• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Logo da Bandeira Reganosa en augas de Mugardos, Chapela-Wofco mantense líder

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
29/07/2023
en Máis Deporte
A traiñeira Chapela-Wofco levou a Bandeira Reganosa en Mugardos / LIGA LGT

A traiñeira Chapela-Wofco levou a Bandeira Reganosa en Mugardos / LIGA LGT

59
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

As tres traiñeiras que lideran as competicións da Liga Galega de Traiñeiras-Trofeo Xunta de Galicia atravesan un extraordinario semellan intocables a falta dun mes para o remate da temporada. Este sábado Ares sumou a súa sétima vitoria da temporada na regata da Liga celebrada en Vilaxoán, mentres que en Mugardos a invicta Chapela-Wofco prolongou a súa extraordinaria xeira triunfal na Liga Feminina e Muros-Esteira conquistou a súa cuarta bandeira desta campaña na Liga B.

A primeira división masculina desprazouse a Vilaxoán para competir pola XXVIII Bandeira de Vilagarcía. A undécima proba desta tempada disputouse en augas vilaxoanesas cun campo orientado cara a Vilanova, en lugar do tradicional campo cara a Vilagarcía.

Traiñeira e Mugardos-A Cabana Ferrol / LIGA LGT
Traiñeira e Mugardos-A Cabana Ferrol / LIGA LGT

Cun mar calmo e moita calor, comezaron a competición os catro últimos equipos clasificados da liga: Narón, Puebla, Cesantes-Rodavigo e Samertolameu-Fandicosta ‘B’. Precisamente a embarcación que partía polo carreiro número un foi a que chegou por diante á primeira referencia con 2 segundos de diferencia con respecto a Samertolameu, 5 por diante de Cesantes e 7 de Puebla.

A diferencia de dous segundos na cabeza mantívose na segunda virada, pero neste caso entre Narón e Cesantes, deixando aos de Meira a 7 e aos da Pobra a 15. Unha diferenza que quedou en nada na última virada, cando os de Redondela puxéronse á par dos de Narón, cunha vantaxe xa máis importante con respecto a Samertolameu e a Puebla. A quenda deu un xiro no último longo cando Cesantes conseguiu remontar a Narón e chegar por diante da embarcación do norte. Samertolameu finalmente quedou terceira e Puebla cuarta.

Na segunda manga partiron Mecos, Cabo da Cruz ‘B’, Chapela-Wofco e Rianxo. Como pasou a semana pasada, a embarcación de Chapela, que ten a vista posta en recuperar o seu posto na última quenda, volveu marcar un ritmo que non puideron seguir os seus rivais. Dende o principio e ata o final, a quenda a dominou Chapela, cumprindo co obxectivo marcado polo seu adestrador que declaraba trala bandeira “temos que apertar todo o que podamos na nosa manga para intentar superar aos rivais da última quenda”. 

Por detrás a batalla estivo entre a filial de Cabo e Rianxo, pero con Mecos seguindo moi próxima. As dúas embarcacións chegaron á par á primeira virada, pero a partir da segunda Rianxo colleu a dianteira, defendendo a posición ata o final e deixando aos de Cabo por detrás. Mecos tamén loitou, pero non puido achegarse ás embarcacións do Barbanza. Iso si, o tempo da Mequiña foi superior ao dos rivais da primeira manga.

Na quenda de honra partiron os favoritos: Ares, Castropol, Bueu-Simei e Tirán-Pereira. O líder da liga volveu a demostrar que nas últimas regatas está un punto máis forte que as súas rivais e púxose na cabeza dende a primeira referencia, aínda que seguida moi de preto polas tres traiñeiras. Ares continuou intentando escaparse dos seus rivais, pero as diferenzas mantíñanse con Castropol e Tirán que aguantaban por detrás. Bueu perdía terreo e os seus tempos melloraban por pouco os de Chapela na quenda anterior.

A situación foi similar na última virada e no último longo Ares certificou a súa sétima vitoria da tempada, terceira consecutiva. Segunda foi Castropol nun final apertado con Tirán. Os asturianos, que accederon hai poucas regatas á quenda de honra, están xa loitando por cotas maiores. Pechou a quenda Bueu, cun tempo peor que os da Arealonga o que lles fixo caer á quinta posición.

A estratexia saíu perfecta a Ares, como declaraba o seu adestrador ao final da regata “polo rumbo do campo, ao ir polo carreiro un, quixemos facer un primeiro longo forte para poñernos por diante e meter presión aos rivais”. Catro puntos a favor de Ares nesta bandeira con respecto ao seu maior perseguidor Bueu, ampliando xa a 11 puntos a diferenza na clasificación xeral da Liga A.

Chapela-Wofco volve gañar na Liga Feminina ao levar a Bandeira Reganosa

A quinta edición da Bandeira Feminina Reganosa disputouse a seis longos en augas de Mugardos e na sétima xornada da Liga Feminina non houbo lugar á sorpresa. A invicta Chapela-Wofco impuxo o seu ritmo dende o inicio e na primeira virada xa gozaba dunha vantaxe de 3” respecto a Mugardos-A Cabana Ferrol, unha diferenza que a metade da regata situouse nos 10”. Coas líderes destacadas á fronte da quenda raíña, a emoción centrouse na loita pola segunda posición. As locais, que conseguiran 5” de marxe sobre Rianxo na primeira referencia, vían no ecuador da proba como a Virxe da Guadalupe só estaba un segundo por detrás.

