• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

O atletismo galego compite con aspiracións no Campionato de España absoluto

A cita terá lugar en La Nucía e haberá uns 30 deportistas galegos entre dos que están varias deportistas con aspiracións subir ao podio como: Ana Peleteiro, Belén Toimil ou Yulenmis Aguilar

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
27/06/2024
en Atletismo, Máis Deporte
Belén Toimil, unha das representantes do atletismo galego que estará en La Nucia / RFEA - MIGUÉLEZ TEAM

Belén Toimil / RFEA - MIGUÉLEZ TEAM

67
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Unha trintena de atletas galegos e galegas tomarán parte desde este venres no Campionato de España absoluto que se disputará na localidede alacantina de La Nucía. Algúns deles aspiran a poder subir ao podio nesta competición. Por exemplo, entre das e dos deportistas do atletismo galego que estarán en La Nucía destaca a presenza de catro dos nosos participantes no último europeo de atletismo desenvolto recentemente en Roma.

Estas son las medallas 🥇 🥈🥉 que podrán colgarse desde mañana los mejores de España en el #CEatletismo 😮‍💨

Además, como desde el año 2️⃣0️⃣2️⃣1️⃣, los entrenadores también recibirán su merecida medalla 😉 pic.twitter.com/Bd2mepU5Ok

— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) June 27, 2024

A flamante campioa de Europa en triplo, Ana Peleteiro (final venres ás 21.10 h.) parte como clara favorita dun campionato que leva gañado en seis ocasións e que servirá a de Ribeira como último test previo aos Xogos Olímpicos.

Belén Toimil (final domingo á mañá) é outro dos grandes valores referentes do noso deporte. A plusmarquista de España atópase nun fantástico estado de forma que a fixo ser quinta nos campionatos de Europa logo de lanzar durante o 2024 nove veces por riba dos 18 metros. En La Nucía loitará polo seu quinto título consecutivo en peso (Final, domingo ás 12:00 h.)

Yulenmis Aguilar (final domingo á mañá) quen debuta con dereito pleno a medalla nun Campionato de España, achégase con problemas físicos que xa a impediron lanzar en condicións no Campionato de Europa. A importante lanzadora, que este ano xa acreditaba 63.91 m., terá este Campionato de España Absoluto 2024 o último test para determinar si a súa lesión lle permite estar en París ou non. Está previsto que se dispute a final da proba de lanzamento de xavelina o domingo contra das 11.40 horas.

Algo máis complicado o terá o corredor galego Adrian Ben quen defende o título na proba dos 800 metros. O actual campión de Europa indoor e mellor marca nacional con 1:44.41, terá enfronte a un elenco de atletas de nivel mundial entre os cales se atopa o bronce europeo en Roma, Attaoiu, o campión do mundo indoor Mariano García, ou o sempre combativo Alvaro de Arriba por citar algúns. A emocionantísima final será o domingo ás 13.30 horas.

Opcións de medallas para o atletismo Galego

No resto de participantes compre destacar a presenza da campioa de España de lanzamentos longos Carmen Sánchez Parrondo quen acude ca terceira mellor marca das concursantes aspirado novamente a postos de podio de todo un campionato estatal. Xunto á coruñesa estará tamén no corredor de lanzamentos a campioa galega Paula Piñón.

A asturiana afincada na Coruña, Carmen Sánchez Parrondo, é a actual Campioa de España de lanzamentod e Xavelina, no Campionato de España de Lanzamentos Longos 2024, cunha mellor marca persoal acreditada esta mesma tempada de 54,61 metros, sitúase terceira no ranking estatal do ano.

Xunto a ela estará tamén en La Nucia a lucense estudante no INEF de Bastiagueiro,  Paula Piñón Sureda, que ven de ser Campioa Galega Absoluta Xavelina 2024, con mellor marca persoal de 47,77 metros, este ano 46,38 metros, ocupa o undécimo posto no ranking estatal do ano.

O disco contará tamén ca actuación da campioa autonómica no pasado certame de Vigo, María Ezquerro da Gimnástica, quen intentará rebasar a barreira dos 49 m. da quen tan só a separan catro centímetros. A ourensá graduada no INEF de Bastiagueiro, campioa Galega Absoluta Disco 2024, con mellor marca persoal realizada esta mesma tempada de 48,96 metros, é novena do ranking estatal do ano.

As tres, Carmen Sánchez Parrondo, María Ezquerro e Paula Piñón Sureda adestran ás ordes do técnico coruñés Raimundo ‘Necho’ Fernández. As tres están a realizar unha sensacional tempada e pelexarán por mellorar novamente as súas mellores marcas, así como polos postos de honra neste Campionato de España Absoluto de Atletismo.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Necho Fernández (@necho_fernandez)

Nos resto de lanzamentos, a ourensá Sub-20 Blanca Pereira, de retorno da súa estancia universitaria en EE.UU., acredita un excelente lanzamento en martelo 58.65 m. que a colocan en postos de finalista por marcas. Pola súa banda, Carlos Revuelta estará novamente nun campionato de España xunto ao campión galego Eric Méndez na procura dun posto na final do campionato.

