Non sorríu a sorte ao Ourense Envialia nesta xornada de Semana Santa. O conxunto que adestra Gonzalo Iglesias Morenín pagou as ausencias cunha derrota ante o CD Leganés. O técnico non puido contar para este desprazamento a terras madrileñas con futbolistas como a gardameta Vane Barberá, Chiqui ou a capitá Marta Figueiredo que regresaba a pasada semana logo dunha longa lesión quedaba fóra da lista por COVID, igual que as súas compañeiras.
CRÓNICA | Un @CDLeganesFS_Fem letal en ataque se divierte (y sufre) en su victoria ante @OUenvialiaFSF
👉 https://t.co/VSQvYVWk1P#VamosLega 🥒🤍💙 pic.twitter.com/p1fGCxez2j
— C.D. Leganés Fútbol Sala Femenino (@CDLeganesFS_Fem) April 16, 2022
Aos 30 segundos de partido xa se lle puso costa arriba o cruce ás galegas, se é que non selles puxera xa complicado abondo coas ausencias por coronavirus que minguaron a convocatoria. O tanto que inauguraba o marcador tan cedo foi de Guti (1-0).
Foi o primeiro pero non o último das locais. o CD Leganés marcaba de novo aos sete minutos de partido por medio de Puche que combinou con Guti (2-0).
O 3-0 foi obra de Patri Blázquez cun potente disparo desde fóra da área aproveitando un rexeitamento de Elisa Robles. Pipi marcou o 4-0 froito dun pase longo de Natalia Orive. Aguantou o primeiro envite Elisa, pero non a ocasión que xurdiu do rexeite. Co xogo de cinco do Ourense chegou o 5-0 cun tiro desde cancha propia sen porteira baixo paus. Son riscos que hai que asumir.
Con todo o Ourense Envialia non estaba noqueado. Facía ocasións, sen sorte, pero buscaba darlle a volta a un partido que se lle tiña complicado desde antes de subir ao autobús. Jenny Lores anotou o 5-1 e Iria Saeta mandaba un tiro ao pau antes de poñer rumbo a vestiarios. Avisaban as galegas: seguimos vivas. Hai partido!
O seguinte gol, o primeiro tras o descanso, foi de Jenny Lores que repetía para o Ourense Envialia e poñía o marcador 5-2. Recurtaría máis as distancias Judith dando azos ás galegas 5-3. Pódese!
Pero o CD Leganés tiña o marcador a favor, a cancha e unha defensa ordenada que lle permitía consumir minutos sen recibir máis goles. Tivo que volver arriscar co xogo de cinco o Ourense Envialia e volveu a aparecer o infortunio. Outro gol desde cancha propia do Lega que tiraba partido da meta desguarnecida das galegas que arriscaron buscando a épica, 6-3 asinado por Miriam.
O sétimo chegaría por unha perda de balón das galegas que Patri Montilla transformou nun novo gol. A puntilla foi de Puche que anotou o seu segundo gol a falta de 2 minutos para o final. O foi definitivo 8-3.
A vindeira semana as galegas reciben ao Futsi Atlético Navalcarnero, líder da categoría e un dos rivais máis complicados que poderían ter enfronte a estas alturas de tempada.
FICHA TÉCNICA
Leganés: Miriam, Isa García, Guti, María Barcelona y Natalia Orive (quinteto inicial). También jugaron, Patri Blázquez, Chuli, Patri Montilla, Puche, Pipi y Molano.
Ourense Envialia: Elisa, Robinha, María Arias, Laura Uña y Judith (quinteto inicial). También jugaron, María, Jenny Lores, Sara Morerno e Iria Saeta.
GOLES: 1-0, min. 1 Guti. 2-0, min. 7 Puche. 3-0, min. 10 Patri Blázquez. 4-0, min. 16 Pipi. 5-0, min. 16 Natalia Orive. 5-1, min. 19 Jenny Lores. 5-2, min. 32 Jenny Lores. 5-3, min. 33 Judith. 6-3, min. 34 Miriam. 7-3, min. 34 Patri Montilla. 8-3, min. 38 Puche
EQUIPO ARBITRAL: Colexiados, David Fernández Cárdenas e Daniel Gómez Tardón. Viu cartón amarelo Jenny Lores no Ourense Envialia.
INCIDENCIAS: Pavillón de La Fortuna. Partido correspondente á Primeira Divisisión do FSF da RFEF. Deixou o partido lesionada ao futbolista do Ourense Envialia Robinha.