O pulso entre os dous equipos que tamén pugnan pola segunda praza na xeral da Liga Feminina rachouse a prol das anfitrioas no quinto longo, con Mugardos-A Cabana Ferrol ceabogando 6” antes que Rianxo e posteriormente superando as súas rivais directas por 10” na liña de meta. Por diante delas, Chapela-Wofco venceu por 13” e continúa co seu pleno de triunfos. A quenda de honra completouna Cesantes-Cefycal, que dende o segundo longo marcou mellores rexistros que as traiñeiras da primeira serie e obtivo a cuarta posición.

Antes de que remaran as catro primeiras da xeral, a quenda inicial resultou do máis vibrante. Castropol, que na segunda virada ía por detrás das súas rivais, comezou o último longo 1” antes que Salgado-Perillo e 5” por diante de Puebla. As asturianas resistiron no parcial definitivo, mentres que as da Pobra do Caramiñal quedaron a menos de 1” de remontar ante as de Oleiros, que conservaron o segundo posto na serie.

 

VII Bandeira Concello de Mugardos na Liga B

Cun formato diferente, en sistema de contra o reloxo, abriuse a tarde de remo en Mugardos coa quinta xornada da Liga B. As seis traiñeiras participantes na VII Bandeira Concello de Mugardos competiron na mesma quenda e os seareiros locais quedaron co mel nos beizos. Mugardos-A Cabana Ferrol perdeu 3” en relación á líder Muros-Esteirana no primeiro longo, pero deulle a volta á situación no segundo parcial, asinando o mellor rexistro con 3” de vantaxe.

A partir desa referencia, o conxunto que encabeza a xeral limou 1” en cada longo aos anfitrións, ata que comezaron o último empatadas a tempo. Esa igualdade decantouse na boias de meta a prol dos ‘visitantes’ por menos de 2”. Deste xeito, Muros-Esteirana encadeou o seu cuarto triunfo e amplía a 3 puntos o seu colchón á fronte da Liga B.

Ao mesmo tempo que as dúas primeiras da xeral se xogaban o triunfo, Chapela-Wofco ‘B’, Amegrove e Riveira protagonizaron unha axustada batalla polo terceiro posto. Os redondeláns ían co mesmo tempo que os grovenses e 2” máis lentos que os ribeirenses a metade da regata. A Pabliño perdeu forza no cuarto parcial e no seguinte foi Riveira a que non puido seguir o ritmo marcado pola filial, que acabou batendo por 6” aos do Barbanza. Tras este desenlace, Chapela ‘B’ iguala na terceira praza da xeral con Amegrove, que fixo quinta en Mugardos. A sexta posición correspondeu en todos os parciais a Salgado-Perillo.

Etiquetas Bandeira Feminina ReganosaChapela WofcoMugardosremotraiñeira
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Regata de barco dragón no Nautical Festival 2025 na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acolle este sábado a Regata de Dragóns, enmarcada no Nautical Festival 2025

por Redacción As Nosas
24/10/2025
0

  Este sábado A Coruña volverá situarse no mapa nacional da náutica coa II edición da Regata de Dragóns, que...

A tripulación do Chapela - Wofco recibindo a bandeira da Liga Galega feminina de Traiñeiras / LGT

Chapela – Wofco e Cabana Ferrol recibiron as bandeiras da Liga Galega de Traiñeiras 2025

por Redacción As Nosas
08/10/2025
0

A temporada 2025 da Liga Galega de Traiñeiras pechouse oficialmente no acto celebrado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en...

VII Trofeo Teresa Herrera - 4ª Bandeira feminina de Traiñeiras / @RAULFC_FILM

A Coruña acolle esta fin de semana a 39.ª Bandeira Teresa Herrera, unha das probas clásicas da bahía coruñesa e broche final das festas da cidade

por Redacción As Nosas
25/08/2025
0

  A cidade da Coruña acolle esta fin de semana a 39.ª edición da Bandeira Teresa Herrera de traiñeiras, unha...

As veteranas do Club Remo Puebla, pregoeiras das festas / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

“A idade é só un número, nunca un obstáculo”, as veteranas do Club Remo Puebla dan o pistoletazo de saída ás festas do Carme dos Pincheiros dando o pregón

por Redacción As Nosas
15/08/2025
0

  As Veteranas do Club Remo Puebla asumiron este ano o pregón das festas da Pobra do Caramiñal. As remeiras,...

Presentación das festas do Carme dos Pincheiros nas que darán o pregón as veteráns do Club de Remo Puebla / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

As veteráns do Club Remo Puebla darán o pregón das festas do Carme dos Pincheiros

por Redacción As Nosas
28/07/2025
0

  As remeiras veteráns do Club de Remo Puebla foron elixidas para ser pregoeiras das festas do Carme dos Pincheiros...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.