“Un total de 26 novas e novos xuíces de nivel 1 galegos son os que resultaron aptos no último exame celebrado o pasado día 12 de decembro en Pontevedra”, segundo informa a Federación Galega de Atletismo. A metade destas persoas que exercerá como xuíz de atletismo son mulleres.
Con esta nova promoción “refórzase considerablemente o panel de xuíces do Comité Galego, quen poderá contar con máis efectivos de cara ao seu cometido nas probas de rango federado en todas as modalidades”, explica a FGA.
Entre a relación das recentes incorporacións existe presencia de xente moi relacionada directamente co atletismo ben en calidade de atleta, adestrador ou directivo, os cales simultanearán as súas habituais facetas cas da súa nova condición.
O Comité Nacional de Xuíces (CNJ) establece tres categorías:
- XUÍCES NIVEL I
Os Xuíces Nivel I poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario nacional e internacional que se celebren na súa Comunidade Autónoma e naquelas que se celebren noutra Comunidade para as que fosen nomeados polo CNJ.
- XUÍCES NIVEL II
Un xuíz Nivel II poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario nacional e internacional que se celebren na súa Comunidade Autónoma e naquelas que se celebren noutra Comunidade para as que fosen nomeados polo CNJ. Ademais poderán ser nomeados para ser Xuíz Árbitro en competicións de calendario nacional que se celebren fose do estadio.
- XUÍCES NIVEL III
Un xuíz Nivel III poderán ser nomeados para actuar en todas as competicións de calendario nacional e internacional que se celebren na súa Comunidade Autónoma e naquelas que se celebren noutra Comunidade para as que fosen nomeados polo CNJ. Ademais, poderán ser nomeados para ser Xuíz Árbitro en todas as competicións de calendario nacional e tamén naquelas de nivel internacional que se celebren en España
Relación de novas e novos xuíces
- ACEVEDO VIÉITEZ, IAGO
- ARZA GARCÍA, MANUEL
- BARROS GONZÁLEZ, ABEL
- BESCANSA HERNÁNDEZ, FERMÍN
- CADERNO PÉREZ, CIELOS
- CARREGAL SOMME, MARÍA
- DE PAZ VIDAL, ANDREA
- ESPAÑA PETEIRO, NURIA
- ESTÉVEZ LUIS, ANA BELÉN
- FAHMI ABOUFARIS, KAOUTAR
- FEIJOO CANTARILLA, ROBERTO
- FONTICOBA SUEIRAS, PAULA
- FRAGA COSTA, MIGUEL
- FRAGA GRAÑA, MARÍA JOSÉ
- GÓMEZ TEIJEIRO, LUCÍA
- JUEGUEN LAGO, Mª CARMEN
- LÓPEZ VIDAL, EVA
- MELÉNDREZ TAPIA, INMACULADA
- MOURELLE TEIJEIRO, CARLA
- PAZ RODRÍGUEZ, JESÉ MANUEL
- PÉREZ CURRÁS, VÍCTOR
- RIVAS CASTRO, JUAN CARLOS
- SALGUEIRO LÓPEZ, CRISTINA
- SURRIBAS PORTO, ROI
- TUÑAS DUGNOL, JOSÉ CARLOS
- VIDAL ÁLVAREZ, PAULA