• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Axudas para os clubs galegos con licencias de deportistas con discapacidade

A Xunta de Galicia informa da concesión de 46 achegas a diferentes entidades para a compra de bicicletas adaptadas, cadeiras de rodas, embarcacións adaptadas, remolques ou protectores, entre outros: 17 entidades beneficiarias na Coruña, seis en Lugo, dúas en Ourense e 21 en Pontevedra

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
24/08/2023
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Marines ENKI / MARINES ENKI

Marines ENKI / MARINES ENKI

75
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

  • Segundo informa Xunta de Galicia 46 clubs serían os beneficiarios dunhas axudas para adquirir equipamento deportivo que alcanzarían preto de 227.000 euros dentro do Plan de Promoción da Igualdade no Deporte. 

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a relación definitiva das solicitudes beneficiarias, as desestimadas e as inadmitidas, ao abeiro da Orde do 13 de abril de 2023 para a concesión de subvencións a clubs deportivos galegos con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, comunican desde a Xunta de Galicia.

Segundo explican desde a Secretaría Xeral para o Deporte “estas subvencións inclúense no Plan de Promoción da Igualdade no Deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia- Financiado pola Unión Europea – NexGenerationEU. En total, foron 46 os clubs beneficiarios destas axudas que contaron cun crédito orzamentario de preto de 227.000 euros (226.754 euros)”.

Detallan máis polo miúdo que na provincia da Coruña houbo 17 entidades beneficiarias que foron:

  • Club de Remo Ares con 6.200 euros para unha embarcación adaptada
  • Asociación Doma Adaptada Galicia (Bergondo) con 1.200 euros para diverso equipamento adaptado a persoas con discapacidade
  • Club Ría de Betanzos (Betanzos) con 3.600 euros para embarcacións adaptadas
  • Club Piragüismo Rías Baixas (Boiro) con 4.864 euros para embarcación adaptada e pas
  • Club Cabanas KDM (Cabanas) con 4.320 euros para embarcacións adaptadas
  • Asociación Deportiva e Cultural Bolboretas A Coruña Dragon Boat Bcs (A Coruña) con 10.579 euros para embarcación adaptada e pas
  • Club Deportivo Inclusivo Enki (A Coruña) con 5.000 euros para diverso equipamento de adestramento adaptado á persoas con discapacidade
  • Agrupación Deportiva Minusválidos Ferrol (Ferrol con 5.280 euros para cadeiras de rodas multideporte
  • Club Hípico Equo Alalma (Ferrol) con 1.696 euros para chalecos airbag
  • Club Pulpeiros Mugardos (Mugardos) con 5.324 euros para bicicleta adaptada
  • Club Tenis de Mesa Cidade de Narón (Narón) con 4.144 euros para mesas e robot para adestramento autónomo de tenis de mesa
  • Club Deportivo Akai Ryu (Negreira) con 2.102 euros para diverso equipamento de adestramento adaptado á discapacidade sensorial
  • Adeco-Dea (Noia) con 5.056 euros para diverso equipamento náutico adaptado a persoas con discapacidade
  • Club do Mar de Noia (Noia) con 13.000 euros para embarcacións adaptadas
  • Asociación Ambar (A Pobra do Caramiñal) con 2.335 euros para diverso equipamento de adestramento adaptado á persoas con discapacidade
  • Club Náutico Folixa (As Pontes de García Rodríguez) con 6.716 euros para embarcación adaptada
  • Club Galicia Waterman (Santiago de Compostela) con 3.200 euros para equipamento paddlesurf híbrido adaptado.

No caso de Lugo foron seis as entidades beneficiarias:

  • Societario de Cazadores Terra Cha (Cospeito) con 3.552 euros para diverso equipamento de tiro adaptado a persoas con discapacidade
  • Club de Tenis As Termas (Lugo) con 5.000 euros para cadeiras de rodas adaptadas; Club Fluvial de Lugo (Lugo) con 5.049 euros para embarcacións adaptadas
  • Club Piragüismo Ciudad de Lugo (Lugo) con 4.860 euros para embarcacións adaptadas
  • Club de piragüismo Altruán de Ribadeo (Ribadeo) con 2.228 euros para embarcación adaptada
  • Club Hípico La Cruz (Taboada) con 5.102 euros para diverso equipamento hípico adaptado a persoas con discapacidade.