A internacional e campioa de España dos 10.000 marcha no ano 2020 Antía Chamosa, tomará parte nesta edición logo da súa convocatoria olímpica para os Xogos no relevo mixto, sendo este un excelente momento para reafirmar a súa candidatura. Xunto á marchadora da Gimnástica tamén tomarán parte tanto Aldara Meilán como Dani Chamosa e Juan Manuel Morales na procura de redondear un excelente ano para eles.

Uxía Pereira, atleta / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO
Uxía Pereira, atleta / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Os valos será a especialidade que máis atletas galegos aporte a este campionato de España. Na mesma contaremos ca participación dos protagonistas do último campionato galego absoluto, Uxía Pereira da At. Lucense e Hugo Vázquez do Marineda Atlético. Lembramos que o coruñés lograba o récord galego da proba con 14.08 e que tan só o excesivo vento a favor invalidaron os 13.70 da lucense.

Xunto a eles estarán participando Santi Rozas e David Vicente. Nos valos longos compre salientar os 59.65 que este ano ten acreditado Claudia Rojo que a sitúan con opcións de loitar por postos de finalista nunha proba na que tamén estará Lía Caride da Gimnástica.

Nas probas de velocidade presenza do internacional e plusmarquista galego absoluto Mauro Triana quen tomará parte nos 100 m. xunto a Pablo Tomé do Celta. Nos 400 m. o campión galego absoluto Jorge Román Leiros do Celta terá a oportunidade xunto a Jacobo Soler de estar correno por debaixo dos 47″ o que lles podería dar opcións de estar en toda unha finalísima.

Canda Adrian Ben estarán na línea de saída dos 800 m.  o campión autonómico Hassan Izzeddine da Gimnástica, xunto ao internacional Elian Numa e Pedro Osorio. Pola súa banda a tamén campioa galega absoluta dos 1.500 m. Eva Piñel do Celta Feminino, contará cuna excelente oportunidade para mellorar os seus 4:28.89 que acredita como MMP.

Nos obstáculos será o Sub-23 Mehdi El Nabaoui o único galego sobre a ría. O da Estrada acude en destacada progresión ca mellor marca Sub-23 e novena absoluta nos 5.000 m. e sexta dos 3000 m.

Atención ao foso de lonxitude e a esos 7.73 m. que acredita o saltador da Gimnástica Sergio Coello que o posicionan na loita directa polos medallas do campionato.

Por último, teremos ao equipo de remudas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra tomando parte na proba dos 4×400 masculino.

INFORMACIÓN DE INTERESE DO CAMPIONATO DE ESPAÑA ABSOLUTO DE ATLETISMO 2024

  • ATLETAS INSCRITOS/AS
  • TODA A INFORMACIÓN (horarios, etc…)
  • HISTORIAL DO CAMPIONATO 
  • RÉCORDS DO CAMPIONATO
  • RÉCORDS DE ESPAÑA ABSOLUTOS – HOMES – MULLERES
  • RÁNKING DE ESPAÑA ABSOLUTO TODOS OS TIEMPOS – HOMES – MULLERES
  • A PREVIA, PROBA A PROBA
  • LA NUCÍA 2024: Velocidade valados
  • LA NUCÍA 2024: Saltos
  • LA NUCÍA 2024: Lanzamentos
  • LA NUCÍA 2024: Combinadas e marcha
Etiquetas Aldara MeilánAna PeleteiroAntía ChamosaatletismoBelén ToimilBlanca PereiraCarmen Sánchez ParrondoClaudia RojoEva PiñelMaría EzquerroPaula PiñónUxía PereiraYulenmis Aguilar
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

Aldara Meilán batía o récord de España de marcha en Sub20 10km no Campionato de España celebrado no Barco / RFEA

O Barco vibra co Campionato de España de marcha atlética

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

Desde a Federación Galega de Atletismo cualifican como extraordinario o balance para o atletismo galego logrado no campionato de España...

Competición de marcha atlética nas rúas da Coruña / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Moitas opcións para a marcha galega no Campionato de España 2025

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Un total de 21 atletas galegos e galegas tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de Marcha...

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

Carreira ENKI / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña máis inclusiva mobilizou a 15.000 persoas na XI Carreira ENKI

por Redacción As Nosas
19/10/2025
0

Este sábado celebrouse a décimo segunda edición da Carreira ENKI, unha iniciativa organizada pola fundación homónima e apoiada polo Concello...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.