• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Os avances no deporte feminino, un espellismo para conformarnos

Catro grandes mulleres do deporte galego debaten sobre a desigualdade no primeiro Faladoiro de As Nosas con motivo do Día da Muller

Caro Regueira por Caro Regueira
08/03/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Os avances no deporte feminino, un espellismo para conformarnos

Primeiro Faladoiro As Nosas, con motivo do Día da Muller

274
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Queda moito por facer. Esa é a conclusión que sacamos en As Nosas despois do primeiro faladoiro sobre deporte feminino organizado con motivo do Día da Muller.

Este 8M queriamos facer algo diferente para conmemorar un día tan sinalado para un medio dedicado á muller e, no ano das videoconferencias e reunións telemáticas, decidimos sumarnos ao carro e organizar un debate cunha pequena representación do deporte feminino en Galicia.

Pequena representación en número, pero ben grande en calidade porque reunimos a nomes tan destacados no seu ámbito como:

  • Bibi Bouza, presidenta do Club Arenal Emevé de Lugo. Unha das poucas presidentas de club que hai en Galicia e que ademais conta con máis mulleres compañeiras na directiva.
  • Elena Roca, na actualidade adestradora e directora técnica do CRAT Rugby Residencia Rialta, no pasado xogadora internacional con este mesmo club.
  • Beatriz Seijas, ex futbolista e membro do corpo técnico do Ourense Envialia. Leva xogando ao fútbol sala desde os 9 anos e hoxe en día como deseñadora gráfica é a artífice das campañas de valores do club ourensán.
  • Mercé Barrientos, cofundadora e presidenta en funcións de Mulleres Deportistas Galegas (Mudega). Como deportista acadou o cinto negro 7º DAN de taekwondo, exerceu de xuíza adestradora e presidenta da Federación Galega de Taekwondo e tamén foi presidenta da Unión de Federacións Deportivas Galegas (Ufedega) e vicepresidenta da Federación Española de Taekwondo.

Todas estas mulleres analizaron cal é a situación actual do deporte feminino e todas elas coincidiron en que as desigualdades son abafantes. “Avanzamos algo, si, pero moi lento e queda moito por facer”, declarou Bea Seijas.

Bea Seijas no primeiro Faladoiro As Nosas, con motivo do Día da Muller 8M

De feito, así o demostran os datos que Mercé Barrientos se encargou de destacar. Segundo o Consello Superior de Deporte, o 53% dos homes realizan algunha práctica deportiva fronte a un 46% das mulleres. Aínda que existe diferencia entre xéneros, esta é relativamente pequena, pero os resultados cambian cando se analiza o deporte federado e, polo tanto, máis profesional. Segundo Barrientos, neste caso o 77% das licencias federadas pertencen a homes frente ao 23% ás mulleres.

Segundo Mercé Barrientos o 77% das licencias federadas pertencen a homes frente ao 23% das mulleres

“Este diferencial pervive, permanece estable desde hai máis de 30 anos”, denuncia a presidenta de Mudega e engade: “Cando dicimos que hai avances, eu recoñezo que os hai nalgúns aspectos, duramente loitados, pero hai cousas que se presentan como avances e non o son, enganan á sociedade”.

Neste sentido, Mercé Barrientos foi a máis crítica coa situación actual e animou a pensar neste problema desde todos os sectores. É dicir afondar na inclusión da muller en todos os estamentos, non só no apoio ás deportistas.
“Hai xornalistas, adestradoras, directivas, xuízas e árbitros, fotógrafas, fisioterapeutas, médicos e resulta que en todos os ámbitos do deporte, en todos e cada un, hai unha desigualdade terrorífica”. Pon como exemplo que cando ela era presidenta da Federación Galega de Taekwondo, en Galicia só había dúas mulleres presidentas. Hoxe, 20 anos despois esta cifra mantense.

“Sen embargo hai 25 secretarias. Coma sempre, a representación téñena eles e o traballo facémolo nós”, sinala e denuncia que no ámbito do deporte feminino a representación, o poder de decisión e o orzamento téñeno os homes e considera que ata que non se modifiquen eses postos de poder non se rematará coas desigualdades.

Os problemas de ser amateur

Ao longo da charla identificáronse varios dos problemas que impiden acadar a igualdade real entre homes e mulleres no deporte e o principal deles é o feito de que este último non sexa considerado profesional.

Isto supón dificultades tan claras para o deporte feminino como chegar ás 4.30 horas da mañá de xogar un partido noutra comunidade e ao día seguinte ter que enfrontarse a unha xornada laboral, tal e como relatou Bea Seijas: “Teñen unha xornada laboral de 8 horas, que compaxinan con ir a adestrar, e iso nós que somos un club bastante importante en España” (en referencia ao Ourense Envialia, equipo en máxima categoría profesional e que chegou a gañar en 2017 a Copa de España ao Atlético, o actual Futsi Atlético Navalcarnero).

