• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

O Auriense feminino e o Keltoi masculino, vencedores da Copa Galega de fútbol gaélico disputada en Ribeira

 Con preto de 300 futbolistas, esta cita foi a máis concorrida desde a COVID

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
30/04/2025
en Máis fútbol, Fútbol
Auriense, campión feminino da Copa Galega de fútbol gaélico / AGFG

Auriense, campión feminino da Copa Galega de fútbol gaélico / AGFG

118
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • O Complexo Deportivo Municipal da Fieiteira acolleu a competición esta Copa Galega de fútbol gaélico na que tomaron parte 20 equipos divididos en tres categorías.
  • Dous dos conxuntos participantes, Supernova e Lugh, estiveron conformados exclusivamente por deportistas de categoría cadete, este dato fala novamente do crecemento e nivel da base do fútbol gaélico en Galicia.

Preto de 300 futbolistas de 20 equipos repartidos en tres categorías participaron na Copa Galega de fútbol gaélico organizada pola Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG). O triunfo foi para o Keltoi na categoría senior masculina e para o Auriense na categoría senior feminina.

A competición celebrouse o sábado 26 de abril no Complexo Deportivo Municipal da Fieiteira do Concello de Ribeira. Empregáronse terreos de xogo de herba natural e artificial. A Copa de Galicia de fútbol gaélico foi transmitida pola TVG.

Auriense, campión feminino da Copa Galega de fútbol gaélico / AGFG
Auriense, campión feminino da Copa Galega de fútbol gaélico / AGFG

O número de equipos (20) e de futbolistas (case 300) fai que esta Copa de Galicia 2025 sexa a de maior participación desde a pandemia de COVID. Cómpre salientar o feito de que a base do fútbol gaélico na nosa terra vén pisando forte. Dous dos equipos participantes, o Supernova e o Lugh, estaban conformados exclusivamente por futbolistas de idade cadete. Este dato apunta, unha vez máis, a un crecemento en cantidade e calidade das categorías de base desta disciplina en Galicia. É importante subliñar que estes deportistas cadetes saen do proxecto Gaélico Escolas PuntoGal.

Na categoría senior feminina participaron sete equipos: Estrela Vermelha, Grovias, Fillas de Breogán, Turonia, Auriense, Lavandeiras de San Simón e Lorchas. Resultando gañadoras as futbolistas do Auriense.

Na categoría senior masculina tomaron parte dez clubs: Fillos de Breogán, Estrela Gaels, Keltoi Estibadores, Estrela Vermelha, Auriense, Lume de Beltane, Keltoi, Turonia, Lorchos FG e Estrela Supernova. O triunfo foi para o Keltoi.

Na categoría Intermediate competiron tres equipos: San Simón, Ártabras e Lugh. O San Simón foi o club gañador.

Á fase de consolación feminina, Shield, accederon catro clubs: Lorchas, Fillas de Breogán, Lugh e Lavandeiras. A vitoria foi para as Lavandeiras.

Na fase de consolación masculina, Shield, competiron catro equipos: Keltoi Estibadores, Lorchos, Lume de Beltane e Estrela Supernova. Os Lorchos foron os gañadores.

Na entrega de trofeos desta Copa de Galicia 2025 de fútbol gaélico estiveron presentes diferentes autoridades como Mar Ferreiro, directora territorial da Consellería de presidencia da Xunta de Galicia, Xabier Vidal, 3.º tenente de alcalde e concelleiro de Deportes do Concello de Ribeira, Manuel Lores, vogal de relacións institucionais da RFGF, José Manuel Fernández, vicepresidente na RFGF da zona de Pontevedra, do fútbol veterano e do fútbol gaélico.

Desde a Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) agradecen a colaboración do Concello de Ribeira que facilitou instalacións, colaborou co Terceiro Tempo, entre outras cuestións. Tamén á Xunta de Galicia, e ao club Galicia Bealo (matriz dos Lorchos).

Seguinte parada, o Fèile europeo

Proximamente o Supernova, composto por futbolistas do Pino (que gañou a Copa Galega U15), do Boqueixón e do Friol, aos que se sumará algunha futbolista do Lugh, vai acudir en representación de Galicia ao Fèile, o Campionato Europeo U15, que é mixto. O pasado ano esa competición continental celebrouse en Vigo.

