• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Liga Guerreras Iberdrola BM

O Atlético Guardés supera ao BM Porriño e faise do derbi galego (21-25)

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
03/11/2025
en Balonmán, Liga Guerreras Iberdrola BM
Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

48
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • O Mecalia Atlético Guardés e o Conservas Orbe Zendal BM Porriño medíronse o pasado domingo nun encontro que se decantou a favor das guardesas (21-25).

Venceron cunha renda de catro goles, despois de liderar con maior vantaxe dende finais da primeira metade. Lorena Téllez foi protagonista con oito goles, sendo a máis destacada xunto coa gardameta Amandine Balzinc, que acadou 18 paradas e freou ao Porriño en momentos cruciais.

O Mecalia Atlético Guardés volveu demostrar a súa forza, esta vez na pista do Conservas Orbe Zendal BM Porriño. As xogadoras adestradas por Ana Seabra fixéronse o pasado domingo co derbi galego da Liga Guerreras Iberdrola diante do Porriño. Venceron as da Guarda tras unha gran actuación en ataque e defensa, grazas á que lideraron dende finais da primeira metade. As 18 paradas de Amandine Balzinc foron cruciais para o resultado, así como os oito goles de Lorena Téllez.

Amandine Balzinc porteira do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO
Amandine Balzinc porteira do Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O equipo non deixou de loitar en conxunto ata o final, para culminar cunha vantaxe de catro goles un encontro que viñan dominando con diferenzas maiores durante todo o segundo período. O partido inaugurouse cun acerto de Lorena Téllez, que culminou a primeira xogada.

O Conservas Orbe Zendal BM Porriño respondeu de inmediato, da man de Paulina Buforn dende os sete metros. Xa nos instantes iniciais, ambos conxuntos amosaron un ritmo alto e igualado, apertando ao máximo para tentar forzar erros do rival. Ao termo do primeiro parcial, o marcador estaba en táboas (3-3, min. 5).

A forte defensa local obrigaba ao Mecalia Atlético Guardés a arriscar no pase e a forzar o lanzamento nalgúns momentos, rozando o pasivo noutros, e botando en falta unha mellor coordinación no ataque que lles permitise chegar con máis claridade á portería rival. Pero no outro lado, as de Ana Seabra igualaban en intensidade e ofrecían unha defensa igualmente férrea, que xa provocara varios paus consecutivos das do Louriña.

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO
Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

Un parcial 0-2 pareceu, pouco a pouco, amosar a superioridade visitante e comezar a marcar o ton do encontro (3-5, min. 10). Porén, non sería tan sinxelo. As xogadoras do Conservas Orbe Zendal BM Porriño chegaban dispostas a facer correr ás súas rivais, e o ritmo de xogo incrementouse aínda máis, se cabe. As mesmas imprecisións ofensivas permitiron a Carolina Bono roubar o esférico e reducir ao mínimo a renda guardesa de novo, e o Conservas Orbe Zendal BM Porriño incrementou os esforzos para desprazar o xogo á área miñota durante varios minutos.

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO
Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

Ao Mecalia Atlético Guardés só o salvaba nese intre Amandine Balzinc, que encadeou tres paradas decisivas, aínda que a tensión acabou por romper a corda e, superado o ecuador da primeira metade, volvían as táboas (6-6, min. 15).

Os nervios seguían á flor de pel no municipal do Porriño. A igualdade era máxima, co conxunto local tentando marcar o ritmo, pero atopándose de fronte cun Mecalia Atlético Guardés que non desistía. Unha parada máis de Balzinc, desta volta a un penalti de Buforn, ameazaba con ser un punto de inflexión para decantar o encontro.

Elena Martínez entrou entón na pista e volveu poñer ás súas por diante, acompañada pouco despois por unha Rosane Serrano que non fallou dende os sete metros (7-9, min. 21). O Mecalia Atlético Guardés podía controlar o vento a favor sumando esforzos. E así pareceu ser, pois por primeira vez, o conxunto local non puido reducir a diferenza (8-10, min. 25).

A pesar dun tempo morto solicitado entón por Isma Martínez, as súas xogadoras non atoparon o ritmo nin lograron aproveitarse das imprecisións que aínda mostraba un Mecalia Atlético Guardés cun ataque algo máis afinado. Un acerto de Ariana Portillo dende o extremo iniciaba o camiño, e María Sancha conseguía escapar cun balón roubado, levando a vantaxe aos máximos (8-12, min. 29).