Para Seijas pagarlle a unha deportista por xogar aínda se entende hoxe como “un favor”. “Iso non pasa cun rapaz de primeira división, das por feito que ten que ser así, é o lóxico, no noso caso parece que temos que agradecer que nos paguen por desempeñar un traballo ou deporte semiprofesional”, sinala.

Bea Seijas: “Parece que temos que agradecer que nos paguen por desempeñar un traballo ou deporte semiprofesional, iso non sucede cun rapaz de primeira división”.

E falando de soldos, Mercé Barrientos volveu aportar datos. En setembro do ano pasado producíase a fichaxe máis cara da historia do fútbol feminino no mundo. Tratábase da danesa Pernille Harder que costou 350.000 euros ao Chelsea. Barrientos compara este récord co salario mínimo da segunda división de fútbol española, que está en 75.000 euros, “pero na que moitos rapaces cobran arredor dos 800.000 euros”, advirte a presidenta en funcións de Mudega.

Mercé Barrientos no primeiro Faladoiro As Nosas, con motivo do Día da Muller 8M

Nesta comparativa entre deporte feminino e masculino non podía deixarse de lado o polémico e loitado convenio laboral do fútbol feminino español. Aínda que todas entenden esta sinatura como un “fito”, ao mesmo tempo cuestiónanse que fose tal logro, xa que entre as medidas acordadas estaban dereitos tan básicos como un salario mínimo de entre 12.000 e 15.000 euros ao ano, o dereito a vacacións e que se unha xogadora quedaba embarazada ou se lesionaba non puidese ser despedida.

Elena Roca: “Se te pos a comparar os datos, a diferencia é brutal e a diferencia de valía eu non a vexo. Ao final no deporte temos a brecha salarial e o teito de cristal exactamente igual que no resto da sociedade”.

“E isto é no fútbol, imaxinémonos noutros deportes minoritarios como o rugby ou o vólei”, afirma Elena Roca. “Nós o ano pasado alegrábamos por esa profesionalización, pero se te pos a comparar os datos, a diferencia é brutal. E a diferencia de valía eu non a vexo para que exista esta brecha salarial. Ao final no deporte feminino temos a brecha salarial e o teito de cristal exactamente igual que no resto da sociedade”.

Elena Roca no primeiro Faladoiro As Nosas, con motivo do Día da Muller 8M

No deporte feminino, “calquera cousa que nos dan ou logramos parécenos algo extraordinario e ao mellor teríamos que empezar a cambiar este modo de pensar”, declara Seijas. “Estamos a anos luz de conseguir algo que tería que ser unha obviedade, se estamos facendo o mesmo co mesmo esforzo e da mesma forma por que ten que haber esa diferencia?”, pregúntase a ex xogadora de fútbol sala e membro do corpo técnico do Ourense Envialia.

Bea Seijas: “Estamos a anos luz de conseguir algo que tería que ser unha obviedade, se estamos facendo o mesmo co mesmo esforzo e da mesma forma por que ten que haber esa diferencia?”

E para os que defenden que a disparidade nos soldos e no trato cara as mulleres está na diferencia de diñeiro e de persoas que move o deporte femenino respecto ao masculino, Mercé Barrientos ten a explicación: “Para esixir resultados hai que darlles oportunidades e aquí non se nos están dando as mesmas oportunidades pero se nos esixen os mesmos resultados”.

Denuncia que o deporte feminino non ten o mesmo espazo nos medios de comunicación, que non se facilitan cartos públicos, que ao non ter espazo, tampouco é tan doado lograr patrocinadores, “pero os resultados se nos esixen”, critica. “Algúns din, ‘o voso xogo non é espectacular’, o meu xogo será espectacular cando vostede me dea as oportunidades que me ten que dar”, conclúe.

Mercé Barrientos: “Algúns din, ‘o voso xogo non é espectacular’, o meu xogo será espectacular cando vostede me dea as oportunidades que me ten que dar”.

A COVID-19 complicou os avances

Dentro deste pedregoso camiño para acadar a igualdade, onde a falta de cartos todo o complica, apareceu a COVID-19 e dificultou aínda máis o proceso. As probas de detección de coronavirus e os novos protocolos  de actuación para evitar os contaxios acabaron cos orzamentos dos clubes, como o Arenal Emevé de Lugo (voleibol).

“Nós estamos a principios de marzo e temos as arcas completamente baleiras”, sinala Bibi Bouza, que incluso fala de non poder aboar os salarios de febreiro. “Esta temporada está sendo moi complicada porque implicou moitos esforzos a nivel deportivo e económico”, engade.

Bibi Bouza: “Esta temporada está sendo moi complicada porque implicou moitos esforzos a nivel deportivo e económico”.

Pese ao cal, todas sinalan que a obrigación da Xunta de realizar probas diagnósticas cada 15 días foi algo positivo, pero que “houbo que pelexar moito para facer fronte a este gasto”.

Bibi Bouza no primeiro Faladoiro As Nosas, con motivo do Día da Muller 8M

“O obxectivo era manternos a salvo e nese sentido funcionou moi ben, independentemente do traballo que costase a todos os niveis”, declara Bouza, e lembra que todos os equipos que viñan a Galicia tiñan que someterse a estas análises.

