• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

Así é o Balonmano Brigantium, o novo equipo senior feminino de Galicia

Dani Angériz: "O obxectivo do club era ofrecer un lugar ás mulleres. Os homes teñen moitas máis opcións" | As coruñesas estrearanse na categoría autonómica para a próxima tempada

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
07/04/2021
en Balonmán, Máis balonmán
Campioas de 2ª división en Moaña / BALONMANO BRIGANTIUM

Campioas de 2ª división en Moaña / BALONMANO BRIGANTIUM

987
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Un nome soa forte no balonmán coruñés desde as últimas semanas. Trátase do Balonmán Brigantium, un club que no vindeiro curso sacará equipo para competir na categoría sénior autonómica e que, suporá na cidade herculina o relevo simbólico a un referente desta disciplina na cidade: o Balonmano Coruña. Así, as máximas representantes do balonmán feminino na Coruña será o próximo curso estas xogadoras que visten de morado e queren, simplemente, gozar co deporte.

Cunha curta historia de tres anos, o conxunto que conta con Dani Angériz como director deportivo, ten unha filosofía clara: ser un espazo para que as mulleres poidan desfrutar e competir neste deporte a todos os niveis. “O obxectivo do club era ofrecer un lugar ás mulleres. Os homes teñen moitas máis opcións”, declara o director.

O BM Brigantium, un equipo polo balonmán feminino

O Balonmán Brigantium naceu na tempada 2018/2019 coa intención de ofrecer un equipo no que quedarse a xogadoras que quixeran seguir competindo unha vez chegado á idade adulta. A meta deste club é de estrutura, por iso Angériz déixao claro: “non traballamos cos mozos”.

Infantís 2021 / BALONMANO BRIGANTIUM
Xogadoras de categoría infantil nun adestramento no ano2021 / BALONMANO BRIGANTIUM

En palabras do director, “de nada sirve traballar con moitas xogadoras, educalas, inverter tempo e esforzo e desenrolo das xogadoras, para que logo cheguen aos 18 anos e non teñan lugar para xogar”. Desta forma, no BM Brigantium está na busca constante de alternativas para que todas as xogadoras teñen sempre un lugar no que xogar.

Dani Angériz, director deportivo do Balonmán Brigantium: “Non é intención de gañar todas as copas e competir e demais, senón que a xogadora vexa premiado o seu esforzo”

“Non é intención de gañar todas as copas e competir e demais, senón que a xogadora vexa premiado o seu esforzo de adestrar e esforzarse no adestramento. A partir de aí, independentemente do nivel, xogará”, afirma Dani Angériz. Pero os títulos tamén chegan ao club, que gañou un no seu primeiro ano, proclamándose campión de Segunda División cadete.

Abandeirar o deporte feminino é a principal seña de identidade dun club que mostra literalmente as súas cores. O escudo, que recorda ao símbolo feminino, e a cor morada, do feminismo, representan ao Balonmán Brigantium.

Escudo do Balonmán Brigantium / BALONMÁN BRIGANTIUM
Escudo do Balonmán Brigantium / BALONMÁN BRIGANTIUM

Desde o seu inicio, o equipo coruñés ten claro que non formará equipos mixtos. Segundo explica o propio Dani Angériz, no caso dos clubs con poucos recursos como sucede no Balonmán Brigantium, estes adoitan ir aos conxuntos do xénero que máis fichas teña. E no balonmán, por cada dúas ou tres fichas masculinas só hai unha feminina.

No balonmán, por cada dúas ou tres fichas masculinas só hai unha feminina

“Salvo casos extraordinarios como o Porriño, o resto dos clubs dan recursos a onde teñen máis fichas, que é o masculino e nós non queríamos que ocorrera. Non temos chicos nin imos ter”, conclúe.

BM Porriño vs Uneatlántico Pereda / LIGA GUERRERAS IBERDROLA
BM Porriño vs Uneatlántico Pereda / LIGA GUERRERAS IBERDROLA

Porén, irmáns, amigos e familiares das xogadoras adoitan preguntar por se teñen un oco no club herculino e neste rediríxenlles a outros clubs onde poden xogar.

O balonmán na cidade herculina

Un destes conxuntos é o OAR, referente do balonmán coruñés. O seu primeiro equipo é exclusivamente masculino, pero algunhas leonas que conforman agora o cadro sénior do Balonmán Brigantium deron os seus primeiros pasos aí. Tamén ten un vínculo estreito o propio Dani Angériz, que foi xogador do OAR durante dez anos e adestrador durante outros dous.

