Hugo Hernández

Hugo Hernández

Licenciado en Comunicación Audiovisual na Universidade da Coruña (UDC) e Licenciado en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Comezou a súa traxectoria como redactor publicitario en La Nuestra Comunicación e posteriormente formou parte da redacción do Ideal Gallego. Máis tarde foi responsable de prensa do Concello de Cambre ata que entrou a formar parte do equipo de Ártabra Comunicación xestionando diferentes gabinetes de comunicación institucionais ata que foi nomeado xefe de prensa do Concello de Coruña. Recentemente regresou a Ártabra Comunicación onde segue desempeñando diferentes tarefas de comunicación. Publicou diversos artigos deportivos e cinematográficos ao longo da súa carreira.