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO
Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

Ana Seabra solicitou entón parar o reloxo para planificar o último minuto, e a precisión portuguesa volveu ofrecer unha exhibición excelente. A mesma Portillo culminou un ataque que funcionou coma un reloxo e completou a tarefa, deixando desarmado ao Porriño, que xa non tivo tempo para facer moito máis. A primeira metade pechábase coa enésima parada de Amandine Balzinc e confirmaba unha diferenza de cinco goles que ninguén agardaba ao inicio do encontro (8-13, min. 30).

Amandine Balzinc porteira do Mecalia Atlético Guardés no derbi co Conservas Orbe Zendal BM Porriño / SPORTCOECO
Amandine Balzinc porteira do Mecalia Atlético Guardés no derbi co Conservas Orbe Zendal BM Porriño / SPORTCOECO

O reinicio amosou o mesmo panorama, iniciado por Serrano de novo desde os sete metros e continuado por unha Lorena Téllez que culminaba un parcial 0-2 (ou 0-6, contando desde antes do descanso), grazas ao cal o equipo miñoto seguía afastándose. Pero se o Mecalia Atlético Guardés  mantiña o ritmo, o Porriño conseuía melloralo, e a base de insistir, Paulina Buforn marcou o primeiro gol para as súas en máis de dez minutos. Non foi a única, pois as anfitrioas, impulsadas por unha formación de ataque a 7, víanse agora con máis capacidade de resposta e comezaban a levar o partido a un terreo máis equilibrado (11-16, min. 37).

O Guardés mantivo o ritmo ante o Porriño na segunda parte

As xogadoras adestradas por Ana Seabra debían manter o tipo para que non caera en saco roto o traballo da primeira metade. O ritmo rápido do encontro forzaba as imprecisións en ambos bandos, e as perdas de balón comezaban a ser frecuentes. As consecuencias eran frenadas por ambas gardametas, xa que tanto Amandine como agora tamén Ana Palomino impedían con creces que os goles se sucedesen. Con todo, o Guardés seguía perdendo algo de terreo (13-17, min. 42).

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO
Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

E, con todo, resistía. A ofensiva miñota non cesaba, a pesar dos erros, pois as fallas louriñesas comezaban a rozar o incontrolable da súa parte. Aínda que ambos conxuntos estaban máis igualados, o Mecalia valíase da diferenza lograda na primeira metade para seguir dominando (15-20, min. 46). Porén, a falta de dez minutos para o final, o encontro ameazou con virar o rumbo. Seabra solicitou o tempo morto para frear o que parecía ser unha subida local, pero xa non tivo o mesmo efecto.

Palomino detivo ata en tres ocasións os lanzamentos de Elena Martínez, e o Porriño comezou a aproveitarse das imprecisións do

Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO
Conservas Orbe Zendal BM Porriño vs Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

que persistían, para encaixar un parcial 3-1 que non gustou nada á grada de O Inferno e apuntaba nunha dirección perigosa (18-21, min. 50). Pero a garra do Guardés mostrou que a súa baixada de ritmo fora un ilusoria.

Lorena Téllez, primeiro, e María Sancha, despois, encadearon sendos acertos na portería local para recuperar a renda, e unha nova parada francesa a Buforn desde os sete metros volvía actuar como punto de inflexión nun momento crucial.

Cifuentes rematou un novo ataque como un reloxo e, con esta facilidade, o Mecalia Atlético Guardés recuperaba unha vantaxe incontestable (18-24, min. 54), obrigando a Isma Martínez a solicitar un tempo morto para tratar de controlar os danos no BM Porriño.

Pouco máis houbo que facer o Guardés para levarse o derbi do balonmán feminino galego. Loitando ata o final, o obxectivo era un novo marcador holgado que permitise avanzar cara ao liderado.

Pero Palomino non baixou a garda e, xunto con algún que outro oco defensivo nos instantes finais, limitou o marcador final. Unha última parada de Amandine Balzinc, reflexo dun gran partido no que alcanzou as 18, foi a acción que pechou o tempo (21-25, final).