Auriense, campión feminino da Copa Galega de fútbol gaélico / AGFG
Auriense, campión feminino da Copa Galega de fútbol gaélico / AGFG

CLASIFICACIÓNS E RESULTADOS

SENIOR MASCULINO

CLASIFICACIÓN GRUPO A

  • 1.º Fillos de Breogán (A Coruña – A Coruña)
  • 2.º Estrela Gaels (Ourense – Ourense)
  • 3.º Keltoi Estibadores (Vigo – Pontevedra)

CLASIFICACIÓN GRUPO B

  • 1.º Estrela Vermelha (Santiago – A Coruña)
  • 2.º Auriense (Ourense – Ourense)
  • 3.º Lume de Beltane (Poio – Pontevedra)

CLASIFICACIÓN GRUPO C

  • 1.º Keltoi (Vigo – Pontevedra)
  • 2.º Turonia (Gondomar – Pontevedra)
  • 3.º Lorchos (Barbanza – A Coruña)
  • 4.º Estrela Supernova (Santiago – A Coruña)

CUARTOS DE FINAL

  • Estrela Gaels 6-2 Auriense
  • Turonia 8-7 Estrela Gaels

SEMIFINAIS

  • Fillos de Breogán 6-10 Keltoi
  • Estrela Vermelha 18-3 Turonia

FINAL: Keltoi 15-12 Estrela Vermelha

 

SENIOR FEMININO

CLASIFICACIÓN GRUPO A

  • 1º Estrela Vermelha (Santiago – A Coruña)
  • 2º Grovias (A Garda – Pontevedra)
  • 3º Fillas de Breogán (A Coruña – A Coruña)

CLASIFICACIÓN GRUPO B

  • 1º Turonia (Gondomar – Pontevedra)
  • 2º Auriense (Ourense – Ourense)
  • 3º Lavandeiras de San Simón (Vigo – Pontevedra)
  • 4º Lorchas (Barbanza – A Coruña)

SEMIFINAIS

  • Estrela Vermelha 7-16 Auriense
  • Turonia 7-3 Grovias

FINAL: Auriense 9-8 Turonia

Quen é a Asociación Galega de Fútbol Gaélico 

A Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) é o organismo regulador oficial do fútbol gaélico en Galicia, dende a súa aprobación oficial na convención Europea dos deportes gaélicos en decembro de 2013, o cal garántelle de carácter oficial internacional recoñecido polo máximo órgano, a Gaelic Athletic Asociation (GAA).

Boa parte das actividades da AGFG intégranse dentro da RFGF (Real Federación Galega de Fútbol).

PuntoGal é un dos patrocinadores da AGFG que ademais emprega na súa web o dominio www.gaelicogalego.gal.

Etiquetas ÁrtabrasAurienseCopa GalegaEstrela GaelsEstrela SupernovaEstrela VermelhaFillas de BreogánFillos de BreogánFútbol GaélicoGroviasKeltoiKeltoi EstibadoresLavandeiras de San SimónLorchasLorchos FGLughLume de BeltaneRibeiraSan SimónTuronia
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Seleccións Galegas de fútbol gaélico nos World Games 2026 desfile / AGFG

Galicia regresa dos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con tres trofeos

por Redacción As Nosas
17/07/2026
0

Tres dos catro equipos que presentaba Galicia aos World Games 2026 de fútbol gaélico conseguiron cadansúa final. Pablo da Silva,...

Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

por Redacción As Nosas
11/07/2026
0

Galicia participará con dúas seleccións masculinas e outras tantas femininas en Waterford (Irlanda) na competición internacional máis importante do calendario...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

Foto de arquivo da copa galega 2026 feminina / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GAÉLICO

O municipio de Xove acolle á I Celtic Cup U17 de Fútbol Gaélico

por Redacción As Nosas
03/07/2026
0

Trátase da primeira competición desta categoría de base do fútbol gaélico en territorio galego. Unha alerta vermella por altas temperaturas...

Lugh e Estrela Supernova, campións do torneo Feile 2026 de fútbol gaélico- AGFG

Lugh e Estrela Supernova, campións de Europa de fútbol gaélico en categoría cadete

por Redacción As Nosas
05/05/2026
0

  O conxunto masculino do Lugh GAA e o feminino da Estrela Supernova acadaron a vitoria no torneo de base...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.