• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

O Atlético Guardés clasifícase á semifinais da Copa da Raíña catro anos despois

O Guardés gaña de maneira clara ao Liberbank Gijón (30-24, 16-9) nos cuartos de final coa actuación de Carratú e a defensa chave | Paula Arcos desatascou o ataque galego cando foi máis necesario (9 goles)

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
22/05/2021
en Máis balonmán, Balonmán
Atlético Guardes e Liberbank Gijón xogaron os cuartos de final da XLII Copa da S.M. a Raíña / RFEBM - JOSÉ J. NÚÑEZ

Atlético Guardes e Liberbank Gijón xogaron os cuartos de final da XLII Copa da S.M. a Raíña / RFEBM - JOSÉ J. NÚÑEZ

50
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Desde O Porriño até Telde. Catro anos. Esa é a distancia quilométrica e temporal que separará o partido de semifinais que o Atlético Guardés xogará hoxe sábado 22 de maio co último precedente. O equipo de José Ignacio Prades impúxose esta tarde no Pavillón Insular Rita Hernández ao Liberbank Gijón (30-24, 16-9 ao descanso) nun partido que se puxo favorable para as galegas xa no primeiro acto.

A actuación de Marisol Carratú baixo paus -soberbia cun 50% de efectividade en 30 minutos-, a sólida defensa guardesa e a solvencia de face a portaría cunha Paula Arcos brillante (9 goles) puxeron en bandexa unha clasifica-ción que serve para empezar a pechar a ferida que o Guardés ten co torneo copeiro. O equipo do Baixo Miño ten mañá unha nova oportunidade para volver superarse a si mesmo e alcanzar por primeira vez a tan desexada final copeira.

#CopaReina2021 🏆 | 1/4 de final

💚 MVP @PaulaArcos10 💚 con ⭐️ 9 goles ⭐️

¡ENHORABUENA!

© RFEBM pic.twitter.com/mUeUA8rMiw

— Club Bm. Atl. Guardés (@Atlguardes_ofic) May 21, 2021

O destino quixo ao menos que as de Prades non volvan cruzar no segundo banzo da fase final co Super Amara Bera Bera, o seu particular ogro, e que se medirá esta vez ao Elche. Ambos os conxuntos gañaron ao Rincón Fertilidad Málaga e ao KH-7 Bm. Granollers, respectivamente.

Non era tarde para sorpresas. Así que o Guardés saíu de inicio co seu sete de gala: Patrícia Lima á man, Paula Arcos e Paulina Buforn reforzando os laterais, Lorena Pérez e Rosario Urban nos extremos, Sarah Valero como dona do seis metros e Marisol Carratú como gardiá da portaría. Para a defensa, o muro de Descalzo, contundente un día máis. E chas. Nun dicir amén, minuto 5 e 4-0 favorable para o Guardés.

Todo iso con algunha parada de Carratú, que xa empezaba a entoarse, outra de Raquel Álvarez, e varias faltas en ataque de Lima. Até o minuto 6 non se estrearon as asturianas con gol de María Palomo. E é que sen a central lalinense Cecilia Cacheda, o xogo do equipo adestrado por Cristina Cabeza pasou a depender esta tarde de Marizza Faria e Aida Palicio (10 goles).

Aos poucos foise metendo o Gijón no partido e do 4-0 pasouse ao 4-3. Foron minutos para o intercambio de goles e para que as porteiras collesen máis protagonismo. Houbo exclusión a Rosario Urban e en superioridade o equipo asturiano foi capaz de apertar (7-6, 8-7, 9-8?) e até aí duroulles a gasolina. Coincidindo coa exclusión de Torreira, empezaron as rotacións no banco guardés.

Sandra Santiago e Erika Rajnohová apareceron na primeira liña. Arcos, desde os 7m, puxo o 10-8. Parou Carratú e o Guardés pasou a apostar polo dobre pivote en ataque baixo a batuta de Lima con Gómez ancorada en seis metros e Sempere circulando para afundir á defensa. Santiago soltou un dos seus canonazos (11-8) e aínda que Natalia Martínez tentou eclipsarla, Carratú atallou o lanzamento.

💙 MA-RI-SOL CA-RRA-TÚ 💙 © RFEBM pic.twitter.com/HwcFkZuRKQ

— Club Bm. Atl. Guardés (@Atlguardes_ofic) May 21, 2021

De novo Santiago e co 12-8 o Guardés púñase de novo a +4 tras o parcial de inicio. Encendéronse as alarmas no banco xixonés e Cabeza pediu tempo morto. Urban, cunha execución preciosa e precisa puxo o 13-8 para chegar ao minuto 25. E mesmo en inferioridade pola exclusión de Carla Gómez, a defensa guardesa foi capaz de blocar o lanzamento e rival e ter ante si a primeira oportunidade do partido de porse seis arriba. Unha honra que tivo África Sempere (14-8).

A solidez defensiva do Guardés

O Gijón estaba ofuscado en ataque e perdía balóns á vez que a solidez era a característica principal do Guardés. Mover balón, mover balón e África Sempere agarraba en seis metros o pase de Marques que aínda que paraba a gardameta visitan-acabouche en 7m e sete arriba. O centro da defensa galega era impenetrable, igual que Carratú, e o Guardés quería máis.

