• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Opinión

Histórico, merecido e un punto de inflexión

Silvia Carregal

Silvia Carregal por Silvia Carregal
30/11/2021
en Opinión
162
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Así vexo a consecución do balón de ouro por parte da futbolista española Alexia Putellas: histórico, merecido e un punto de inflexión.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Alexia Putellas (@alexiaps94)

Desde que o noso grandérrimo Luis Suárez acadara o balón de ouro aló polo polo ano 1960, ningún deportista español foi quen de repetir a xesta. Esta edición a blaugrana Alexia Putellas entra na historia do balompé español pola porta grande. O seu logro é, polo tanto, histórico.

Alexia, unha futbolista impresionante

Non é que o diga eu. E que os títulos, e os recoñecementos acumúlanse no palmarés da deportista catalá. Hai nada Alexia Putellas foi seleccionada como mellor xogadora da UEFA e como mellor centrocampista da Champions League.

A de Mollet del Vallès ten un guante no pé e a súa cabeza debuxa xogadas antes de que o balón nin chegue á súa bota. A súa mente traza liñas a ocos que ela sabe que están e aparecen para levar o esférico xusto onde unha compañeira continúa a xogada. É tan xenerosa no pase como ambiciosa no resultado final. Por iso, o seu fútbol triunfa no Barça, na Selección Española e aló onde a redonda a leve.

O Balón de Ouro é merecidísimo.

Un punto de inflexión

Ao fío da consecución deste premio Alexia ten feito diferentes declaracións das que querería salientar unha: “Todo o mundo ten dereito a soñar con ser futbolista”. Isto ata hai pouco, sendo muller era unha quimera. Non é que agora sexa doado, non. Pero a base do noso balompé xa ve como factible ser profesionais deste deporte, por que xa temos xogadoras que o son. Poucas, pero hainas.

Como referente Alexia Putellas é importantísima. O seu papel é crucial para permitirnos soñar. É un espello no que mirármonos todas non, so as máis novas. Ela é unha proba de que, sabido o traballo, a constancia, a calidade que aportan das mulleres do deporte, cando teñen apoios, son ouro puro, como ese balón que fai da capitá do Barça a mellor xogadora do mundo.

Ela e as súas compañeiras de vestiario están deixando claro que, cando se aposta por elas, cando se xuntan proxectos serios e cartos sobre a mesa, as deportistas do balón teñen moitísimo fútbol que dar. Este Balón de ouro debe ser polo tanto, un punto de inflexión para deixar claro que somos quen e que non hai marcha atrás na aposta polo futfem neste país.

Na lista de aspirantes ao Balón de Ouro quedaron outras futbolistas fantásticas como Jenni Hermoso, Irene Paredes ou Sandra Paños. Todas militan no mellor equipo da Liga Iberdrola (Campión de Copa e Liga) e de Europa neste momento (campión da Champions League), falo, por suposto, do FC Barcelona Femeni. 

Esta é a relación das vinte futbolistas e como quedou a clasificación nesa loita polo Balón de Ouro 2021. Esquecer os seus nomes sería deixar a un lado outras moitas deportistas que tamén loitan por dignificar e facer valer o futfem:

  1. Alexia Putellas (Espagne, FC Barcelone), 186 points.
  2. Jennifer Hermoso (Espagne, FC Barcelone), 84 pts.
  3. Samantha Kerr (Australie, Chelsea), 46 pts
  4. Vivianne Miedema (Pays-Bas, Arsenal), 46 pts.
  5. Lieke Martens (Pays-Bas, FC Barcelone), 40 pts.
  6. Christine Sinclair (Canada, Thorns FC), 36 pts.
  7. Pernille Harder (Danemark, Chelsea), 33 pts.
  8. Ashley Lawrence (Canada, Paris-SG), 26 pts.
  9. Jessie Fleming (Canada, Chelsea), 25 pts.
  10. Francesca Kirby (Angleterre, Chelsea), 22 pts.
  11. Magdalena Eriksson (Suède, Chelsea), 20 pts.
  12. Christiane Endler (Chili, Paris-SG, Lyon), 19 pts.
  13. Stina Blackstenius (Suède, BK Häcken), 10 pts.
  14. Samantha Mewis (États-Unis, Manchester City), 8 pts.
  15. Irene Paredes (Espagne, Paris-SG, FC Barcelone), 8 pts.
  16. Ellen White (Angleterre, Manchester City), 4 pts.
  17. Kadidiatou Diani (France, Paris-SG), 3 pts.
  18. Marie-Antoinette Katoto (France, Paris-SG), 3 pts.
  19. Sandra Paños (Espagne, FC Barcelone), 3 pts.
  20.  Wendie Renard (France, Lyon), 2 pts.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de FC Barcelona Femeni (@fcbfemeni)

Por certo, non deixa de ser curioso que ambos os dous futbolistas españois que acadaron o premio da revista francesa France Football, o galego e a catalá, o fixeran vestindo a elástica blaugrana. Non vos parece?

Ogallá algún día Galicia sume outro balón de ouro que acompañe no palmarés galaico ao de Luis Suárez. E que bonito sería que fose dunha futbolista!

Pódese. Puidose desde Mollet del Vallès e poderase desde outros lugares. Por que non se vai poder desde Friol, desde Portonovo, Mos, Compostela, A Coruña, Vigo ou mesmo desde Ribadumia?

Quen sabe onde está dando as súas primeiras patadas á redonda a seguinte en facer historia?

Etiquetas Alexia PutellasBalón de OurofútbolFutFemopiniónSilvia Carregal
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas
Silvia Carregal

Silvia Carregal

Licenciada en Xornalismo e máster en xornalismo dixital. Directora de As Nosas. En 1994 iniciu súa andaina como xornalista deportiva. Ten traballado en televisión, prensa, radio, medios dixitais e axencias, asumindo diferentes responsabilidades entre das que estivo a de xefa de deportes. Nos anos oitenta participa, como xogadora, na fundación do Sal-Lence Fútbol Sala. Como xornalista puxo en marcha o espazo Ellas También Juegan adicado á visibilización do papel da muller no deporte en Galicia. En 2013 o colectivo MUDEGA premia a súa traxectoria xornalística pola achega á hora de visibilizar o deporte feminino galego.

KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

15/05/2026
Luis López-Tulla, adestrador / POIO PESCAMAR

Luis López-Tulla renova como adestrador do Poio Pescamar ata 2028

14/05/2026
Foro Sustentabilidade en instalacións deportivas / CLÚSTER DO DEPORTE

O foro de sustentabilidade de instalacións deportivas marca o camiño do novo modelo do deporte galego

14/05/2026
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

13/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.