Pola súa banda, Elena Roca declarouse “horfa” do apoio da Federación Española de Rugby que deixou nas mans dos clubs galegos reclamar aos equipos que viñan de fóra a documentación que demostraba que non había positivos, tal e como esixía a Secretaría Xeral para o Deporte.

Segundo a ex xogadora de rugby, nesta situación, unha vez máis, as deportistas comportáronse como profesionais aínda que non estean remuneradas: “Estaslles esixindo ás xogadoras que non vaian a terrazas, que veñan aos adestramentos e están asumindo o risco de viaxar por toda España. Agora ademais de ser amateur, tamén somos valientes, isto si que é demostrar amor ao deporte”, declara.

Elena Roca: “Estaslles esixindo ás xogadoras que non vaian a terrazas, que veñan aos adestramentos e están asumindo o risco de viaxar por toda España. Agora ademais de ser amateur, tamén somos valientes, isto si que é demostrar amor ao deporte”.

No caso do Ourense Envialia sufriron o aprazamento de partidos por casos positivos, o que supuxo aínda máis problemas para que as futbolistas puidesen xogalos entre semana. Seijas explica que en moitos casos supón pedir días de vacacións nos seus traballos e nalgúns casos as súas empresas non aceptaron eses días libres. Esta situación, unha vez máis, está vinculada co feito de non ser profesionais.

As solucións á desigualdade: educación, postos de poder e cambios na lexislación

Etiquetas Arenal EmeveBea SeijasBibi BouzaCRATCRAT CoruñaCRAT Residencia RialtaCV Arenal EmevéCV Emevé Lugodeporte femininodeporte galegoElena RocaEmevé LugoEnvialiafútbol salaHelen RocaIgualdadeMercé Barrientosmudegaourense envialiarugbySecretaria Xeral para o DeporteSilvia CarregalVoleibolXunta de Galicia
Comparte1Chía1
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, reuniuse con Francisco B. Ortega, catedrático da Universidad de Granada e principal experto do proxecto FIitBack Europe no que se integra DAFIS / XUNTA DE GALICIA

A plataforma DAFIS aglutina deporte e saúde

por Redacción As Nosas
30/01/2023
0

  A plataforma DAFIS (Datos de Actividade Física Saudable) da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia forma...

Celebración do Burela, campión da Supercopa de España 2023 / BURELA FS

Quinta Supercopa de España de futsalfem para o Burela FS

por Redacción As Nosas
29/01/2023
0

  As Guerreiras Laranxas do Burela FS son pentacampioas da Supercopa de España de fútbol sala feminino. Catro deses cinco...

Formación Burela FS semifinal Supercopa de España ante Futsi Atlético Navalcarnero / BURELA FS

As Guerreiras Laranxas do Burela FS levan a semifinal da Supercopa de España ante o Futsi Atlético Navalcarnero (5-3)

por Redacción As Nosas
28/01/2023
0

  Paso adiante do Pescados Rubén Burela FS para erguer o trofeo de campión da Supercopa de España de futsalfem...

Reunión entre o secretario xeral para o Deporte, Lete Lasa, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín / ATLETISMO GALEGO

Primeira xuntanza institucional de Iván Sanmartín como presidente da Federación Galega de Atletismo coa Xunta

por Redacción As Nosas
26/01/2023
0

  O novo presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, mantivo a primeira xuntanza institucional co secretario Xeral para...

CR Olímpico de Pozuelo vs CRAT Residencia Rialta / PEDRO LÓPEZ

O CRAT, máis preto das semifinais da Liga Iberdrola de rugby, pese a perder 20-19 en Pozuelo

por Redacción As Nosas
22/01/2023
0

  Ao CRAT Residencia Rialta faltoulle tempo para consumar a remontada. Tras dominar o partido nos minutos iniciais, viu como...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A Selección Galega, subcampioa de España campo a través con Joselyn Brea, Edymar Brea, Laura Santos, Ester Navarrete, Begoña Domínguez e Sofía Fernández / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Joselyn Brea, campioa de España absoluta de campo a través

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A Selección Galega, subcampioa de España campo a través con Joselyn Brea, Edymar Brea, Laura Santos, Ester Navarrete, Begoña Domínguez e Sofía Fernández / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Joselyn Brea, campioa de España absoluta de campo a través

30/01/2023
As cadetes María Filgueiras e Uxía Soto, prata e bronce respectivamente no Campionato de España de ciclocrós / FGC

María Filgueiras e Uxía Soto entran na lista da Selección Española para o Mundial de Ciclocrós

30/01/2023
Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, reuniuse con Francisco B. Ortega, catedrático da Universidad de Granada e principal experto do proxecto FIitBack Europe no que se integra DAFIS / XUNTA DE GALICIA

A plataforma DAFIS aglutina deporte e saúde

30/01/2023
Celebración do Burela, campión da Supercopa de España 2023 / BURELA FS

Quinta Supercopa de España de futsalfem para o Burela FS

29/01/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.