Palicio tentaba pór orde no seu ataque, que só encontraba oco polos extremos… ata que Carratú pechábase no curto e seguía parando. Só Natalia Montilla foi capaz de pór fin a unha seca de dez minutos sen anotar e cun parcial de 6-0 local que deixaba a eliminatoria moi avanzada para o Guardés.

Aínda houbo tempo para que Prades dese unhas indicacións finais ás súas xogadoras e Lima puxese o 16-9 que pecharía un primeiro acto marcado pola actuación de Carratú e da defensa e a claridade no ataque. O Gijón, cun rexistro de 1 gol en 15 minutos, íase desesperado ao descanso.

O Guardés regresaba de vestiarios convencido da súa proposta de xogo. Ante a exguardesa Meriem Ezbida, Arcos anotaba para o 17-10. Carratú fixo outra das súas e Lorena Pérez elevaba a renda aos 8 goles, algo impensable ao comezo da eliminatoria. Pero o Gijón, campión de Copa en 2018 e rival do Guardés a última xornada ligueira, quería apurar as súas opcións até o final.

Algo teñen as Copas, que todo o mundo  quéreas. O partido estaba en terreo Guardés, no terreo dun conxunto que ademais contou co empuxe dunha trintena de afeccionados nas bancadas o Pavillón Insular Rita Hernández. Pero chegaron uns minutos tolos. Palicio, fóra. Buforn, fóra, e en cinco minutos o Guardés só era capaz de anotar un gol.

💙 Catro anos despois… A SEMIFINAIS DE COPA! 💙

📸 © RFEBM pic.twitter.com/2H4y50IrOv

— Club Bm. Atl. Guardés (@Atlguardes_ofic) May 21, 2021

Prades pediu tempo morto no 41:22 co 19-14 no marcador e as súas xogadoras apertaron de novo. Sarah Valero, sensacional, puña o 20-14. O Gijón achegouse no 24-20 e o 25-22, pero esta vez o Guardés non quería deixar escapar un logro que se estivo traballando desde o minuto 0 de partido. Como se adoita dicir, Paula Arcos llo guisó… e ela soa comeuse un parcial de 3-0 que xa deixaba sentenciado un partido que acabou con 30-24.

Rita Hernández estalou de alegría, cun equipo feliz por regresar a unhas semifinais coperas catro anos despois e que tivo que facerse case unha sesión de fotos coas súas afeccionadas. Hoxe, sábado 22 de maio, o Atlético Guardés, volverá pelexar por unha praza nunha final que nunca ten conseguido alcanzar.

Atlético Guardes na XLII Copa da S.M. a Raíña / ATLÉTICO GUARDÉS TW
Atlético Guardes na XLII Copa da S.M. a Raíña / ATLÉTICO GUARDÉS TW

FICHA TÉCNICA

30) CLUB BM ATLÉTICO GUARDÉS (16+14): África Sempere (2), Sandra Santiago (4), Martina Mazza, Lorena Pérez (3), Estefanía Descalzo, Míriam Sempere, Paulina Pérez (2), Patrícia da Silva (2), Rosario Urban (2), Paula Arcos (9), Sarah Valero (4), Carla Gómez, Marisol Carratú, Erika Rajnohová (2), Laura Morais  y Daniela Moreno.

24) LIBERBANK GIJÓN (9+15): Raquel Álvarez, Meriem Ezbida, Marta Méndez, Marizza Faria, María González (2), María Palomo (6), Debora Torreira (1), Nerea Calbón, Elisa Collado, Natalia Montilla (2), Aida Palicio (9), Natalia Martínez (1), Lucía Fernández, Sandra Vallina (3) y Lucía Alonso.

PARCIAIS CADA CINCO MINUTOS: 3-0, 4-2, 8-6, 10-8, 13-8, 16-9 -descanso-; 18-13, 19-13, 21-15, 22-18, 25-22, 30-24.

ÁRBITROS: Tania Rodríguez Estévez (Galicia) e Lorena García Gil (Aragón). Excluíro por parte do Guardés a Urban e Gómez (2) e por parte visitante a Deborah Torreira.

INCIDENCIAS: Partido correspondiente aos cuartos de final da XLII Fase final da Copa da Raíña celebrado no pavillón Insular Rita Hernández de Telde con público. Presencia duns 30 aficionados da Guarda.

#CopaReina2021 🏆 |

SEMIFINAIS | vs @BmAulaCultural

⌚️ 16:30h peninsular (15:30 insular)

🎥 @teledeporte

A por un pasiño máis… ✨

Máis que nunca… #ÉUnSentimento 💙 © RFEBM pic.twitter.com/5ggy0aPEw1

— Club Bm. Atl. Guardés (@Atlguardes_ofic) May 22, 2021

Etiquetas Atlético GuardésbalonmánCarralCopaliberbank gijónmarisol carratúPaula ArcosPrades
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
06/07/2026
0

Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”....

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés decide o seu futuro na Asemblea Ordinaria do próximo 1 de xullo

por Redacción As Nosas
19/06/2026
0

O Atlético Guardés convocou aos seus socios e abonados a unha Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 1 de xullo, ás...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.