Na provincia de Ourense tan só conseguiron axudas dúas entidades:

  • Club Fluvial Avión (Castrelo de Miño) con 4.974 euros para embarcación adaptada, pas e chalecos
  • Asociación De Escaladores Ourensáns (Ourense) con 4.162 euros para equipamento escalada adaptado.

Por último, a provincia de Pontevedra conta con 21 entidades beneficiarias:

  • Monte Real Club de Yates de Baiona (Baiona) con 15.410 euros para material náutico adaptado
  • Club de Mar Ría de Aldán (Cangas) con 5.682 euros para Embarcacións adaptadas
  • Club Marítimo Deportivo e Cultural Breogán Do Grove (O Grove) con 5.960 euros para embarcación adaptada e pas
  • Club Piragüismo Illa De Arousa (A Illa de Arousa) con 3.678 euros para  embarcacións adaptadas
  • Imua Paddle Surf Club Aguete (Marín) con 4.130 euros para cadeira anfibia, arnés e freos hippocampe
  • Wind Club Aguete (Marín) con 3.175 euros para base de guindastre, guía e braga de transferencia
  • Club Tenis De Mesa Mos (Mos) con 4.688 euros para cadeira e protectores
  • Quenlla Surf Clube (Nigrán) con 4.993 euros para táboas surf adaptadas e neoprenos adaptados
  • Asociacion De Boxeo De Pontevedra (Pontevedra) con 6.000 euros para diverso equipamento de boxeo adaptado á discapacidade sensorial
  • Club Natación Galaico (Pontevedra) con 1.996 euros para cadeira anfibia mariña
  • Escola Xadrez De Pontevedra (Pontevedra) con 1.823 euros para xogos de xadrez adaptadose outro equipamento adaptado
  • Spsco Watersports (Sanxenxo) con 4.486 euros para cadeira de rodas hippocampe e accesorios
  • Club Kayak Tudense (Tui) con 5.000 euros para embarcación adaptada, pas e ergómetro
  • Club Náutico Inclusivo Baixo Miño (Tui) con 3.984 euros para material náutico adaptado
  • Agrupación Deportiva Sodim (Vigo) con 7.029 euros para material náutico adaptado
  • Club De Esgrima De Vigo El Olivo (Vigo) con 2.340 euros para luces de reacción e sinalizador
  • Club Deportivo Delikia (Vigo) con 1.786 euros para runbike
  • Club Deportivo Minauta (Vigo) con 14.928 euros para embarcación e remolque
  • Grupo de Montaña Alud (Vigo) con 5.000 euros para diverso equipamento de escalada adaptado a persoas con discapacidade
  • Club Piragüismo Vilaboa (Vilaboa) con 3.678 euros para embarcacións adaptadas
  • Club Kenpo Vilagarcía (Vilagarcía de Arousa) con 2.913 euros para diverso equipamento de adestramento adaptado a persoas con discapacidade.

“Todos os beneficiarios son clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 contaron con licencias de deportistas con discapacidade”, explican desde a Secretaría Xeral para o Deporte que detalla tamén que “a Xunta de Galicia cubre o 80% do gasto subvencionable e o importe máximo da axuda é de 5.000 euros”.

A practica deportiva, a nivel competitivo, caracterízase pola necesidade de contar cunha serie de equipamentos deportivos que faciliten e melloren as condicións nas que os deportistas desenvolven a súa modalidade ou especialidade.

Neste sentido, “faise preciso arbitrar un sistema de axudas públicas dedicadas á adquisición de equipamentos, a fin de contribuír na modernización e actualización do material deportivo necesario para o adecuado exercicio da práctica deportiva do que dispoñen as citadas entidades. Particularmente a atención ao colectivo de poboación con algún tipo de discapacidade convértese nun reto ineludible para os poderes públicos, a fin de posibilitar que a súa liberdade e igualdade sexan reais e efectivas, removendo os obstáculos que impiden ou dificultan a súa plenitude e facilitando a participación de todas e todos, entre outras, na práctica deportiva”, relata desde a Secretaría Xeral para o Deporte.

