ascensobaloncestoBarça CBSbasketCelta Zorka Recalvifase ascensoLeganésLF2
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

Presentación do XII Torneo de Seleccións Autonómicas minibasket en Marín / FEGABA

O mellor minibasket de catro comunidades dáse cita en Marín no “XII Torneo de Seleccións Autonómicas”

por Redacción As Nosas
11/02/2026
0

O mellor minibasket de catro comunidades dáse cita en Marín no XII Torneo de Seleccións Autonómicas. Concello de Marín e Federación Galega...

canasta baloncesto

A FEGABA reactiva “Se protestas, non encestas”

por Redacción As Nosas
16/01/2026
0

"Se protestas, non encestas" é un proxecto pioneiro, que avaliou máis de 5.000 partidos na súa primeira edición, arrincará esta...

O Celta Femxa Zorka milita na LF Challenge / CELTA BALONCESTO IG

O Celta Femxa Zorka suma un novo triunfo na LF Challenge ao imporse 68-78 ao C.B. Sanfeliuenc

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

O Celta Femxa Zorka impúxose ao C.B. Sanfeliuenc (68-78) e acadou unha nova vitoria, a 12.ª no que vai de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.