O Mecalia Atlético Guardés segue segundo, empatado a puntos cun Bera Bera, que gañou ao Elda con renda idéntica nesta xornada.

FICHA TÉCNICA

21) CONSERVAS ORBE ZENDAL BALONMÁN PORRIÑO (8+13): Katia Zhukova (2), Paulina Buforn (6), Ugazi Manterola, Carmen Prelchi, Lucía Laguna (6), Isa Ferrarin (p.) e Adriana Mallo (3) – sete inicial -. Tamén xogaron: Caro Bono, Juliana Santos, Alicia Campo, Iria Benaches, Julia Pestana, Viktoria Zsembery (3), Ana Belén Palomino (p.), Adriana Rial (1) e Isis Moreno.

25) MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS (13+12): Amandine Balzinc (p.), Cecilia Cacheda (4), Lorena Téllez (8), María Palomo, Carme Castro (3), Blazka Hauptman e Ania Ramos – sete inicial -. Tamén xogaron: Sabina Mínguez (p.), Jazmín Mendoza, Rosane Serrano (2), Elena Martínez (3), Cristina Cifuentes, Ariana Portillo (2), María Sancha (3), Anouk Nieuwenweg e María Español.

MARCADOR CADA 5 MINUTOS: 3-3, 3-5, 6-6, 7-8, 8-9, 8-13 – descanso –  10-15, 12-17, 13-19, 17-21, 18-22 e 21-25.

EQUIPO ARBITRAL: Jorge Escudero e Jesús Escudero. Excluíron con dous minutos á local Adriana Mallo e á visitante Lorena Téllez (2) e amonestaron con tarxeta amarela á local Paulina Buforn e ás visitantes Blazka Hauptman e Lorena Téllez.

INCIDENCIAS: Partido correspondiente á novena xornada da Liga Guerreras Iberdrola 2025/2026, disputado no pavillón municipal de O Porriño. Antes do partido, un grupo de gaitas local interpretou o Himno de Galicia e entregouse o premio á Guerrera Iberdrola da sétima xornada a Carolina Bono.

Consultar resultados na RFEBM

Etiquetas Ana SeabrabalonmánConservas Orbe Zendal BM PorriñoIsma MartínezMecalia Atlético Guardés
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
04/06/2026
0

Segundo informou o Club Balonmán Atlético Guardés Jesús López dimite como presidente do club miñoto. Esta decisión chega, en palabras...

Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

Mecalia deixa de patrocinar ao Atlético Guardés despois de 18 anos

por Redacción As Nosas
02/06/2026
0

O pasado 31 de maio fíxose efectiva a saída dá empresa guardesa Mecalia coma patrocinadora principal do Club Balonmán Atlético...

Banco do Guardés na final da EHF European Cup 2025-26 entre o Mecalia Atlético Guardés e o Michalovce / SPORTCOECO

O Guardés fai historia e levanta o seu primeiro título europeo ao vencer na final da EHF European Cup ao Michalovce (44-53 global)

por Redacción As Nosas
24/05/2026
0

O Mecalia Atlético Guardés imponse na Sangriña na volta da final da EHF European Cup que dominou en todo momento....

Parido de ida das semifinais da Liga Guerreras Iberdrola de balonmán entre o Conservas Orbe Zendal BM Porriño e o Super Amara Bera Bera / BM PORRIÑO

O Bera Bera dá o primeiro golpe nas semifinais da Liga Guerreras ante o BM Porriño (28-32)

por Redacción As Nosas
17/05/2026
0

Nas semifinais do play off polo título da Liga Guerreras Iberdrola de balonmán o Conservas Orbe Zendal BM Porriño non...

Ana Seabra, adestradora do Mecalia Atlético Guardés, dirixindo ao equipo na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés vai a polo primeiro asalto polo título europeo nunha final de ida e volta

por Redacción As Nosas
15/05/2026
0

Ana Seabra, adestradora do Guardés: “Temos moitas ganas de conquistar este derradeiro reto da tempada pero sabemos que ao outro...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

12/06/2026
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

11/06/2026
Rocío González Valcarce xoga no C.D. Calasanz en F11, no Viaxes Amarelle FSF e ten sido convocada coa Selección Galega e Selección Española de fútbol sala

Rocío González Valcarcel, derrubando barreiras no camiño cara ao seu soño

11/06/2026
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

11/06/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.