Dani Angériz, ex xogador do OAR explica que hai boa relación con ese club coruñés co que comparten espazo de adestramento: “Cada un ten o seu horario e cada un traballa da súa maneira, eles mozos, nós mozas”

A relación entre ambos clubs herculinos chega ata o punto de compartir espazo, xa que ambos equipos coinciden para adestrar no mesmo pavillón algúns días da semana. “Cada un ten o seu horario e cada un traballa da súa maneira, eles mozos, nós mozas, e non hai ningún problema”, declara o director deportivo.

As técnicas de captación do club coruñés

Con clubs como o OAR e o xa desaparecido Balonmano Coruña, a cidade herculina conta xa con interese e afección polo deporte.

No caso do Balonmán Brigantium, a clave para difundir os seus partidos e logros está no “boca a boca”. O ambiente que se respira dentro e fóra dos vestiarios do equipo galego non pode ser mellor, o que atrae a achegados das xogadors e outros afeccionados.

Dani Angériz: “As xogadoras melloran día a día e están felices, que é o importante”

Outro dos atractivos, segundo apunta Dani Angériz, está en que “as xogadoras melloran día a día e están felices, que é o importante. A xente que ven a velo queda contenta e de aí ven a publicidade que temos. Non saímos en xornais porque aínda tiñamos un equipo de base”.

E no relativo á captación de futuras promesas do balonmán, no Balonmán Brigantium acuden, ou solían facelo antes da pandemia, aos colexios. Cada curso, Dani Angériz e outros representantes do club acudían ás aulas de educación física para adicar unhas horas a dar unha clase de balonmán. “Explicabamos as normas e as condicións e os nenos aprendían e probaban o deporte. Todo aquel ao que lle gustara podía vir a probar e a verdade é que houbo éxito”, recorda o director deportivo.

Adestramento das xogadoras de primeiro ano / BALONMANO BRIGANTIUM
Adestramento das xogadoras de primeiro ano / BALONMANO BRIGANTIUM

A última vez que pudieron facelo foi no comezo da tempada 2019/2020, cando o propio Dani Angériz deu clase a preto de 600 nenos e nenas de entre 2º e 6º de primaria. Agora, con esta iniciativa freada pola COVID-19, as novas xogadoras que entran no club son maiores, de 6º de primaria e 1º da ESO, na idade na que aumenta o interese por probar cousas novas.

O Balonmán Brigantium segue medrando tempada a tempada, cumprindo obxectivos cada vez máis ambiciosos. Actualmente contan xa cunhas 45 fichas, pero coa creación do conxunto sénior agardan chegar ás 55. “Logo estamos pendentes de volver aos colexios para coller esa base benxamin e alevín, que poderían ser moitas, pero estamos á espera”, sinala o director deportivo.

Etiquetas A CoruñabalonmánBalonmán BrigatiumDani Angériz
Comparte4Chía3
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Mecalia Atlético Guardés vs Balonmano Morvedre /

O Guardés sofre para despedir 2025 cunha vitoria (20-16)

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

As xogadoras que adestra Ana Seabra tiveron problemas para impoñerse xa na primeira parte e non lograron consolidar a súa...

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Grafometal Sporting La Rioja / BM PORRIÑO

O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño imponse 23-18 ao Grafometal Sporting La Rioja

por Redacción As Nosas
22/12/2025
0

O partido comezou igualado, con defensa intensa por ambos dous equipos. O Conservas Orbe Zendal Bm Porriño impuxo o seu...

Elda vs Mecalia Atlético Guardés da Liga Guerreras Iberdrola / VICEN MUÑOZ

Volta á acción dos equipos galegos na Liga Guerreras Iberdrola con senllas vitorias logo do parón de seleccións

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  A Liga Guerreras Iberdrola chega á súa duodécima xornada despois da interrupción provocada polo Campionato do Mundo 2025, que...

As Guerreras da Selección Española de balonmán participaron no Mundial coas galegas Alicia Fernández e Elba Álvarez / RFEBM

As Guerreras, con dúas galegas nas súas filas, despídense do Mundial fronte a Alemaña (25-29)

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

A Selección Española non foi capaz de facer fronte á anfitrioa do torneo e dixo adeus ao soño mundialista que...

Selección de España de balonmán feminino / CSD IG

As Guerreras perden ante Serbia o primeiro partido da ‘main round’ do Mundial (29-31)

por Redacción As Nosas
03/12/2025
0

  A Selección Española Feminina de Balonmán estreouse cunha amarga derrota na Main Round do Mundial tras caer ante Serbia...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.