Esta orde de subvencións chega nun dos momentos máis doces do deporte adaptado galego que vén de realizar unha brillante actuación nos Xogos Paralímpicos de Toquío. A delegación galega formou o 15% da selección española paralímpica e regresou de Xapón co 87,5% dos deportistas clasificados entre os oito mellores do mundo.

Cómpre salientar que a Xunta de Galicia xa investiu máis de 4,6 millóns de euros en 2022 para a adquisición de equipamentos deportivos, sendo o máximo histórico anual dirixido a este obxecto que representou o 44,61% do total do investimento da Xunta de Galicia no período 2019-2022 e o 46,7% de entidades beneficiarias neste mesmo período. Dende o exercicio 2019, o Goberno galego destinou un total de 10,34 millóns de euros a subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos, resultando beneficiarias un total de 1.741 entidades.

“A través destas ordes de axudas de equipamentos deportivos, as entidades xa podían obter equipamento deportivo adaptado. A novidade é que a orde de equipamentos aprobada polo Consello é a primeira que se publica especificamente para deporte adaptado”, puntualizan desde a administración autonómica.

Etiquetas Axudasdeporte adaptadodiscapacidadeXunta
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Participantes da actividade Xogando coa auga e co vento do Programa Xogade / XUNTA DE GALICIA

Un total de 500 rapaces e rapazas da zona de Ares participaron nas actividades náuticas Xogando coa auga e co vento, ao abeiro do programa Xogade

por Redacción As Nosas
20/06/2025
0

  A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, achegouse esta mañá ao Club Náutico Ría de Ares, onde...

Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabiel Alén, inaugurou o Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Hóckey / XUNTA DE GALICIA

As subvencións a clubs deportivos para a súa actividade acadan o máximo número de beneficiarios con máis de 1.400

por Redacción As Nosas
13/06/2025
0

  O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución do 27 de maio de 2025 pola que se...

Plan Corresponsables 2022 / XUNTA DE GALICIA

O Plan Corresponsables encara a súa 4.ª edición promovendo a conciliación e a igualdade a través do deporte

por Redacción As Nosas
11/06/2025
0

  O Diario Oficial de Galicia vén de publicar hoxe a Orde do 27 de maio de 2025 pola que...

A Xunta abriu o prazo para pedir as subvencións para equipamentos deportivos / XUNTA DE GALICIA

Aberto o prazo de solicitudes para as subvencións de equipamentos deportivos da Xunta que contará cun orzamento de preto de 1,5M€

por Redacción As Nosas
05/06/2025
0

  O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a orde do 21 de maio de 2025 pola que se...

Recepción a deportistas galegos olímpicos e paralímpicos nos Xogos de París 2024 / XUNTA DE GALICIA

O número de deportistas galegos recoñecidos no alto nivel alcanza os 1.555

por Redacción As Nosas
23/05/2025
0

  O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a orde do 15 de maio de 2025 pola que se...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Participantes da actividade Xogando coa auga e co vento do Programa Xogade / XUNTA DE GALICIA

Un total de 500 rapaces e rapazas da zona de Ares participaron nas actividades náuticas Xogando coa auga e co vento, ao abeiro do programa Xogade

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Participantes da actividade Xogando coa auga e co vento do Programa Xogade / XUNTA DE GALICIA

Un total de 500 rapaces e rapazas da zona de Ares participaron nas actividades náuticas Xogando coa auga e co vento, ao abeiro do programa Xogade

20/06/2025
Anneclaire Ter Brugge / CV ARENAL EMEVÉ

A internacional neerlandesa Anneclaire Ter Brugge, nova oposta do CV Arenal Emevé

18/06/2025
Presentación Torneo F11 'Ría de Arousa' / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

A Pobra reunirá a unha decena conxuntos no seu primeiro Torneo F11 ‘Ría de Arousa’ de fútbol feminino

18/06/2025
Presentación da fase final da Liga Galega de Hip Hop organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo / XUNTA DE GALICIA

Presentouse a final da Liga Galega de Hip Hop organizada pola Federación Galega de Baile Deportivo

18/06/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.