O campionato de Galicia máster en pista cuberta foi un dos pratos fortes desta fin de semana na axenda deportiva galega. A competición tivo lugar nas instalacións de Expourense.
A cita contou con moita participación e importante presenza de atletas internacionais sobre o sintético ourensá que deron calidade a esta competición. Tanto nos concursos como nas distintas carreiras producíronse moitas mellores marcas personais así como varios récords de Galicia nas distintas categorías.
Con esta cita ponse a punto a engranaxe para a proba máis inminente é importante da pista cuberta como é o Campionato de España da modalidade que terá lugar os vindeiros días 3 e 5 de marzo en Antequera.
Momentos das saídas dos 3.000 m. do Campionato Xunta de Galicia Máster de pista cuberta pic.twitter.com/I5p4lqtGRE
— Atletismo Galego (@atletismogalego) February 5, 2023





















