O Club Atletismo Sada regresa do Campionato de España Máster Mixto disputado na localidade de Durango, coa medalla de bronce no peto. Tamén competiu outro club galego, o Samertolameu, que remataba a competición entre os dez primeiros clubs de España.
O equipo do Club Atletismo Sada lograba novamente un novo podio nun campionato nacional máster. O conxunto sadense acadaba o terceiro posto da clasificación logo de sumar unha puntuación total de 150,5 p. Non menos destacado resultaría o noveno posto acadado polo conxunto de Moaña quen remataba cunha puntuación total de 113,5 p.
Resultados individuais de Samertolameu e Club Atletismo Sada
Os triunfo individuais foron parar no Samertolameu ás mans de Yobana Bermúdez nos 3.000 marcha; Manuel Lemos nos 400 m. e un excelente Javier Viteri que se facía cas primeiras posicións tanto nos concursos de disco como de xavelina.
Por parte do Club Atletismo Sada foron Nives Vázquez nos 200 m.; Inés Papín nos 1.500 m.; Concha Novais nos 400 valos; Fernando Bas nos 3.000 obstáculos e Xulio Ventín en peso quenes reportaban á máxima puntuación para o equipo das Mariñas, tal e como informa a Federación Galega de Atletismo.