A localidade vasca de Durango tamén foi outro dos puntos nos que contou con presenza galega. En concreto ata Euskadi desprazáronse o Samertolameu de Moaña e o Club Atletismo Sada a tomar parte no Campionato de España máster por equipos
Os mellores resultados lográbao o club das Mariñas, o Club Atletismo Sada, que voltaban co terceiro posto logo de sumar un total de 153 puntos polos 108 do Samertolameu que lle daban finalmente o posto décimo primeiro do campionato.
Bronce para o Club Atletismo Sada
Por parte do Club Atletismo Sada o máis salientable foron os primeiros postos por coeficiente de Juan Luis Paz na proba dos 100 valos, José Alfonso Palomanes en triplo, Raul Pagán en xavelina e o equipo de relevos dos 4×100 m
Por parte do Samertolameu de Moaña foron tamén destacados os postos de honra de Javi Viteri en disco, Pablo Fervenza nos 3.000 m. con (MMP) e Bea Viteri en pértega.
Máis protagonismo en probas de atletismo estatal para galegas
Importante presenza de varios clubs galegos de atletismo esta fin de semana nas distintas competicións levadas a cabo a nivel estatal.
Os equipos femininos Sub-20 tomaban parte tanto en Burgos, ca presenza na final B1 do Lucus Caixa Rural Galega, como en Madrid onde acudía o Ourense Atletismo á final A.
Foi precisamente este último club quen colleitaba un posto de finalista na clasificación cunha suma total de 62 puntos en parte grazas aos triunfos individuais colleitados por Leyla Villar nos 3.000 m. con 10:36.25 e de María Estévez nos 2.000 obstáculos cun crono de 7:17.48.
Na final B1 de Burgos, as lucenses do Lucus Caixa Rural Galega sumaban ata a cuarta posición sendo os triunfos parciais para Paula Conde nos 200 m. con 26.41 e Estela Díaz nos 1.500 con 5:06.09.