- As pistas de Balaídos deron acollida esta fin de semana da disputa de dous interesantes campionatos de Galicia, o de fondo e o de lanzamentos longos
No Campionato de Galicia de 5.000 e 10.000 m. resultaron gañadores na categoría absoluta feminina a internacional Sandra Mosquera do Comesaña con 38:38.36 e o atleta do Real Club Celta Hugo García na categoría masculina quen invertiu un crono de 31:38.12.
Xunto aos atletas vencedores estiveron na zona de podio de Balaídos Branca Fernández do San Miguel de Marín e Sofía Freaza do Comesaña, así como Alexandre Álvarez do Atletismo Narón e Victor Alonso do Vicky Foods.
No tocante á proba dos 5.000 m. resultaron gañadaras e gañadores autonómicos Sub-20 os atletas Ainhoa Gontán do S.D. Compostela con 19:17.83 e Victor Ramos do Triki Team con 15:59.26 ao igual que os atletas do Atletismo Narón Andrea Díaz con 19:35.12 e Manule Campello con 17:22.95 na Sub-18.
No resto de categorías os resultados deste Campionato de Galicia de fondo foron os seguintes:
- Máster 35. Clata Millares (El Canario) e Antonio Teijido (Ría de Foz)
- Máster 40. Sofía Freaza (Comesaña S.C.) e Esteban Díaz (At.Narón)
- Máster 45. Daniel Barguiela (ADAS CUPA)
- Máster 50. Manuel Fernández (Vet. Samil)
- Máster 55. Soledad Castro (Comesaña S.C.) e Cándido Acuña (Comesaña S.C.)
- Máster 60. Saturnino González (Ourense At.)
- Máster 70. Roberto Rey (Vet.Samil)
- Máster 75. Manuel Millara (Comesaña S.C.)
Campionato de Galicia de lanzamentos longos
Paralelamente á disputa deste campionato, disputouse tamén en Balaídos o Campionato de Galicia de lanzamentos longos para as categorías Sub-16, Sub-18 e Sub-20 no que se presenciaron un bo número de excelentes rexistros.
Entre os mesmos cabe salientar as actuacións protagonizadas polos lanzadores de O Barbanza Sub-18 Enzo Moure en xavelina con 54.10 m. e os excelentes 47,38 m. da atleta Lara Iglesias quen sobre a mesma proba quedaba moi preta do récord galego da categoría.
No círculo de martelo, tamén bos resultados tanto de Xaido Nimo do Celta con 44.56 m. na categoría masculina como os 50.37 m. e de Aixa Corbacho do Rías Baizas na femenina.
🔝🥇Cadro de Honra #campionsgalegosatletismo23
📍Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Sub18.
📆Vigo, 04 de marzo 2023https://t.co/dlGufQ8u90 pic.twitter.com/joi802uPH9— Atletismo Galego (@atletismogalego) March 5, 2023
Os Sub-20 tiveron en Blanca Pereira do Ourense Atletismo a súa atleta máis en forma en Balaídos logrando impoñerse no martelo con 55.66 m. e no disco con 32.96 m. Sobre esta última proba Nicolás Ortega do Atletismo Sada facíase co campionato de Galicia cun mellor lanzamento de 46.96 m.
🔝🥇Cadro de Honra #campionsgalegosatletismo23
📍Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Sub18.
📆Vigo, 04 de marzo 2023https://t.co/dlGufQ8u90 pic.twitter.com/1GrNaVWV02— Atletismo Galego (@atletismogalego) March 5, 2023
Xa por último bo campionato dos lanzadores Sub-16 cun Hugo Casañas do Rías Baixas progresando en cada competición e lanzando o disco ata uns excelentes 55.92 m. No martelo Francisco de Borja do Celta lograba a medalla de ouro con 48.84 m. polos 47.12 do atleta da Gimnástica Anxo Filgueira.
Na xavelina o campión galego de combinadas baixo teito Bran Núñez do Millaraio lograba o campionato con 47.95 m. nunha edición na que tamén destacaron os 43.07 m. de Marta Hermida do A.F. Celta en martelo e os 36.05 m. de Antía Otero do Atletismo Narón en xavelina.